- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Grupo Saudade
Gaiteiras de Ribadeo, pioneiras da música folclórica galega liderada por mulleres.
Ámbitos de ocupación...
Artístico
Musical
Nota: Para a elaboración desta entrada biobibliográfica as principais fontes documentais empregadas son as entrevistas realizadas ás integrantes do grupo Saudade, a Xosé Seivane e a Daniel Rodríguez Saavedra (membro da Xunta Directiva de Amigos da Gaita).
A década dos sesenta, caracterizada por grandes transformacións culturais, ideolóxicas e económicas, constitúe un punto de inflexión na nosa historia. Por tanto, foron moitos os acontecementos que estaban a causar impacto na sociedade galega daqueles tempos, unha época de efervescencia sociopolítica na que a reivindicación do papel das mulleres na ámbito da música vai ter a súa cerna da man dun grupo de gaiteiras, Saudade, que, lideradas por Carlos e Amando Suárez Couto e no marco da Asociación Amigos da Gaita Galega, deron vida ao primeiro grupo do seu xénero xurdido en Galicia, España e posiblemente Europa, formado integramente por mulleres.
O Grupo Saudade comezou a súa andaina no ano 1961 na vila de Ribadeo (Lugo) en vésperas da Xira de Santa Cruz, festival popular e folclórico que ten lugar, dende os anos 40, no Monte de Santa Cruz de Ove a primeira fin de semana de agosto e xermolo da celebración do Día da Gaita. Tras dous duros anos de ensaio, presentábanse a esta vila mariñá as primeiras compoñentes do Grupo Saudade: Maribeni Loredo, Oliva Bellón, Julia Bellón, María Dolores Forés, Elena Fernández, Conchita Redondo, María Teresa Amor e Teresa Rodríguez. Tras a emigración dalgunha das compoñentes, engadíronse á formación Mari Carmen Carnota, Carmucha Pérez e Maruja Louseira. Glorita Alonso e Marisa Pena foron as seguintes en incorporarse, seguidas de Menchu Rodríguez, Aurora Gómez, Laura Alonso e Fefa Louseira.
Inicialmente a formación constaba de oito mulleres (seis gaitas, tambor e pandeiro), para rematar sendo dez as compoñentes de Saudade, unha formación pouco común na época no que se refire tanto ao número de compoñentes como ao xénero.
Estas mulleres tiñan que compaxinar as súas tarefas diarias cos puntuais ensaios co seu instrutor, Primitivo Díaz Pérez (compoñente de varias formacións musicais, entre as que destacan Cantigas da Mariña e Os Quirotelvos, e creador e director de Follas Novas e da tuna do Instituto de Ribadeo), co mestre de música Ramón Fuertes Cruces “El Valenciano” e co mestre de “estilo” Carlos Suárez Couto. Na última etapa da formación Carlos Carnota comeza a colaborar na afinación do grupo.
A estrutura do Grupo Saudade era inédita, tal e como indica o seu creador no manuscrito da época reproducido no apartado “extras sobre” desta entrada biobibliográfica, sendo destacable “a utilización exclusiva do unísono para alcanzar un volume de son que imprime á melodía gallardía e brillantez”. O tipo de gaita empregada non era outra que a usada frecuentemente na provincia de Lugo, composta por punteiro, roncón e ronquillo, afinada en si bemol.
O repertorio da formación estaba integrado por composicións propias e adaptacións de pezas populares. As composicións corrían a cargo de Amadora -irmá de Carlos- e de Amando Suárez Couto, e das adaptacións de pezas populares encargábase Primitivo Díaz.
Cabe mencionar que o financiamento do grupo correu a cargo dos irmáns Suárez Couto. Mercáronlle gaitas, tambor e pandeiro a Paulino Pérez Sánchez, un dos mellores construtores do momento, confeccionaron os traxes e achegaron toda a infraestrutura necesaria para que o grupo Saudade acadase un lugar destacado no panorama folclórico do momento, pero a cambio do compromiso e da dedicación dunhas ilusionadas rapaciñas de entre 12 e 14 anos, que chegaron a cobrar arredor de 400 pesetas cada unha por saída, a dispor dun minibús mercado por “Lilo”, responsable da empresa de transporte que cubría os desprazamentos do grupo, e a seren cabeza de cartel de calquera festa ou festival que se prezase. Non importaba o prezo que había que pagar, toda a vila quería ver desfilar aquelas meniñas que tocaban coma os anxos, tal e como reflicte a escritora, poetisa e dramaturga Carmiña Prieto Rouco no seu poema “Sinfonía de fadas”, reproducido no apartado “extras sobre” desta entrada biobibliográfica.
A indumentaria que usaban era a típica ribadense do século XVIII e para confeccionar os seus traxes documentáronse na Real Academia Galega, no Ballet Gallego Rey de Viana e en cadros do pintor ribadense Fierros.
