Xénero e Documentación
inicio/ xornadas/ As unidades de información e documentación sobre mulleres e xénero I e II

As unidades de información e documentación sobre mulleres e xénero I e II


RESUMO DO RELATORIO
Partindo dun breve apuntamento histórico sobre a orixe e a tipoloxía dos servizos de información sobre mulleres a nivel mundial, exponse o estado da cuestión e a situación actual destes servizos en España e coméntanse os diferentes proxectos cooperativos internacionais, europeus e estatais que teñen como obxectivo fomentar o contacto, a coordinación e o intercambio entre bibliotecas e centros de documentación de temática similar. A seguir fálase das funcións, servizos e avaliación deste tipo de centros e descríbense con exemplos prácticos do Centro de Documentación María Zambrano do Instituto Andaluz de la Muller e do Centre de Documentació de l’Institut Català de les Dones a organización e proceso técnico que ambos os centros realizan cos recursos informativos e documentais que xestionan e como os difunden e poñen a disposición de todas as entidades e persoas interesadas no tema.

Get the Flash Player to see this rotator.
Escoita a primeira parte do relatorio
Escoita a segunda parte do relatorio
ACHEGAS DOCUMENTAIS
De Montserrat Argente Jiménez
De Aurelia Daza Bonachela