Xénero e Documentación
inicio/ xornadas/ Feminismo e estudos das mulleres

Feminismo e estudos das mulleres


RESUMO DO RELATORIO
En primeiro lugar, é preciso clarificar que é o feminismo como movemento social e como teoría crítica da sociedade. É dentro da teoría feminista onde xorde a distinción teórica entre sexo e xénero, xunto con outros conceptos como androcentrismo, patriarcado, etc. que nos serven para invalidar a desigualdade social entre os xéneros, construída secularmente como normativa. Os obxectivos do feminismo son transformativos e fundamentalmente políticos, pero os dos estudos de xénero non teñen por que selo necesariamente. O xénero é unha ferramenta metodolóxica producida polo feminismo, que nos serve para analizar a realidade social dende unha perspectiva antes oculta, que a modifica nas súas estruturas mesmas. Os estudos de xénero queren visibilizar as contribucións femininas ao coñecemento e ao mesmo tempo rastrexar as pegadas que o androcentrismo vai deixando no saber «oficial». A introdución dos estudos de xénero no ámbito académico é unha carreira aínda inconclusa e con tarefas pendentes: existe unha admisión pero non un recoñecemento absoluto desta área do saber, suxeita a prexuízos e descoñecemento. Un dos obxectivos desta conferencia será explicar e poñer en valor que son o feminismo e os estudos de xénero e cales son as súas contribucións á nosa sociedade ao longo da súa historia.

Get the Flash Player to see this rotator.
Escoita o relatorio
Achegas documentais
  Feminismo e estudos das mulleres