Amenizaron tanto a inauguración do ferrocarril da Costa como a do primeiro barco conxelador de gran porte de Pescanova en Vigo. Tocaron na casa de Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no ano 2012 no Día das Letras Galegas, e filmáronas en Betanzos para a película Así es Galicia, documental dirixido por Santos Núñez en 1964, así como para o filme España Insólita, dirixido por Javier Aguirre en 1965. Estiveron no Gran Teatro de Lisboa e na televisión e radio portuguesa en dúas ocasións, percorreron Galicia, Asturias, Zamora, Salamanca... e, mesmo, as chamaron de Nova York para a celebración do Día da Hispanidade ou de Porto Rico. Compartiron escenario co Dúo Dinámico e con Lola Flores, e o NODO e os principais medios de comunicación tamén se fixeron eco destas ribadenses.
En 1996 e a raíz da súa aparición na Televisión de Galicia, no programa Luar, Saudade volvía desfilar polas rúas ribadenses durante a Cabalgata de Reis dese mesmo ano e na celebración da Xira de Santa Cruz no ano 1997. En 2010, presentouse o documental Saudade, retrato en si bemol de María Acuña, da que son protagonistas.
Recentemente, en marzo de 2013, a vila de Ribadeo inauguraba unha rúa dedicada a esta formación. En agosto dese mesmo ano recibía ao Grupo Saudade como pregoeiro da Xira de Santa Cruz, que encheu de bágoas e morriña dun tempo pasado os corazóns daquelas mulleres e homes que tiveron a oportunidade de asistir ao nacemento dun fito como foi Saudade.
Autor/a da biobibliografía: María Acuña Rodríguez (2013)
Extras de
- Documento de Rexistro da propiedade industrial do grupo Saudade
- Manuscrito de presentación do grupo Saudade
- Mecanoscrito do listado de actuacións do grupo Saudade de anos 1961 a 1965
- Mecanoscrito do repertorio do grupo Saudade
Extras sobre
- “El único conjunto de gaiteras del mundo”. Artigo de Jorge Victor Sueiro
- “ ‘Saudade’ el primer grupo de gaiteras que existe en España”.
- “El grupo folklórico de Ribadeo”.
- “Compostela aplaudió a las gentiles gaiteiras ribadenses”.
- “Fiestas Mayores de Ourense. Éxito del Grupo de Gaiteiras “Saudade”, de Ribadeo”.
- “Del éxito de “Saudade”, en Orense”.
- “Sinfonía de fadas”.
- “El Grupo “Saudade” en las calles de nuestra ciudad”.
- “Aires gallegos a orillas del Tormes”.
- “Las gaiteiriñas de Ribadeo en las fiestas de Mieres”.
- “Las gaiteras de Ribadeo”
- “Apoteosis de la fiesta”.
- “Las gaiteras de Ribadeo en Orense”.
- [Nota con fotografía] publicada en La Región (1963)
- “En Lisboa. Las gaiteiriñas de “Saudade” son aplaudidas con desbordante entusiasmo”.
- “Las gaiteras de Ribadeo en la “Fiesta del Bollo” de Avilés”.
- “Desde Oviedo, Especial para La Comarca”.
- [Nota con fotografía] publicada en El Diario Español de Montevideo (1965)
- “Ribadeo rinde homenaje a dos mujeres en sus nuevas calles y espacios públicos”.
- “Ribadeo, con los 50 años del que fuera primer grupo de gaiteiras”.
- “Meniñas de Saudade, otras mujeres con historia en Ribadeo”.
- “La Casa do Mar de Ribadeo se quedó pequeña en el homenaje al grupo de gaiteiras Meniñas da Saudade”.
- “Reconocimiento al grupo de gaiteiras Saudade”.
Ligazóns...
- No mes de xuño de 2013 o Museo do Pobo Galego dedica un Café da memoria a gaiteiras. Participan, entre outras, excompoñentes do grupo saudade
- Nova publicada en La Voz de Galicia na que se da conta da participación do grupo Saudade na Xira de Santa Cruz de ano 2013
- Nova sobre a homenaxe do Concello de Ribadeo ás gaiteiras do grupo Saudade en oito de marzo de 2013
- Información sobre Paulino Pérez Sánchez. O artesán que construíu as gaitas, tambor e pandeiro do grupo saudade, impulsor e creador, xunto con Santalices, en 1950 do taller de gaitas e zanfonas da Deputación de Lugo.
- Rúa Meninas da Saudade en Ribadeo
- Xornada Son de Mulleres en Ribadeo
- Xornada Son de mulleres en Sermos Galiza
- Programa da Xornada Son de Mulleres
- Poesías dedicadas a Saudade de Carmiña Prieto Rouco:
- Poesía dedicada a Saudade de Faustino Pulpeiro Acebo
- Retratos das Saudade
- Retratos das integrantes de Saudade
- Entrevista a Teresa Rodríguez do Grupo Saudade
- Entrevista a Teresa Rodríguez, integrante do Grupo Saudade
- Información do grupo Saudade na web do Concello de Ribadeo
- Saudade no blog do CIM de Ribadeo
- Saudade en blogspot
- Saudade no blog Atalaia
- Historia da asociación ligada a Saudade Amigos da Gaita Galega de Ribadeo