- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Carme Rodríguez de Legísima
Sinxeleza, espiritualidade e arte foron os motores da vida desta pintora.
Ámbitos de ocupación...
Artístico
A biografía de Carme Rodríguez de Legisíma é a dunha muller que viviu de xeito tranquilo e sen grandes sobresaltos, pero que non debe omitirse pois tivo un don que a fixo excepcional: a pintura, que a converteu nunha das grandes creadoras do noso país.
Nace a finais do século XIX en Piñor de Cea (Ourense) no seo dunha numerosa familia en que o pai era militar, feito este que obrigou a constantes traslados familiares ata que, tras a xubilación paterna, se asentan no pazo familiar que posúen en Lousado (Piñor de Cea). Mais Carme non permanecerá aquí moitos anos pois, unha vez falecida a nai, o pai e un irmán, trasládase, xunto co resto da familia, a Vigo, cidade onde falece no 1980, se ben os seus restos repousan no panteón familiar en Lousado.
Foi a Rodríguez de Legísima unha familia de fortes conviccións relixiosas, polo que non é estraño que varios dos fillos e fillas dedicaran a súa vida a Deus, e que ese achegamento á espiritualidade non fora alleo á filla máis nova, Carme. Desde nena obsérvase nela un interese pola meditación e a mística e, sobre todo, pola pintura, vocación que compartirá con Matilde, unha das súas irmás maiores.
A pesar de que a situación económica da familia non a obriga a estudar, decide facelo cursando Maxisterio en Madrid, profesión que nunca chega a exercer. Mentres estuda, segue formándose como pintora de maneira autodidacta e pouco a pouco vai afianzando a súa vocación.
Non se dará a coñecer como pintora ata a década dos corenta, aínda que case foi unha descoñecida para o público galego ata os sesenta. Pintou ata os últimos días da súa existencia, cando a enfermidade a tiña inmobilizada do lado dereito e chegou a aprender a pintar coa esquerda para poder seguir creando ata o final.
Pódese dicir que as obras de Carme de Legísima se caracterizan por un colorido forte e unha pincelada grosa. Dous serán os temas máis recorrentes: o retrato e o bodegón. Estes últimos sempre moi humildes a pesar de estar cheos de flores e porcelana. A austeridade que hai neles vincúlaos á obra do barroco Sánchez Cotán, mais a gama cromática e o tipo de pincelada achégaos sen dúbida ás naturezas mortas de Cézanne. Esta mestura de estilos converte estas pezas en algo dramático e doce; inquieto e sereno... coma se a autora quixese expresar todos os seus sentimentos na pintura.
Dos retratos que saen da man de Carme o máis aplaudido é Miña irmá , que é o retrato dunha monxa, a súa irmá Obdulia, no interior da súa cela.
No ano 1943 realiza a primeira exposición na Sala Macarrón de Madrid. Nela acada un éxito que non esperaba e a partir desta xorden outras. No mesmo ano participa nunha colectiva en Londres, concorre á Exposición Nacional de Belas Artes e obtén medalla por Miña irmá, na mesma década dos corenta expón en Lisboa, no salón de Outono en Madrid no ano 1948 novamente obtén medalla... Segue traballando e expoñendo, en 1965 volta á Sala Macarrón de Madrid e, por fin, no ano 1979 se fai a primeira grande exposición antolóxica da pintora na Sala de Caixavigo, entidade que repite cunha antolóxica de 1985 (xa póstuma), ano en que tamén Caixa Ourense coordina unha antolóxica de Carme.
O famoso retrato da irmá forma parte da colección Caixavigo e desde que se incorpora á colección sempre concorre ás exposicións colectivas patrocinadas por esta institución.
As homenaxes a esta muller chegaron un pouco tarde pois xorden cando xa falecera a través de diversas mostras antolóxicas; ademais en 1987 créase o Premio de Mulleres Pintoras que leva o seu nome e que permite seguir lembrando a figura de Carme Rodríguez de Legísima.
Autor/a da biobibliografía: Dolores Villaverde Solar (2009)
Ligazóns...
- Carme Rodríguez de Legísima na Historia das mulleres ourensás
- Carme Rodríguez de Legísima na wikipedia
Bibliografía...
- VV.AA.: CATÁLOGO Carmen de Legísima, Vigo, Caixavigo, 1979.
- PABLOS, F., Plástica Gallega, Vigo, Caixavigo, 1981.
- PABLOS, F., “Carmen Rodríguez de Legísima”, en Artistas galegos. Pintores. Rexionalismos. III, Vigo, Nova Galicia, 1999, p. 255- 298.
- PEREIRA BUENO, F., A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936, Sada, Ediciós do Castro, 2004.