- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Rosa Bassave Roibal
Anarquista galega: A nosa vida é a nosa loita
Ámbitos de ocupación...
Acción político - social
Literario / Letras
Se albiscamos a paisaxe da contestación social na Galiza durante os últimos 35 anos, de seguro que poucas figuras houbo máis omnipresentes, dinámicas e apreciadas acá e acolá que unha muller loura e pequeneira, de ollada franca, riso potente e rouco son de voz, como se do mar do Orzán se tratase, que atendía polo nome de Rosa Bassave ás veces transmutado polo de María Balteira, pseudónimo por certo moi propio da súa festeira ironía. Nada lle foi alleo: loita de clases; feminismo independente; “cozinha natural” vexetariana; a nosa lingua reintegrada; solidariedade internacionalista, con Alxeria e Colombia no corazón; recuperación da “memoria d@s vencid@s” e reivindicación da militancia anarquista represaliada; teima a prol do territorio; os “atrezzos” teatrais das primeiras representacións de Vidal Bolaño… Sen esquecer, ademais, o traballo cotián e a vida libre a carón dos achegados: Alberte de Esteban “O Roxo”, o seu namorado por máis de corenta anos; Gael, Brais e Iris, os seus fillos.
Rosa naceu no coruñés barrio da Gaiteira, ata onde ía Alberte a pedaladas na súa inconfundible (para os coruñeses e coruñesas daquel entón, acabada de estrear a década dos 70 do século pasado) bicicleta cor rosa, dende a barriada de Monte Alto, situada noutro extremo da cidade. Tras deixar ela aos 18 anos o traballo nunha empresa de montaxes eléctricas e xa casados polo civil, ambos compartirán en diante angueiras e inquedanzas sociais e políticas. Primeiro, emigración a Barcelona, París e Inglaterra, cos primeiros contactos co nacionalismo; despois, regreso a Compostela, respectivas carreiras de Historia e integración na UPG e no BNPG (1976-1977). Ao cabo, fondas discrepancias políticas alentaron unha decisión que marcará o devir da parella: o nada cómodo compromiso co universo libertario, marxinado e perseguido polo sistema político xurdido a partir da morte de Franco.
En paralelo e concordando co espírito das Jornadas Feministas Estatales realizadas en Granada (1979), Rosa comezará un delongado activismo no movemento feminista crítico coa tutela dos partidos políticos e será moi coñecida pola súa presenza nas imaxinativas accións de rúa do feminismo compostelán naquel tempo da Transición. Logo, a súa firme defensa do protagonismo da muller na sociedade ficou explícita en múltiples colaboracións nas revistas Andaina, Festa da Palabra Silenciada e, sobre todo, no seu papel como redactora da publicación compostelá @narquista (1998-2004), na que desenvolveu unha ampla temática: dende os alicerces da independencia feminina, ata a prostitución; da negación por parte das relixións, á inxusta condición da muller do mar.
Rosa e Alberte participaron de maneira sinalada na recuperación do movemento libertario santiagués a cabalo dos anos 80 e 90: Federación Anarco-Comunista Galega (1979), revista Arco da Vella (1981-82), refundación da CNT compostelá (1983), Mulheres Livres (1987), Ateneo Libertario de Compostela (1997), Radio Kalimera… Ademais, Rosa Bassave foi a primeira muller en asumir (2005) a secretaría da CNT galaica, á que representou en numerosas ocasións dende a tribuna e como conferenciante.
Por outra parte e dende 1986, Rosa tamén exerceu como directora da Biblioteca da Facultade de Matemáticas da USC, colaborando nalgunhas exposicións bibliográficas do libro galego (1988) e asistindo a eventos de índole profesional, caso da BiblioArchi organizada (2005) na Habana.
Muller pola que nunca houbo que agardar cando se precisou do seu concurso sen importar de quen xurdise a iniciativa, Rosa formou parte así mesmo do Consello da Memoria (2006-2009), organismo consultivo da Consellería de Cultura en materia de políticas públicas a prol da “memoria d@s vencid@s”.
Tras o seu pasamento, unha “comisión de feministas das rúas” rendeu homenaxe ao seu xeneroso e vitalista compromiso ético coa Humanidade adoecida, nun multitudinario e sentido acto celebrado na compostelá Biblioteca Concepción Arenal, no que se presentou unha antoloxía dos seus escritos, incluídas poesías inéditas e receitas de cociña. Porque, se ben nunca poderá ser substituída, Rosa Bassave deixou un inesquecible ronsel de fraternidade.
