- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Placeres Castellanos
Unha galega na Resistencia francesa contra os nazis: a guerrilleira de enlace 35435
Ámbitos de ocupación...
Medios de Comunicación
Acción político - social
Muller culta con simpatías comunistas. Durante a República, Placeres atreveuse a participar activamente en política. O seu home, o mestre, sindicalista e político Víctor Fraiz, orador espléndido, fixo campaña a prol do Estatuto de Galiza. Circunstancialmente, o alzamento de 1936 sorprendeuna en Madrid, a onde se desprazara cunha comisión do Socorro Rojo Internacional para asistir a unha asemblea, polo que puido salvar a vida, mais non a de moitos membros da súa familia. Os falanxistas masacraron un dos seus fillos, Víctor Jesús, que contaba só con 19 anos. Un ano máis tarde, en 1937, mataron a Víctor Fraiz, que estivera fuxido, vagando polos montes do sur de Galiza. E aínda Placeres tivo que aturar a morte de dous fillos máis, Vicente e Moncho.
Lonxe de Galiza, impotente ante a traxedia que afectaba a súa familia, afanouse nas tarefas de solidariedade e coidado de nenos e feridos. Xa en Valencia exerceu como secretaria de Solidariedade Antifeixista Galega.
A poucos días da caída da República Placeres embarcou no Burrington Combe rumbo ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento, nos que se activou entre as mulleres un enorme sentido da solidariedade e da necesidade de colaboración ante as terríbeis e inhumanas condicións que tiveron que soportar: frío extremo, fame e miseria. Nun destes campos coñeceu a Josef Spirk, un checoslovaco que fora brigadista durante a Guerra Civil española, e a través do cal Placeres entrou en contacto coa Resistencia francesa. Nas profundidades boscosas do departamento pirenaico do Ariège Placeres volveu responsabilizarse de tarefas de solidariedade cos presos: proporcionáballes comida e cartos, portaba mensaxes e facilitaba os contactos. O aparato organizativo do maquis solicitoulle un maior compromiso, o que implicaba máis responsabilidade e un incremento considerábel dos riscos. Pasou a ser a guerrilleira de enlace da III Brigada de Guerrilleiros da forza FFI (Franc Tireurs de l’Interieur) co número 35435. Actuar de enlace entre os guerrilleiros non era doado: había que ser discreta e controlar en todo o momento os nervios. Calquera imprudencia podía custarlle a vida a ela mesma, ademais de pór en perigo a dos compañeiros. Moito valor e sangue frío había que ter para superar, sen erguer a máis mínima sospeita, os numerosos controis que os nazis montaban na Francia ocupada. Foi testemuña da crueldade dos nazis cara á poboación civil francesa e de como os alemáns torturaron e asasinaron persoas por simpatizar coa Resistencia.
Placeres portaba daquela comprometedores paquetes, acollía na súa casa guerrilleiros, fuxidos e mesmo militares, que desempeñarían un importante papel na contenda internacional.
Aínda que se mantiña activa e coa mente ocupada mentres combatía o fascismo, non esquecía o que lle fixeran aos seus nin esquecía que en Galiza ficaban desamparadas e orfas as súas fillas e fillos. Combateu o fascismo por ideoloxía e compromiso político e colaborou coa Resistencia francesa co convencemento e, sobre todo, coa esperanza de que Franco caese con Hitler e Mussolini. O tempo veu a defraudar esta esperanza de poder regresar a Galiza.
O seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que se celebrou en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con mulleres como Dolores Ibarruri, a Pasionaria, e outras moitas, chegadas de todos os continentes, atraídas pola necesidade de intercambiar opinións sobre os acontecementos.
AGRADECEMENTOS
Silvia Caldas Fraiz
Edicións A Nosa Terra
Obra
de Placeres Castellanos Castellanos Pan, P.: “A todos os fillos caídos vai a miña lembranza de nai", Nueva Galicia, Barcelona, 20 (3 de outubro). 1937 Castellanos Pan, P.: “A Valencia. Gratitude dunha galega”, Nueva Galicia, Barcelona, 23 (24 de outubro). 1937 Castellanos Pan, P.: “Aos caidos exploradores da liberdade galega”, Nueva Galicia, Barcelona, 27 (21 de novembro). 1937 Castellanos Pan, P.: “Galicia durme”, Nueva Galicia, Barcelona, 8 (4 de xullo), 1937 Castellanos Pan, P.: “Galiza, A Bela Durminte, non é nai de Franco”, Nueva Galicia, Barcelona, 24 (31 de outubro). 1937 Castellanos Pan, P.: “Heroinas galegas”, Nueva Galicia, Barcelona, 9 (11 de xullo). 1937 |
Autor/a da biobibliografía: Elsa Quintas Alborés (2008)
Extras sobre Placeres
- Entrevista a Placeres Castellanos realizada por Janine Bettini para a revista
Tourisme e Travail nº 8 (xaneiro 1946). - Estévez, Arantxa: “Víctor Fraiz: mestre renovador, líder do PC, fusilado en 1937”, A Nosa Terra, nº 797, Vigo, (1997), p. 26.
Ligazóns...
Bibliografía...
- ESTÉVEZ, A., “Víctor Fraiz: mestre renovador, líder do PC, fusilado en 1937”, Vigo, A Nosa Terra, 797 (1997), p. 26.
- QUINTAS ALBORÉS, E., Placeres Castellanos, Vigo, A Nosa Terra, 2008.