- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Concha Castroviejo
Crítica e escritora de moi singular dicir, acusada independencia e forte personalidade.
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Medios de Comunicación
Doméstico
De familia culta e acomodada. A nai, Concha Blanco-Cicerón, filla e neta de afervoados carlistas, morre de tuberculose en 1920 cando Concha ten nove anos. O pai, Amando Castroviejo Nobajas (1874-1934), rioxano, propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social, é catedrático de Economía Política e Facenda Pública na universidade compostelá e promotor da democracia cristiá.
A súa infancia e xuventude discorren entre Compostela, Paizás (Vedra), períodos estivais na Retirosa (Cangas) e no internado do colexio de freiras de Praceres (Marín).
A pesar da oposición do pai, que lle procurara unha esmerada educación, teima en realizar estudos regrados de bacharelato para acceder á universidade, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír.
Aproveita unha viaxe do industrial Gaspar Massó nos comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Posteriormente, el combate na fronte do Ebro e ela reside en Barcelona até o terrible éxodo no frío febreiro de 1939 de Figueres-Port Bou á fronteira francesa, onde son recibidos co “Allez…! Allez…!” dos soldados coloniais senegaleses.
Consegue chegar a Bordeos aproveitando contactos feitos anteriormente e o seu estupendo manexo do idioma e alí vive até que marcha para México, vía Nova York, no vapor Normandía.
Os difíciles dez anos que pasa no exilio mexicano traballa en Campeche, en Tijuana e, sobre todo, en México D.F.
En decembro de 1949 chega ao porto da Coruña coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Santiago de Compostela dirixido por Goñi. Asina como Concha Castroviejo e Asela, ao mesmo tempo que fai os cursos para a obtención do carnet de xornalista que convoca en Madrid a Escola Oficial de Periodismo dependente a Delegación Nacional de Prensa, dirixida polo líder das JONS, Juan Aparicio.
En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones. É columnista, dirixe o suplemento infantil e entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana.
É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Membro da Asociación Internacional de Críticos Literarios. Escribe en: Ínsula, La Estafeta Literaria, Cuadernos de Occidente, Cuadernos Hispanoamericanos, Blanco y Negro, Grial e noutras publicacións sometidas a unha implacable censura previa até a Ley Fraga de 1966, que animaba a censura de editores e a autocensura.
Na crítica deixa un traballo inmenso; aborda obras literarias, eruditas, históricas, ensaios...
Na creación literaria, explora rexistros diferentes:
A interesante, boa e valente novela Los que se fueron narra a peripecia do éxodo republicano e exilio en México. Valente polo que di e porque está escrita “no interior” por unha exiliada recentemente retornada que co título Las Raíces y el tiempo a presenta ao Premio Nadal no ano 1952. En carta á súa irmá Pilar e a Eugenio Santos, do 10 de xaneiro de 1953, conta como se foi colocando a novela segundo as votacións até o resultado final - de estar entre as dez mellores, logo entre as catro primeiras a obter só dous votos na votación final -, a pesar de que non agardaba éxito ningún, sendo o tipo de obra que era. Achega ademais valiosas consideracións a respecto da novela e a teoría literaria. En 1956, co título actual e algunhas correccións, preséntaa ao Premio Planeta, editorial que a publica en 1957.
Víspera del odio, novela dura, forte, conta o odio de Teresa Nava, afogada na invivible vida dun matrimonio non querido e as paredes da casa como límite da liberdade.
El jardín de las siete puertas, publicado na colección La Ballena Alegre, reúne unha presa de contos e lendas e unha obra de teatro (Premio Doncel, 1961), que a revelan como unha boa escritora de literatura infantil.
Los días de Lina é un relato do retorno a ese paraíso perdido que é a infancia, da beleza e do discorrer plácido dos días sen responsabilidades.
Unha obra inédita dos seus últimos anos,En las praderas del Gran Manitú, achega memorias dunha infancia en Compostela e reflexións sobre os animais e o ser humano. Un fermoso soliloquio!
Dez anos de enfermidade vascular e dexenerativa arrédana da vida pública activa. En decembro de 1995 morre na súa casa de Ribera del Manzanares, rodeada da filla, irmáns e sobriñas.
