- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María del Portal Panisse
A boticaria da liberdade
Ámbitos de ocupación...
Médico / Sanitario
A vida é sempre ben incerta: se coa chegada da II República, o 14 de abril de 1931, non se paralizasen por dous anos as oposicións ao Ministerio da Gobernación, Santiago non tería a botica da licenciada Panisse Ferrer na rúa de Fonseca, e a saúde sexual e reprodutiva de moitas mulleres nos anos terríbeis da ditadura franquista sería aínda máis tráxica.
María del Portal Emiliana Panisse Ferrer «Maruxa», a boticaria da liberdade, naceu na Coruña o 11 de outubro de 1914, o mesmo ano que comezaba a gran guerra ou Primeira Guerra Mundial, ano de emigración masiva a América desde o porto da Coruña, onde as mulleres de «mans negras» sobrevivían traballando arreo no peirao carretando baúis, maletas e todo tipo de vultos de quen ían facer as «américas». Naceu nunha das moitas familias liberais, ilustradas e cultas que existían na Coruña daquela época.
Viviu en San Andrés, no Orzán, en María Pita e, como era habitual naquela altura, para mudar de aires, pasaba os veráns coa súa familia no rural, máis concretamente en Almeiras (onde quizais coincidise con Sofía Casanova).
Estudou no colexio do Pilar, a onde había que levar a cadeira, nas «Xosefinas» e no Instituto Eusebio da Guarda. Ao tempo que estudaba 7º de bacharelato e a carreira de perito mercantil, prepara a reválida e tamén oposicións ao Ministerio da Gobernación. Estas foron conxeladas polo goberno da República, co que se lle pechou esta posible saída profesional e laboral.
No que atinxe á elección da carreira, ela tiña a idea de facer Biolóxicas, mais isto obrigábaa a desprazarse a Madrid e a familia non dispuña de recursos suficientes para isto. Vai ser o seu compañeiro de instituto e amigo persoal Luís Díaz quen a anime a estudar Químicas en Santiago, carreira en que se matricula, despois dun grave accidente, no ano 1932. No seu tempo de estancia na universidade, relaciónase co círculo galeguista de Tenreiro, Xosé «Pepe» Abad, Pedro Brañas, Francisco «Paco» del Riego e chega a se facer moi amiga de Evelina Hervella, quen máis tarde se casará con Del Riego. Coñece, ademais, a Enrique Ríos Suárez, comunista e licenciado en Químicas, con quen vai iniciar unha relación de parella a partir de 1935.
Remata a carreira de Químicas en setembro de 1937 e volve á Coruña. Alí comeza a estudar Maxisterio e a impartir aulas, primeiro nas «Xosefinas» e logo na Academia de D. Ángel del Castillo. No ano 1941, remata Maxisterio e casa con Enrique Ríos Suárez, quen naquela altura era socio dunha industria farmacéutica, con sede en Vilagarcía, que dispoñía de varias patentes. O fracaso desta iniciativa fará que a parella se traslade Santiago de Compostela. A súa primeira vivenda nesta cidade estaba situada na rúa da Algalia, mais as malas condicións do edificio farán que axiña se instalen na rúa de Castrón Douro, número 6, nunha casa con horta onde vivirá a parella e nacerán as súas dúas fillas (Adela e María do Carme «Menani») e o seu fillo (Enrique «Pancho»). O seu perfil de muller republicana, formada na Institución Libre de Enseñanza, ben se evidencia na elección do tipo de educación que escolle para as súas fillas e fillo: «porque a escola franquista adoutrinaba», elixe para a súa formación a Preceptoría, que co tempo se vai transformar na Academia Minerva.
No que toca ás actividades laborais, unha vez chegada a parella a Santiago, Maruxa consegue un traballo de mestra no colexio das Orfas e Enrique accede a un posto de axudante na universidade ata o remate da carreira de Farmacia. Será entón cando abra a botica na rúa de San Pedro.
No ano 1952, detéctaselle a Enrique Ríos unha grave enfermidade coronaria que acabará coa súa vida seis anos despois e a descuberta desta enfermidade intervén na decisión de Maruxa de comezar a facer a carreira de Farmacia. No ano 1957, unha vez licenciada, abre unha botica na rúa de Fonseca, da que é a titular. Esta vai ser atendida por ela e a súa forma de traballo configúraa como «boticaria da liberdade».
Maruxa foi unha muller humanista, hixienista e, sobre todo, libre. Unha liberdade que se fai ben patente durante os duros e escuros anos do franquismo. Anos de restricións de carácter político, social e cultural especialmente duros para as mulleres. Anos en que está prohibida a práctica do aborto e o emprego de calquera método anticonceptivo diferente ao do ineficaz calendario ogino. E anos en que Maruxa, saltando as regras impostas polo goberno, comercializa na súa botica calquera tipo de anticonceptivo sen receita médica (pílula, preservativo…). Trátase dun comportamento único en Compostela, unha mostra de apoio á libre decisión das mulleres de elixir cando e como queren ser nais e que reverte nunha inmensa tranquilidade e sosego para elas.
Outro exemplo que fala do comportamento e a responsabilidade social de Maruxa como boticaria está no feito de se negar a vender sen receita a centramina e outros estimulantes utilizados polo estudantado universitario. Afirmaba que a súa composición podía danar as persoas que abusaban destas substancias.
Nunha aldea de Galiza unha muller xa de idade, falando con outras mozas, dicía: «neniñas, vós tedes moita sorte porque vivistes dúas revolucións que mudaron a vida das mulleres: a da lavadora e a da píldora; a primeira sandou a barriga, os pés e as costas do frío e da cara; a segunda quitouvos o medo do corpo». De ter escoitado isto Maruxa Panisse Ferrer seguro que botaría un sorriso desde a porta da súa botica na rúa de Fonseca.
Autor/a da biobibliografía: Encarna Otero Cepeda (2013)