culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Indice alfabético


Ambitos de ocupación

Emilia Calé

Prolífica autora e unha das primeiras colaboradoras na prensa galega do século XIX.



A Coruña 1837 - Santiago de Compostela 1908

Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras

Emilia Calé naceu na Coruña en 1837 e era filla de Francisco Calé de Orihuela e de Francisca Torres. Comezou a darse a coñecer como autora de artigos na prensa galega a partir da década de 1860 (a primeira participación que atopamos data de 1861 en Galicia, Revista Universal de este Reino ). Logo de asinar varios poemas (e algunha prosa didáctica co pseudónimo "Esperanza") en diferentes revistas, vai para Madrid, onde continua o seu labor literario, mais esta vez publica tanto en revistas españolas como latinoamericanas e comeza a acadar certa sona nos ambientes culturais da capital española. De feito, nesta época convértese na anfitriona da sociedade madrileña Galicia Literaria (1871), que acollía na súa casa e na que participou activamente como fundadora xunto ao seu curmán Teodosio Vesteiro Torres. Á Galicia Literaria pertenceron, entre outros, Francisco Añón, Curros Enríquez, Andrés e Xesús Muruais, Luís Taboada...

Emilia retorna a Coruña en 1875 e posteriormente casa con Lorenzo Gómez Quintero y Morado, xornalista e funcionario. Entre a súa descendencia cabe destacar a Emilia Quintero y Calé, quen acadou moita sona na súa época como reputada pianista. Por causa do traballo do seu home vive en diferentes localidades españolas ata que definitivamente retorna a Madrid. Foi distinguida como membro correspondente da Real Academia Galega na súa fundación (1906). Finou en Madrid en 1908.

É un caso excepcional de produción literaria ao tratarse dunha muller da súa época, xa que participou en todos os xéneros literarios, conseguiu maior sona como autora de poesía (de feito algunha das súas obras coñeceu máis dunha edición) e gustáballe cultivar os ambientes literarios. Podemos sinalar, a este respecto, unha recensión da súa obra Horas de inspiración aparecida en novembro de 1867 na publicación pontevedresa La revista . Logo de situala entre os nomes destacados dos autores de literatura galega (Rosalía, Murguía, Pastor Díaz, Pintos...), dise do seu libro que contén "escollidas poesías relixiosas, líricas e descritivas, que forman unha formidable reputación" (tradución nosa do español). Outra publicación súa, a obra teatral Los lazos rotos , acadou moita sona no momento da súa estrea na Coruña en 1883. Trátase dun drama romántico, con ambientación en Madrid e Santiago de Compostela, onde se relata unha apaixonada e tormentosa historia de amor vivida no medio de azarosos sucesos tan dramáticos como inevitables.