É ben considerar a Concha Castroviejo na súa posición fronteiriza: rompe “as regras” que se supón que debe cumprir “unha señorita” compostelá do seu tempo. Violenta as conviccións políticas e relixiosas da súa familia. Decide sobre a súa vida con resolución e valentía. Sae adiante no exilio traballando no que pode, retorna cunha filla pequena e consegue abrirse paso en terreos onde as mulleres son excepción: o xornalismo, a crítica e a literatura. Ocúpase de Galicia e do galego aínda que non escribe en galego. Presta atención aos traballos de plumas femininas e divúlgaos no seu labor de crítica cando isto apenas era tido en conta.
Unha muller de coraxe que sempre evidenciou un espírito moi libre e que deixa unha obra de mérito na crítica e na creación literaria.
OBRA
Debido a súa extensión, ofrecemos a obra de Concha Castroviejo en dúas entradas no apartado "Extras de Concha"
Autor/a da biobibliografía: Nanina Santos Castroviejo (2010)
Extras de Concha
- Obra de Concha Castroviejo
- “Mujeres sin importancia”
- “Los Pazos de Ulloa”
- “Cousas”
- “O espello na serán”
- “Dos arquivos do trasno”
- “El inaudito teatro de Borobó”,
- "Años de Colegio"
Extras sobre Concha
Video...
Ligazóns...
- Concha Castroviejo en Andaina
- Manuel García Viñó teoriza sobre la novela española na entrevista realizada por Julia Sáez-Angulo
- PÉREZ BAREA, Pilar: “Literatura juvenil en España contemporanea”, Minotauro digital, 2002. Breve percorrido pola historia editorial da literatura xuvenil desde a I Exposición del Libro Infantil de 1953
- VIDAL, Concepción: “Xuizo crítico de “El tiempo en el Espejo” de Joaquín Caro Romero. Premio Adonais 1965”, ABC (05-05-1966). Concha Castroviejo, entre outros, fixo parte do tribunal
- BRAVO VILLASANTE, Carmen: “La Mujer como Autora literaria”, La mujer en España, Biblioteca Gonzalo de Berceo Catálogo general en linea
- VEGA GARCÍA, Rosario: “Literatura infantil y juvenil en la España de los años sesenta: La Ballena Alegre”, Espéculo. Revista de estudios literarios, Universidad Complutense de Madrid (2009)
- Referencia sobre a tradución de “La tejedora de sueños”, un dos contos de El Jardín de las siete puertas de Concha Castroviejo
- Breve perfil biográfico e anacos da traducción ao inglés da obra El Jardín de las siete puertas de Concha Castroviejo
- BOROBÓ: “Subida ó madroño de Rosalía”, O Correo Galego(26-9-2000). Recolle referencias dos estudios de Concha Castroviejo sobre Rosalía de Castro
- Obituario. El País (14-12-1995)
- PANERO, Leopoldo: “La vida interrupida”, Blanco y Negro (22-2-1959). Recensión do libro de Concha Castroviejo: Los que se fueron
- O día 9 de decembro de 1958, La Vanguardia española, dedica unha páxina completa ao premio Elisenda de Montcada outorgado a Concha Castroviejo
Bibliografía...
- MIEZA, C. “Concha Castroviejo” entrevista de 1972 en La mujer del español, Barcelona, Marte, 1977, p. 123-137.
- BRAVO VILLASANTE, C.: Historia de la literatura infantil española Madrid, Escuela Española, 1979, p. 237-238
- BOROBÓ [R. GARCíA DOMíNGUEZ)]: “As películas de Antón Beiras e ss”, O novelo dos anacos e outros exemplos, Santiago de Compostela, Universidade, 2002, p. 84-105
- MARCO, J. E GRACIA, J.: La llegada de los bárbaros. La recepción de la literatura hispanoamericana en España, 1960-1980 Barcelona, Edhasa, 2004, p. 1183.
- MARCO, A.: “Castroviejo, Concha”, Diccionario de mulleres galegas. Vigo, A Nosa Terra, 2005