- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Nicolasa Añón Paz
Unha labrega analfabeta, autora dun libro de versos no século XIX.
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Doméstico
Relixioso
Marítimo / Agrícola / Gandeiro
Nicolasa Añón Paz naceu o 28 de febreiro de 1810 en Boel, aldea da parroquia de San Pedro de Outes, nunha familia de labradores acomodados (era a irmá maior de Francisco Añón, precursor do Rexurdimento). Ela mesma desempeñará toda a vida o oficio de labrega, ademais das típicas tarefas domésticas.
Casou para a casa con Pedro Buján Coiradas, un mozo de Pazos, da veciña freguesía de Santa María de Entíns (de onde tamén era oriúnda a nai dela). A voda celebrouse o 23 de xuño de 1829. Deste matrimonio naceron tres fillos: Jesús, Eduardo e José.
Sendo campesiña, e sobre todo muller, non estraña que Nicolasa Añón fose analfabeta, capaz de escribir o seu nome e pouco máis. Isto non impediu que en 1885, xa con setenta e cinco anos feitos, se recollese unha mostra dos seus versos nun libriño manuscrito. O amanuense foi o mestre Jacobo Lema Fernández, natural de Olveira (Dumbría), onde era párroco o fillo maior da poeta, Jesús Pazos Añón, quen debeu servir de enlace para esta conxunción entre autora e escribente. A poesía de Nicolasa Añón é claramente oral, ou memorística se se quere, aínda que a transmisión escrita sexa, loxicamente, a única que lle coñecemos.
O manuscrito (parcialmente inédito ata o 2014) consta de catro composicións en castelán e outras dúas en galego, todas elas de certa extensión, organizadas en coplas romanceadas. A temática relixiosa, maiormente a dedicación á Virxe do Rial (venerada na freguesía de Santo Ourente de Entíns, no concello de Outes), plásmase na totalidade das coplas en castelán e mais nun dos textos en lingua galega; o outro poema galego trata da primeira visita do rei Alfonso XII a Santiago de Compostela. Esta "labradora campesina", como se anuncia na cuberta da obra, lembraranos a miúdo a súa condición, a xeito de captatio benevolentiae, desculpándose por deixar de atender o gando ou a labranza por causa de imaxinar versos.
Ao ano seguinte, 1886, o xornalista noiés Lisardo Rodríguez Barreiro vén a Boel coñecer a señora Nicolasa e deixa como testemuño deste encontro a reportaxe "La hermana de Añón". Ademais das impresións da viaxe e das conversas mantidas, o texto inclúe dúas composicións en galego que Barreiro consegue apuntar mentres Nicolasa Añón recita de memoria (mediando a seguinte advertencia: "–Señor, non lle valen nada, porqu’eu maxinos así coma quen non quer a cousa, mentras debullo n’o millo ou acomerando as vacas"). Ambos os dous textos pasarán a ser os máis citados (por seren os máis coñecidos) nos poucos traballos que se ocupen posteriormente desta autora. Un deles, o romance dedicado a Alfonso XII, tamén figuraba no manuscrito realizado no ano anterior; o outro, unha elexía a Francisco Añón, recollíase por vez primeira. O máis probable é que Lisardo Barreiro non tivese acceso ao manuscrito que copiara Jacobo Lema.
Na mañá do 1 de novembro de 1887, a consecuencia dunha pulmonía, faleceu no seu domicilio (Boel, núm. 73), na mesma casa onde nacera setenta e sete anos antes. Da vivenda xenuína só fican as ruínas, parcialmente integradas nunha "nova" edificación onde figura unha placa que unicamente conmemora ao poeta Añón, aquel que deixou escrito:
"Desde estes montes qu’en pardas brétemas
O triste inverno toldando está,
Á ti d’a brisa n’as alas trémulas
Ternos sospiros voando van.
¡Ay! ¡quen pudera cal ceivo pájaro
Ese azul puro d’o ceo rachar,
Cimbrar á o vento con doce cántico
Teu doce nome, querida hirmán!
