- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Avelina Valladares
A frustración do ser escritora na Galicia do século XIX
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Medios de Comunicación
Doméstico
Relixioso
Nace Avelina Valladares en Vilancosta (A Estrada) en 1825, lugar onde tamén morrerá 77 anos máis tarde, en 1902, e do que en poucas ocasións na súa vida se separará. As súas orixes sitúana nunha familia numerosa (un irmán seu é Marcial Valladares, o autor da considerada como novela inaugural da literatura galega, Maxina ou a filla espúrea ) e fidalga; e é precisamente isto último o que nos explicaría a formación que posuía Avelina. Decatémonos de que naquela Galicia de comezos do XIX o índice de alfabetización entre as mulleres apenas alcanzaba o 3 por cento, o que evidencia claramente que a educación feminina non era prioritaria nin tan sequera entre as clases máis acomodadas. Non aconteceu así, afortunadamente, no caso da nosa autora, que gozou dunha formación inusual, xa que demostrou ter dominado tanto a literatura de ficción como a ensaística. A súa principal ocupación durante a súa vida foi o servizo aos demais (nunca casou) desde as súas fondas conviccións relixiosas. Participou así na Xunta Parroquial de Beneficencia da súa parroquia, Berres; o que foi unha das causas que propiciaron que lle fose concedida a Cruz de Beneficencia en 1894. Dedicouse profusamente á escrita durante dous períodos da súa vida: a década de 1840 a 1850 e os anos de 1864 a 1879. De feito, a maioría da obra súa que conservamos data dalgún dos anteriores períodos.
Como poeta, poderiámola inscribir na tradición maiormente cultivada polas plumas de muller naquela altura, xa que as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais, de costumes... O que máis chama a atención dentro da súa produción son os artigos que conservamos, xa que se afastan claramente das que se supuña que eran preocupacións femininas e abordan, sen complexos, cuestións prácticas como os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É tamén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego , obra bilingüe con claras características proclives á dramatización (hoxe existe unha versión teatral feita por Xosé Lueiro Lemos). Porén, debemos lamentar o peso dos preconceptos sociais no XIX (aínda hoxe vixentes nalgúns casos) que fixeron que Avelina Valladares non concedese importancia á súa obra escrita: a maior parte dela nin a entregou ao prelo e incluso opinaba da súa poesía que eran harapos [...] que nada valen y sólo sirven para descansar en nuestra biblioteca de familia.
Aínda así, Avelina Valladares é unha pioneira na literatura galega, xa que é das primeiras mulleres (se non a primeira) en publicar artigos que hoxe chamariamos de opinión na prensa escrita, así como unha adiantada ao empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas.
Obra
de Avelina Valladares Valladares Núñez, A.: "A Ulla", poema en galego. s.d. Valladares Núñez, A.: Artigo en La exposición compostelana sobre cuestións agrícolas. 1858 Valladares Núñez, A.: "Exposición al Eminentísimo Cardenal Sr. García Cuesta, Arzobispo de Compostela", artigo en que lle pide ao Cardeal Arcebispo de Compostela permiso para que os fregueses poidan usar unto na Semana Santa e na época das vixilias. 1878 Valladares Núñez, A.: "El ochavo milagroso", El Eco de Galicia . 1885 Valladares Núñez, A.: "Os que emigran", poema en galego. s.d. Valladares Núñez, A.: "A pobre horfiña", Follas Novas , La Habana, 289 (14 de decembro), p. 1. 1902 Valladares Núñez, A.: "Miña joia", Follas Novas , La Habana, 307 (19 de abril), p. 3. 1903 Valladares Núñez, A.: "Himno al Apóstol Santiago", Follas Novas , La Habana, 373 (24 de xullo) p.10. 1904 Valladares Núñez, A.: Caderno con 41 poemas inéditos (descuberto de Aurora Marco). 1984 Valladares Núñez, A.: Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego , versión teatral de Xosé Lueiro Ramos, A Estrada, Edicións Fervenza. 2000 |
Autor/a da biobibliografía: Celia María Armas García (2007)
Extras de Avelina
Extras sobre Avelina
Ligazóns...
- Avelina Valladares ba Biblioteca Virtual Galega
- A Estrada onte. Galería fotográfica do Concello da Estrada. Recolle imaxes antigas da vila
Bibliografía...
- MARCO, A.: “Escritoras galegas do XIX. Lembranza de Avelina Valladares”, Grial , 84 (abril-xuño 1984), p. 213-226.
- LUEIRO LEMOS, X. (ED): Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego , A Estrada, Edicións Fervenza, 2000.
- LUNA SANMARTÍN, X.: Ond’o sol facheaba ô amañecer. Vida e obra da cantora da Ulla Avelina Valladares , 2000.
- ARMAS GARCÍA, C.: As mulleres escritoras. O xenio de Rosalía , Santiago de Compostela, Laiovento, 2002, p. 190.
- MARCO, A.: Dicionario de mulleres galegas , Vigo, A Nosa Terra, 2007, p. 436-437.