OBRA
"A Elisa Mendoza Tenorio", Galicia moderna, A Habana, 111 (12 xuño 1887), p. 4.
"A la Anunciación", La Nueva Galicia , Pontevedra, (1863)
"A la eminente escritora Emilia Pardo Bazán, directora de la Revista de Galicia", Revista de Galicia, 17 (10 set. 1880), p. 283.
"A la memoria de mi querida madre", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1861)
"A la religión", Follas novas, A Habana, 45 (10 abr. 1898), p. 1
"A la religión", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1861)
"A la Resurrección de Jesús", La Nueva Galicia , Pontevedra, (1863)
"A María, en el mes de las flores", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1862)
"A Rosalía de Castro", Galicia moderna, A Habana, 31 (29 nov. 1885), p. 3.
"A S. M. la Reina por ceder á [sic] la nación las tres cuartas partes de su Real patrimonio", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1865)
"A Santiago", Aires d'a miña terra, Bos Aires, 31 (6 de dec. de 1908)
"Un adiós a la estación de las flores", Galicia: revista universal de este Reino, 4 (15 feb. 1862), p. 61-62.
"Al Río Lérez", La Revista , Pontevedra, (1868)
"El alaláaa", Galicia: revista semanal ilustrada, A Habana, 40 (1903), p. 4
"El Ave María de Gounod", La Unión Gallega, Montevideo, I, 40 (21 de maio 1882), p. 407
"Ayes del corazón", Galicia moderna , A Habana, 165 (24 xuño 1888), p. 6.
"Balada, dos auroras", Eco de Galicia , A Habana, 19 (24 xullo. 1878), p. 5.
"Con los ojos de ayer", Revista de Galicia , 18 (out. 1880)
Crepusculares , A Coruña, Andrés Martínez Editor1894.
Cuadros sociales o pequeñas novelas , A Coruña, 1878.
"La Curiosidad", El Alerta , Pontevedra, (1864). (Asina como 'Esperanza').
De la cima al abismo , A Coruña, 1894.
"De la juventud", El Alerta , Pontevedra, (1864). (Asina como 'Esperanza').
"De la virtud", Almanaque de Galicia para la juventud elegante y de buen tono , Lugo, (1865). (Asina como 'Esperanza').
"Del lujo", El Alerta , Pontevedra, (1864). (Asina como 'Esperanza').
"El Ferrol en el 82º aniversario del 25 de agosto de 1800", La Unión Gallega , Montevideo, II, 53 (1891), p. 99.
"En el ocaso", Revista de Galicia , 6 (11 abr. 1880), p. 49.
Las escenas de la vida , A Coruña, 1890.
"La flor de un día", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1861)
Horas de inspiración , Lugo, Imp. Soto Freire, 1867. (2ª ed.: Madrid, 1875)
"El huérfano", Almanaque de Galicia para la juventud elegante y de buen tono , Lugo, (1866)
"Influencia de la muger [sic]", El Alerta , Pontevedra, (1864). (Asina como 'Esperanza').
"Lazo de amor", Eco de Galicia , A Habana, 16 (1 xullo 1878), p. 4-5.
Lazos rotos: drama en tres actos y en verso, A Coruña, 1884 (Madrid, Imp. Nicolás Moya, 1884)
"La madre de familia", El Alerta , Pontevedra, (1864). (Asina como 'Esperanza').
"La niebla", Eco de Galicia , A Habana, 14 (16 xuño 1878), p. 6.
"La niñez", Galicia , A Coruña, 3 (1887)
"El orgullo", Almanaque de Galicia para la juventud elegante y de buen tono , Lugo, (1866). (Asina como 'Esperanza').
"El Orgullo", El Alerta , Pontevedra, (1864). (Asina como 'Esperanza').
"Un recuerdo á [sic] Galicia", Almanaque de Galicia para la juventud elegante y de buen tono , Lugo, (1865).
"Un recuerdo á [sic] la Coruña", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1865)
"Un recuerdo a Serantes", Galicia , A Coruña, 4 (abr. 1887), p. 199-201.
"Un recuerdo al poeta gallego, Sr. D. Juan Manuel Pintos", Eco de Galicia , A Habana, 15 (24 xuño 1878), p. 6.
"Recuerdo del Lérez", El Eco de Habana, 29 (xuño 1879)
"Un recuerdo desde el campo. A mi amiga, la Señora Doña Ventura Arana de Vallugera", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1892)
"recuerdo: a las víctimas del torpedero Habana Un ", Galicia : revista regional, 7 (xullo 1888), p. 321-323.
"Reflexiones acerca de la murmuración", Almanaque de Galicia para la juventud elegante y de buen tono , Lugo, (1866). (Asina como 'Esperanza').
"Risa y llanto", Follas novas, A Habana, 3 (29 ago. 1897), p. 1.
"La rosa y la siempreviva", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1863)
"Un saludo a la sociedad Obrero Lucense", La Unión Gallega, Montevideo, II, 59 (1 out. 1882), p. 146.
"Un saludo", Eco de Galicia , A Habana, 13 (8 xuño 1878), p. 7-8.
"Las siete palabras de Cristo en la cruz", La Nueva Galicia , Pontevedra, (1863)
"Las siete palabras", Galicia: revista universal de este Reino , A Coruña, (1861)
"Sombras y luz", Galicia : revista regional, 2 (feb. 1888), p. 91-93.
"Tristes memorias", Eco de Galicia , A Habana, 7 (24 abr. 1878), p. 6.
"¡Tú primero!", Eco de Galicia , A Habana, 18 (16 xullo 1878), p. 6.


Autor/a da biobibliografía: Celia María Armas García (2007)

Extras de Emilia 

Extras sobre Emilia

Bibliografía...

Untitled Document