Obra
de Rosa Bassave Roibal BASSAVE, R. (María Balteira) : “Cociña Natural. Os Cachelos”, Arco da Vella. Pensamento Libertario Galego, Santiago, (Inverno 1981). BASSAVE, R. : “Que é o parto natural?”, Arco da Vella. Pensamento Libertario Galego, Santiago, (verán 1981). BASSAVE, R. (María Balteira) : “Cociña Natural. As Potaxes”, Arco da Vella. Pensamento Libertario Galego, Santiago, (verán 1982), p. 22. BASSAVE, R. : “A man sabia”, Festa da Palabra Silenciada, Vigo, (febreiro 1987). SANTAMARINA, A., ÁLVAREZ GARCÍA, I. e BASSAVE ROIBAL, R. M.: O libro galego onte e hoxe, 1988: Catálogo da Exposición Bibliográfica, Federación de Libreiros de Galicia/Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 1989. BASSAVE, R. : “Federica Montseny: loitadora pola liberdade”, Andaina, revista do Movemento Feminista Galego, Santiago, (1994), p. 55-56. BASSAVE, R. : “Emma Goldman, Viviendo mi Vida”, Andaina, revista do Movemento Feminista Galego, Santiago, (1996). BASSAVE, R. : “A Independência”, @narquista, Santiago, (Maio 1998), p. 6. BASSAVE, R. : “Argelia no coraçâo”, Outras Vozes, Revista Galega para a Solidariedade, Santiago, (febreiro 1998). BASSAVE, R. : “Umha mulher na revoluçâo social: Louise Michel, anarquista e feminista”, @narquista, Santiago (Setembro 1998). BASSAVE, R. : “As religiôes e a mulher”, @narquista, Santiago, (Outono 1999), p. 6-7. BASSAVE, R. : “Lucía Sánchez Saornil”, @narquista, Santiago, (Inverno 1999), p. 8-9. BASSAVE, R. : “Mulheres em marcha”, @narquista, (Inverno 2000). BASSAVE, R. : “Prostituçâo II”, @narquista, Santiago, (Outono 2000), p. 5-7. BASSAVE, R. : “A mulher “velada”, @narquista, Santiago, (Outono 2001), p. 7-8. BASSAVE, R. : “Mulher e trabalho”, @narquista, Santiago, (Primavera 2001), p. 6-7. BASSAVE, R. : “Colómbia”, @narquista, Santiago, (Primavera 2002). BASSAVE, R. : “Marcha Mundial de Mulheres”, @narquista, Santiago, (Primavera 2002). BASSAVE, R. : “Nem guerra que nos mate nem paz que nos oprima”, @narquista, Santiago, (Outono 2002), p. 25, 32. BASSAVE, R. : “O Objecto: A repressâo contra as mulheres”, @narquista, Santiago, (Outono 2003), p. 8-9. BASSAVE, R. : “A violencia que nâo condenam”, @narquista, Santiago, (Outono 2004). BASSAVE, R. : “O mal non acouga”, Marea Negra, Ferrol, novembro-decembro 2004. BASSAVE, R. : “Memória das Casas Anarquistas”, Solidariedade Obreira, Santiago, (Maio 2007). BASSAVE, R. e MERA, M.: “1º de Maio, reivindicativo ou virtual?", Tempos Novos, Santiago, (Maio 2008). BASSAVE, R. : “Abortar na Galiza”, Anarcosindicalista, novembro-decembro 2009. BASSAVE, R. : “Mulher e Movimento Libertário”, Gaiola Aberta, Santiago, (Xullo 2009). BASSAVE, R. : “Onde estâo as mulheres do mar da Galiza?”, Solidariedade Obreira, Santiago, (Outubro 2012), p. 4. BASSAVE, R.: Você sabe e eu conheço. Cumplicidade no olhar. Movemento Feminista, 2013. |
Autor/a da biobibliografía: Dionisio Pereira (2013)
Ligazóns...
- Rosa Bassave, unha vida de enerxía e loita. Video realizado por Uqui Permui, Santiago de Compostela 2012.
- “Complicidade no olhar”. Sentida necrolóxica de Andrea Nunes Brións editada na web de crítica literaria A Sega:
- El feminismo de Compostela recuerda a Rosa Bassave. Editado na web da CNT
Bibliografía...
- FENTE, ELVIRA: Parir a liberdade. O movemento feminista en Galicia, Alvarellos, 2010.