[...]"
Seguindo o ronsel de Lisardo Rodríguez Barreiro, a singularidade desta poeta campesiña chamou inmediatamente a atención de Manuel Ossorio y Bernard (quen lle reserva unha entrada nun dicionario de escritoras españolas en 1890). Haberá que agardar á segunda metade do século XX para que volva difundirse a súa figura, en pequenos apartados de traballos académicos ou nalgún texto divulgativo, baseándose sempre en última instancia nos datos achegados por Lisardo R. Barreiro e recuperados por Ricardo Carvalho Calero, quen inclúe a Nicolasa Añón, "ao agarimo da sombra do seu irmán", na súa monumental Historia da literatura galega contemporánea. Tamén Xesús Alonso Montero redacta unha pequena entrada para a Gran Enciclopedia Gallega. Despois, as autoras que máis e mellor a reivindicaron, como arquetipo da poeta en circunstancias adversas, foron Xosefina López de Serantes, Carmen Blanco e Aurora Marco.
O corpus poético coñecido viuse notablemente incrementado no ano 2014, grazas a que o manuscrito lle fora confiado polo seu propietario (o finado Francisco Martelo Blanco) á Asociación Cívico-cultural Terra de Outes para levar a cabo a súa publicación. Desde agora este texto terá que ser tido en conta, na literatura en xeral, como un dos primeiros testemuños de "escritoras" contemporáneas.
AGRADECEMENTOS
Francisco Martelo Blanco (†)
Óscar Sendón Olveira
Juan Silva Abilleira
Asociación Cívico-cultural Terra de Outes
Obra
de Nicolasa Añón Paz LEMA FERNÁNDEZ, J.: [Esta] Obra está compuesta [por] una labradora campesina Doña Nicolasa Añón, vecina del lugar de Boel en la parroquia de San Pedro de Outes, s. l., 1885 [manuscrito apógrafo]. BARREIRO, L.: “La hermana de Añón”, Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia, A Coruña, Andrés Martínez / Biblioteca Gallega, 1890, p. 35-61. |
Autor/a da biobibliografía: Ramón Blanco Fernández (2015)
Extras sobre Nicolasa
- Nun artigo de 1982 titulado “Galicia Tierra de mujeres ilustres” e publicado en El Ideal Gallego, Xosefina López de Serantes xa reivindicaba a Nicolasa Añón canda outras galegas ilustres.
- Entrada dedicada a Nicolasa Añón no Dicionario de mulleres galegas de Aurora Marco, Xunta de Galicia, 2007, p. 31.
- Coincidindo co tempo no que se ultimaba o libro sobre a autora, a blogueira R. B. Prol asinaba unha entrada na que tamén poñía en valor a Nicolasa Añón
- No 2014 varios medios anunciaron a publicación do libro desta poeta; Sermos Galiza foi o primeiro periódico en dar noticia
- “Os versos apagados de Nicolasa Añón” é o título do artigo elaborado por MX. Blanco con motivo da presentación do libro de Nicolasa Añón.
Ligazóns...
- A obra da poeta xa se viña empregando en Ela tamén valía, material pedagóxico para escolares do concello de Outes (2015)
- Na páxina web da Real Academia Galega notificouse a publicación do libro de Nicolasa Añón e inseriuse un pequeno fragmento do manuscrito (2015)
Bibliografía...
- LÓPEZ DE SERANTES, J.: “Nicolasa Añón, una poetisa de Sierra de Outes que no sabía leer ni escribir”, El Ideal Gallego, A Coruña, (7-5-1982), p. 32.
- ALONSO MONTERO, X.: “Nicolasa Añón, fistora”, Fugas. La Voz de Galicia, A Coruña, (18-7-2014), p. 20.
- BLANCO, R.: Poesías de Nicolasa Añón, Outes, Asociación Cívico-cultural Terra de Outes, 2014.