- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Emilia Pardo Bazán
Unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Docente
Acción político - social
Medios de Comunicación
Doméstico
Investigación / Científico
Dona Emilia Pardo Bazán nace na Coruña, a Marineda das súas novelas, no seo dunha familia acomodada. Filla única de don José Pardo Bazán e dona Amalia de la Rúa recibe unha ampla educación de carácter liberal no colexio francés de Madrid e con instrutores privados na Coruña. Os seus pais estimulan a súa curiosidade e potencian a súa paixón pola lectura e a escritura, tarefas que ocupan a maior parte do seu tempo. Xa de nena dá mostras do seu carácter ao se negar a tomar clases de música e piano, tal e como se estilaba na educación feminina da época.
Moitos son os adxectivos aplicables a esta muller anticipada ao seu tempo que tiña a capacidade de non pasar inadvertida: escritora e xornalista prolífica, viaxeira infatigable, cosmopolita, políglota, feminista... Criticada por uns e admirada por outros, dona Emilia é pioneira en case todo: aos nove anos compón os seus primeiros versos e aos quince publica o primeiro dos seus numerosísimos contos (máis de cincocentos), "Un matrimonio del siglo XIX". En 1868, con 16 anos, casa con José Quiroga na capela da granxa de Meirás, propiedade dos pais da noiva. No ano 1873 toda a familia Pardo Bazán viaxa a Europa, o que esperta en dona Emilia o interese polos idiomas e a literatura de cada país na lingua orixinal, polo que aprende inglés e alemán de forma autodidacta . En 1876 nace o seu primeiro fillo, Jaime, ao que dedicará o seu único libro de poemas, e dáse a coñecer como escritora ao gañar o concurso convocado en Ourense para celebrar o centenario de Feijoo. A súa filla Blanca nace xunto coa súa primeira novela: Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina. Corre o ano 1880, e dona Emilia acepta a dirección da Revista de Galicia. A súa última filla, Carmen, nace un ano despois. Coa publicación duns comprometidos artigos incluídos en La cuestión palpitante, e tras a súa separación matrimonial, dona Emilia sofre duras críticas ás que responde de maneira dura e audaz. Non debeu ser sinxelo ser despois a amante "secreta" de Galdós durante vinte anos... Traballadora incansable, publica sen parar e consegue emprender unha nova aventura xornalística coa revista Nuevo Teatro Crítico (1891), escrita completamente por ela. En 1892 funda e dirixe a Biblioteca de la Mujer, ofrecendo aos lectores unha colección de obras clave para o feminismo. É a autora do primeiro texto moderno feminista, a primeira muller nomeada Presidenta da Sección de Literatura no Ateneo de Madrid , a primeira nomeada Consejera de Instrucción Pública, a primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Lenguas Neolatinas da Universidad Central de Madrid... Consciente do sexismo dentro dos círculos intelectuais, tentou entrar na Real Academia de la Lengua en tres ocasións, pero non o conseguiu...debeu ser esta unha das poucas batallas que non gañou dona Emilia Pardo Bazán, unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes.
Obra
Debido a súa extenxión, ofrecese unha escolma da obra de Emilia Pardo Bazán nun documento PDF no apartado "Extras de Emilia"
Autor/a da biobibliografía: Susana Guitar Novo (2006)
Extras de Emilia
- Carta inédita
- Conto
- Noiteboa en Roma
- Reseñas xornais
- Escolma bibliográfica da obra de Emilia Pardo Bazán
- “La gallega”
- “La cigarrera”
- “La mujer”. Crónica sobre o Congreso feminista celebrado en París en 1900. Segundo a autora, trátase dunha erupción de lava que había de se producir logo de tanto tempo, lexislando, vivindo e obviando ás mulleres.
Extras sobre Emilia
- “Un largo pero temeroso vuelo”
- Guía de recursos documentais
- Especial Emilia Pardo Bazán na Festa da palabra silenciada
- “O galego lingua literaria para Emilia Pardo Bazán”
- “A evolución do pé”
Ligazóns...
- Emilia Pardo Bazán en Andaina
- Emilia Pardo Bazán no Álbum da ciencia
- Emilia Pardo Bazán na USC
- Casa Museo Emilia Pardo Bazán
- Catálogo Colectivo, Fondos no Consello da Cultura Galega
- Los artículos feministas en el Nuevo teatro crítico de Emilia Pardo Bazán
- Cervantes Virtual. Biblioteca de Autor
Bibliografía...
- SCARI, R.M. Bibliografía descriptiva de estudios críticos sobre la obra de Emilia Pardo Bazán Valencia, Albatros Hispanofila, 1992.
- GONZÁLEZ HERRÁN, J.M. Estudios sobre Emilia Pardo Bazán: in memoriam Maurice Hemingway, Santiago de Compostela, Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1997.
- FAUS SEVILLA, P. Emilia Pardo Bazán: su época, su vida, su obra A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2003.
- FREIRE LÓPEZ, A. Mª Estudios sobre la obra de Emilia Pardo Bazán: Actas de las Jornadas conmemorativas de los 150 años de su nacimiento A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2003.