- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Corona González Estévez
Articulista preocupada pola emigración e a educación das mulleres
Autora do retrato: María Presas
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Medios de Comunicación
Pouco se sabe da vida desta muller presente nas páxinas do semanario nacionalista A Nosa Terra (ANT) e nas da revista Céltiga na segunda metade dos anos vinte do século pasado. Nun momento en que as voces de mulleres nos xornais e revistas son moi escasas, por non dicir inexistentes, Corona González escribe varios artigos durante todo un lustro nos que aborda diversas temáticas. Dúas serán predominantes nos artigos publicados en ANT: a emigración/saudade de Galicia e a necesidade da educación das mulleres. O respecto á diversidade, a denuncia ás políticas desenvolvidas polos Estados Unidos de Norteamérica, o antibelicismo, a importancia de que os e as galegas recoñezan o valor do propio, e de novo a saudade das e dos emigrantes son cuestións que aborda en Céltiga
Un dos datos que sabemos sobre a súa vida é que viaxaba moito. Isto, permitiulle coñecer de primeira man a situación pola que atravesaban o gran número de galegos e galegas que se viron na obriga de emigrar durante o primeiro terzo do século vinte. París, Londres, Weymouth, Río de Xaneiro e, os vapores Arlanza e Itanagé, son algúns dos lugares onde asina os seus artigos.
As precarias condicións laborais, os abusos e vexacións ás que se somete a moitas e moitos compatriotas no lugar de destino son froito, segundo Corona, da falta dunha educación que as e os prepare para se enfrontar á complicada realidade coa que se ían atopar alen mar. Artigos como "Para os da terriña", "Saudades", "A bordo do Arlanza", publicados en ANT entre 1926 e 1929, son tres exemplos claros desta fonda preocupación: O noso mal e a falta de instrución: debíase castigar aos pais obrigal-os a dar instrución a seus fillos conforme a sua posición, eso sería o úneco medio de que respetasen os galegos, é moito triste ver a forma como os tratan lá. Da pena a chegada de un vapor cando comezan a desembarcar todos suxos cuase sen roupa, e a mayor parte sen saber ler. (...) mais d’aquiles que chegan. ¡Cántos morren esmagados xa pol-a fame xa pol-os desgostos e contrariedades! ¡poucos voltan! (ANT, 1-11-1926)
O segundo tema ao que a nosa autora dedica varios artigos é a necesidade de que as mulleres teñan acceso á educación regrada. Considera que moitos dos problemas das mulleres do seu tempo derívanse da falta desta. Un bo número das súas apreciacións son claramente pioneiras nesa altura e mais aínda dentro do nacionalismo galego, movemento moi refractario aos avances feministas que percorren Europa e os EE UU naquel entón. O emprego habitual na súa linguaxe de "homes e mulleres", "fillos e fillas" e "nenos e nenas" reflicte xa unha sensibilidade especial e moi innovadora na época. No artigo intitulado "Pr’os pais que tein fillas" afirma o seguinte: É necesario insinarlle a traballar, pra ser independente, e facerlle comprender que non é necesario o casamento, nen ser monxa, pra ser feliz n’este mundo. Só pode adequerir a sua independencia por medio do traballo, e o día que as nosas mulleres podan gañar a vida independentemente, sin precisar de ninguén terán independencia de carauter, e poderán casarse, ou non, sin ter medo a quedar solteiras, pois non precisan de un que as manteña (ANT, 1-4- 1927).
Foi Corona unha muller con carácter e valentía para chamarlle ás cousas polo seu nome e para sinalar a enorme hipocrisía social existente ao redor de moitos temas: a borrosa fronteira que separa un matrimonio de conveniencia dunha muller que exerce a prostitución; un asasinato legalizado ao abeiro da guerra doutro feito en tempos de suposta paz pero con moitas máis razóns do seu lado; un roubo cometido por unha traballadora explotada do roubo da patroa por esixir moito máis traballo polo mesmo salario; etc.
Sobre a vida de Corona apenas temos datos fiables. Con ocasión desta biobibliografía, en 2008, por un achado casual, vímonos na obriga de revisar as fontes empregadas, ata o punto de ter que pór entre interrogantes algunhas afirmacións que aparecen en traballos anteriores sobre esta muller.
Sóese situar o nacemento de Corona na Rúa derivando esta interpretación dos datos que aparecen na súa primeira aparición pública en ANT: unha carta dirixida ao administrador de Lar. Sen embargo, non conseguimos documentación algunha que poida acreditar isto de forma irrefutable. Si podemos confirmar, grazas á información achegada por Xesús González Gómez en 2018, que Corona González Estévez, protagonista desta entrada biobibliográfica, non é a mesma muller que, con igual nome e primeiro apelido, casara con Ramón González, conselleiro delegado do Banco Español de Río da Plata.
Agardemos que investigacións posteriores e máis detalladas nos permitan ofrecer algo máis de luz sobre a vida e a obra desta galega.
OBRA
Ofrecemos a obra de Corona González Estévez publicada en A Nosa Terra e Céltiga no apartado Extras de Corona desta entrada biobibliográfica.
AGRADECEMENTOS
Xesús González Gómez
Autor/a da biobibliografía: Noa Ríos Bergantinhos (2008)/rev. CI, 2018
Extras de Corona
- Artigos de Corona González en A Nosa Terra. Idearium das irmandades da fala 1926-1930
- Artigos de Corona González Estévez en Céltiga, 1927-1929
Extras sobre Corona
Bibliografía...
- RÍOS BERGANTINHOS, N., A mulher no nacionalismo galego (1900-1936). Ideología e realidade , Santiago de Compostela, Laiovento, 2001
- MARCO, A., Dicionario de mulleres galegas, Vigo, A Nosa Terra, 2007