- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Concha Vázquez
Pintora que reflicte o cambio da muller labrega galega no século XX
Ámbitos de ocupación...
Artístico
Concha Vázquez naceu no número 41 da rúa das Hortas en Santiago. É a terceira de cinco fillos nacidos nunha familia que non estivera relacionada coa creación artística, agás nos escritos inéditos do pai. Ela mesma non desvela a súa vocación pictórica ata os dezaoito anos. Daquela inicia a súa formación da man de Xoana Brocos, quizais a última representante dunha saga de artistas composteláns que se documenta dende principios do século XIX. Xoana, seguindo o método de ensinanza aínda en vixencia por aquel entón, dálle os primeiros rudimentos, facéndolle copiar láminas e xesos.
Despois, Concha Vázquez entra no taller de Tito Vázquez, «o pai da escola compostelá de pintura». Neste taller, segundo a frase afortunada do crítico de ABC Méndez Casal, o método de ensinanza era completamente diferente, xa que se baseaba só no estudo do natural, seguindo o exemplo do propio mestre, que chantaba o seu cabalete no medio dos seus alumnos. Ela conta 20 anos e cunha personalidade xa definida, pois aínda que é certo que toma de Tito Vázquez o gusto por pintar cabezas de anciáns e a paleta de terras, amarelos e carmíns, pola contra firma as obras deste período como «Concha Vázquez Eleicegui Martínez», isto é, cos dous apelidos paternos para desenganar os que pensaban que era sobriña do mestre. Aínda baixo a éxida deste, concorre, aló polo ano 1928, con dúas cabezas á Exposición Rexional de Arte Galega de Vilagarcía.
Un ano despois independízase e pon o seu primeiro estudio na compostelá rúa de Santa Cristina. Nel leva a cabo as obras da súa primeira exposición individual. Esta tivo lugar na sala do Club Náutico de Vigo. Puime Freiría, que fixo unha crítica desta exposición, destaca o que posteriormente repetirán todos os que xulgaron a pintura de Concha Vázquez: a súa innata capacidade para transmitir a alma dos seus modelos, mantendo unha fidelidade plena á realidade cun estilo novo, que non remitía en absoluto ao museo, coma sucedía coa obra dos artistas galegos do rexionalismo. De feito, aínda que a súa obra se poida inscribir nesta corrente, aparece animada con outro espírito, acorde co seu tempo, caracterizado por un forte humanismo que consegue transmitir cun estilo orixinal e, sobre todo, a través da plasmación dos ollos dos modelos, sempre cheos de vida, que se converterá na característica destacada por todos os que analizaron a súa obra.
En 1939 casa co pintor compostelán Manuel López Garabal, con quen, a partir de 1948, celebrará numerosas exposicións, nas principais vilas galegas e en Madrid, con grande éxito de crítica e de público. En 1957, tras inaugurar unha nova exposición na sala compostelá da Unión Protectora de Artesáns, sofre a primeira dunha serie de graves enfermidades que se sucederán case que ininterrompidamente e lle irán diminuíndo a saúde.
O 3 de marzo de 1971 inaugura en Santiago a que será a súa última exposición en vida, xa que finou o 3 de xullo seguinte. Uns días antes mandara dous cadros á I Exposición Nacional Trienal de Belas Artes, cuxo xurado acordou por unanimidade concederlle a Medalla de Honor como homenaxe póstuma ao conxunto da súa obra e dedicación artística, ao tempo que o concello compostelán lle dedica á súa pintura unha sala no museo da cidade.
OBRA:
1930, O Zapateiro, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1930, Autorretrato, 1930. col. Privada, Santiago
1930, A señora Andrea, col. Privada, Santiago
1948, Manoliño, col. Privada, Santiago
1949; Conchiña; col. Privada, Santiago
1948 Carga de mazás, Concello de Santiago
1951, Anena do remuíño, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval
1951, Xitana, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval;
1953, Do traballo, Deputación de A Coruña.
1954 No Mercado, Colección Privada, Santiago;
1956 Sibila, Museo Quiñones de León, Vigo,
1956, Lavandeiras, col. Privada, Santiago.
1956 Familia Mariñeira, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1958, O rapaz da pomba, col. Privada, Santiago.
1959, Autorretrato, col. Privada, Santiago
1961, Nai, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1963, Rapazas de Paredes, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1963 Ofrenda a San Bieto, col. Privada. Madrid.
1963, Áurea, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1962, Rapazas, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1963 Moziños, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1963, Moza do Rostro, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1964, Cavilando, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
Moziña de Pite, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval
1965, Moza de Fisterra, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1967, Mentras pace o gando, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1967, Na feira, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1968, Adelaida, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1968, Maruxa de Rei, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval
1969, Avoa e neta, col. Privada, A Coruña.
1970, Rapazas no mercado Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1970, Facendo Carnaza, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval
1970, Teresiña, Museo de Santiago, Santo Domingos de Bonaval.
1971, O ramo do santísimo, col. Privada, Santiago.
Autor/a da biobibliografía: José Manuel B. López Vázquez (2008)
Extras sobre Concha
- Xuízo crítico da obra de Concha Vázquez realizado polo catedrático de Historia da arte da Universidade Compostelá Ramón Otero Túñez.
- Lembranza do periodista Jesús Rey Alvite en que define a personalidade da pintora
- Crónica emitida en Radio Galicia con xuízos de valor sobre a obra e personalidade de Concha Vázquez
Bibliografía...
- LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M. B., “Concha Vázquez Pintora Compostelana”, Compostellanum, XXV (1980), p. 3-22.
- VV.AA.: HOMENAJE a pintores compostelanos, A Coruña, Diputación Provincial, 1981.
- LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M. B., SEARA MORALES, I. , El Arte Contemporáneo, A Coruña, Hércules, 1995.
- LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M. B. , “CONCHA VáZQUEZ” EN C. DEL PULGAR SABÍN (ED.), Artistas Galegos Pintores, Regionalismo III, Vigo, Nova Galicia, 1999.
- CORREDOIRA, P. (ED.), Pintores compostelanos, Santiago de Compostela, Consorcio, 2004.