culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Indice alfabético


Ambitos de ocupación

Olga Gallego Domínguez


Fotografía: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
-

Ámbitos de ocupación...

Nacida o 8 de decembro de 1923 na cidade de Ourense, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1955 ingresou por oposición no Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos, e en 1958 no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Tratábase dunha das poucas profesións que lle permitían a unha muller obter independencia económica e acceso ao coñecemento, investigación e desempeño de cargos de certa responsabilidade. Foi destinada ao Arquivo da Delegación de Facenda e Biblioteca Pública de Vigo e logo ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que dirixiría durante vinte años (1969-1989). Faleceu en Ourense o 4 de setembro de 2010.

A súa bibliografía arquivística é extensísima e versa sobre documentos, arquivos, sistemas arquivísticos e patrimonio documental, organización e descrición, acceso e difusión de arquivos, e formación de especialistas. Neste último campo exerceu o seu maxisterio sobre varias xeracións. As súas publicacións sobre organización de arquivos históricos provinciais, documentos de arquivo e agrupacións de documentos e os seus manuais de arquivística e de arquivos familiares son fitos fundamentais e de referencia para profesionais da arquivística no conxunto do Estado. Desde 1974 mantivo unha estreita colaboración intelectual con Pedro López Gómez, con quen comparte a autoría de numerosas obras.

A súa producción diversifícase en estudos sobre libros e bibliotecas, clero secular e regular, ciencias médicas e farmacolóxicas, sociedade, economía e administración, arte e urbanismo, arqueoloxía e museoloxía, biografía, historia e historia local, especialmente sobre Ourense e a súa provincia. O seu estudo sobre as mulleres ourensás no Antigo Réxime demostra que era capaz de realizar investigaciones que enlazan con liñas e preocupacións actuais, como as de xénero. A súa última achega sobre a comarca da Limia constitúe o peche de ouro das súas investigacións.

Este perfil intelectual compleméntase cun modelo de comportamento caracterizado pola laboriosidade no traballo cotián; xenerosidade no recoñecemento de colaboradores e colaboradoras; honra aos seus predecesores, como Xesús Ferro Couselo; ética cidadá de colaboración desinteresada con institucións culturais, como a Fundación Penzol e a Fundación Otero Pedrayo, da que formou parte do seu Padroado; o Museo, a Biblioteca Pública e o Arquivo Diocesano de Ourense; e asociacións e grupos de traballo, como o Grupo Marcelo Macías -do que foi presidenta (desde 1972)-, o Grupo de Arquiveiros de Galicia, ANABAD e ANABAD-Galicia, da que tamén foi presidenta.

Os seus méritos foron publicamente recoñecidos pola Real Academia de la Historia, que a nomeou correspondente (1980); pola Real Academia Galega (1986), é a primeira muller que accedeu a esta institución; e pola ANABAD. Recibiu o Premio Trasalba 2008 da Fundación Otero Pedrayo, o Lazo da Orde de Afonso X O Sabio, a Medalla de Prata de Galicia, a Medalla Castelao e a Medalla de Anabad.


Autor/a da biobibliografía:

Extras de Olga 

Extras sobre Olga

232_001.jpg
232_001.jpg
232_002.jpg
232_002.jpg
232_003.jpg
232_003.jpg
232_004.jpg
232_004.jpg
232_005.jpg
232_005.jpg
232_007.jpg
232_007.jpg
232_008.jpg
232_008.jpg
232_010.jpg
232_010.jpg
232_018.jpg
232_018.jpg
232_021.jpg
232_021.jpg
232_026.jpg
232_026.jpg
232_28B.jpg
232_28B.jpg
232_036.jpg
232_036.jpg
232_00C.jpg
232_00C.jpg
232_039.jpg
232_039.jpg
232_39B.jpg
232_39B.jpg
232_040.jpg
232_040.jpg
232_041.jpg
232_041.jpg
232_a.jpg
232_a.jpg
232_045.jpg
232_045.jpg
232_048.jpg
232_048.jpg
232_48B.jpg
232_48B.jpg
232_049.jpg
232_049.jpg
232_49B.jpg
232_49B.jpg
232_e.jpg
232_e.jpg
232_056.jpg
232_056.jpg
232_56B.jpg
232_56B.jpg
232_059.jpg
232_059.jpg
232_064.jpg
232_064.jpg
232_073.jpg
232_073.jpg
232_74.jpg
232_74.jpg
232_75.jpg
232_75.jpg
232_76.jpg
232_76.jpg
232_77.jpg
232_77.jpg
232_78.jpg
232_78.jpg
232_79.jpg
232_79.jpg

Ligazóns...

Bibliografía...

Untitled Document