- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María Victoria Moreno
A reivindicación da literatura infantil e xuvenil
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Docente
Investigación / Científico
María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. En Madrid licenciouse en Filoloxía Románica, onde tivo como profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade. Despois dunha estadía en Lugo e Vilalonga (Sanxenxo) volve a Pontevedra, onde foi profesora nos institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, desde os anos 80 ata a súa xubilación.
Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia.
Como profesora, afanábase na procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe. Fronte ás prohibicións, a censura e o medo, María Victoria ofrecía liberdade e xogos. Alimentaba os seus "cachorros" de palabras fermosas. A eles deixou en herdanza a súa biblioteca persoal.
Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. De nena escapaba da triste realidade da posguerra coa fabulación de historias e na adolescencia escribiu unha novela, que se chamaría co paso do tempo Donde el aire no era brisa. Pedro Ferriol, compañeiro durante os seus últimos anos, presentou a obra ao concurso literario de Monleón, onde foi merecedora do primeiro premio. Quedou finalista do Premio Café Gijón e co relato La casa de las Marías obtivo o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães.
Despois, xa en Galicia, adquiriu o compromiso de escribir só en galego. Contaba María Victoria que soñara Mar Adiante como a singradura dunha escola ideal. O conto "Crarisca e Luceiro" levou o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís "O Facho" en 1972. Leonardo e os fontaneiros (1986) era a súa obra preferida. Esta novela, que propón diferentes formas de lectura, reflicte o mundo interior dun rapaz e a súa amizade cun can da rúa. Levou o terceiro premio do concurso "O barco de vapor" en 1985. Anagnórise (1989) é unha das obras con máis éxito da literatura xuvenil galega. A xeito de "road-movie", unha muller misteriosa recolle no seu coche a un desorientado adolescente que emprenderá unha viaxe cara ao coñecemento. Guedellas de seda e liño (1999), mención especial White Ravens 2002, retrata dous mundos, o paio e o xitano, a través da vida de dúas nenas e un primeiro amor. No 2004, afectada polo cancro de mama que lle levou a vida, escribiu Diario da luz e a sombra, reflexión sincera e valente sobre os efectos da enfermidade.
María Victoria era xenerosa e decidida, valorosa ante a vida, o amor e a morte. Malia ter pasado por momentos moi duros, apostaba pola esperanza. Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".
Obra
de María Victoria Moreno MORENO, M.V.: "Crarisca e luceiro", Mar adiante, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1973. MORENO, M.V.: Los novísimos de la poesía gallega, Madrid, Akal, 1973. MORENO, M.V.: Mar adiante, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1973. MORENO, M.V.: "O cataventos", Contos para nenos, Vigo, Galaxia, 1979. MORENO, M.V.: A festa no faiado, Vigo, Galaxia, 1983 MORENO, M.V.: "Comentarios de texto: descubrir a realidade", Xornadas da Lingua Galega no Ensino, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1984. MORENO, M.V.: Literatura Século XX , Vigo, Galaxia, 1985. MORENO, M.V.: Leonardo e os fontaneiros, Vigo, Galaxia, 1986. MORENO, M.V.: "Nico e Miños", 8 contos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1989. MORENO, M.V.: O cataventos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989. MORENO, M.V.: "Querida avoa", Lerias, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. MORENO, M.V.: As linguas de España, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991, (Andel). MORENO, M.V.: Verso e prosa, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991, (Andel). MORENO, M.V.: "M.V.M., una profesora feliz de serlo", CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil, Barcelona, nº 41 (julio-agosto 1992). MORENO, M.V.: "S.O.S.", Contos de hogano, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 1992. MORENO, M.V.: "O libro das saudades e os degoiros", Ruta Rosalía 1993, Caixa Galicia. Santiago de Compostela, 1993. MORENO, M.V.: "Pan con chocolate", Relatos para un tempo novo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993. MORENO, M.V.: "Querida avoa", Contos do Castromil, Vigo, 1993. MORENO, M.V.: "Discurso pronunciado por Xesús Alonso Montero no acto no que recibiu o Pedrón de Ouro", Comentarios de textos populares e de masas, Vigo, Xerais, 1994. MORENO, M.V.: "¿Escritora alófona eu?", Alonso Montero, X., Poetas alófonos en lingua galega, Vigo, Galaxia, 1994. MORENO, M.V.: ¿Un cachiño de bica?, Vigo, SM, 1994. MORENO, M.V.: Anagnórese, Vigo, Galaxia, 1997. MORENO, M.V.: ¿E haberá tirón de orellas?, Vigo, Galaxia, 1997. MORENO, M.V.: "¡Xa non teño medo!", A maxia das palabras, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1998-1999. MORENO, M.V.: "Estou a escribir a contrarreloxo". Entrevista con Xosé A. Neira Cruz. Fadamorgana, Santiago de Compostela, nº 3 (decembro 1999). MORENO, M.V.: A brétema, Vigo, Ir Indo, 1999. MORENO, M.V.: Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999. MORENO, M.V.: "Amigos de mil cores", Campaña de Lectura 2001, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001. MORENO, M.V.: "Carta de amor", Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2003. MORENO, M.V.: "O encontro", Un libro, a mayor aventura, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2003 MORENO, M.V.: "O grumete", Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2004. MORENO, M.V.: Diario da luz e a sombra, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2004. MORENO, M.V.: Eu conto, ti cantas, Xerais. Vigo. 2005 MORENO, M.V.: Elexías de luz, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2006. |
Autor/a da biobibliografía: Alejandra Soto Meijomence (2007)
Extras de María Victoria
Extras sobre María Victoria
- María Victoria na prensa
- Entrevista a María Victoria Moreno
- Artigo sobre María Victoria Moreno
- María Victoria Moreno critica os contidos moralizadores dos libros para nenos
- Un legado de María Victoria Moreno
- A Mª Victoria Moreno, in memoriam
- Homenaxe a María Victoria Moreno
- Hasta siempre, María Victoria
- Un ramiño de bicos para María Victoria
Ligazóns...
- "Homenaxe a María Victoria Moreno por Fina Casalderrey" no web de A sega
- María Victoria Moreno na Biblioteca Virtual Galega
Bibliografía...
- SOTO LÓPEZ, I., “Á beleza polo lirismo e a ternura. Achegamento á obra de María Victoria Moreno”, Fadamorgana, Santiago de Compostela, nº 3 (decembro 1999)
- BRAGADO, M., “Mª Victoria Moreno, in memoriam”, Xornal.com (23-XI-2005)
- BRAGADO, M., “Elexías de luz”, Xornal.com (18-IX-2006)