- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Andrea López Chao
Unha mestra galega na emigración
Ámbitos de ocupación...
Docente
Acción político - social
Médico / Sanitario
Dentro dos escasos ámbitos de ocupación que as mulleres puideron desempeñar ao longo da historia, alén do ámbito puramente doméstico, a docencia foi un dos máis sobranceiros. Presentamos deseguido algúns trazos biográficos e documentos dunha mestra galega vencellada ao mundo da emigración galega en Cuba. Andrea López Chao foi docente no Centro Gallego da Habana, ademais de ocupar relevantes cargos dentro do movemento societario galego da capital de Cuba. Participou tamén no activismo feminista cubano.
Xa que logo, a actividade de Andrea López temos que encadrala dentro dunha das experiencias educativas máis importantes da emigración en Cuba: o colexio do Centro Gallego da Habana. En efecto, o Centro Gallego da capital de Cuba ofreceu desde a súa creación, en 1879, unha ampla oferta docente aos seus asociados, destacando por un ensino eminentemente práctico destinado á inserción laboral dos emigrantes. Andrea López foi unha das máis distinguidas profesoras deste centro de ensino, centro que levaba o nome dunha das máis destacadas penalistas galegas: Concepción Arenal.
No entanto, a influencia de Andrea López Chao non se restrinxiu ao seu papel como docente. Así, a nosa protagonista desempeñou tamén un destacado papel no movemento societario galego da Habana. López Chao foi dirixente dunha das principais sociedades galegas da capital de Cuba: Hijas de Galicia. Esta entidade, dedicada á protección e coidado da muller emigrante, creouse en 1917 perante a ausencia dunha cobertura sanitaria para as mulleres galegas na Habana. O Centro Gallego, principal institución mutual, só ofrecía servizos sanitarios aos homes, deixando ás mulleres nas mans dos hospitais públicos cubanos. En 1912 a sociedade Solidaridad Pontevedresa decidiu comezar a dar cobertura sanitaria ás mulleres e en 1917 transformouse na xa comentada Hijas de Galicia. Ora ben, debemos chamar a atención sobre unha importante contradición: se ben as mulleres eran as principais destinatarias dos servizos médicos, iso non significaba que tamén ocuparan os principais postos de responsabilidade dentro da entidade. Houbo que agardar ata 1919 para que as mulleres puideran acceder á Xunta Directiva e que a vicepresidencia segunda da sociedade estivese reservada para unha muller. Sería precisamente este cargo o que ocuparía, en numerosas ocasións, Andrea López Chao, desde o cal axudou a mellorar cada vez máis a atención sanitaria ás mulleres galegas en Cuba. Así, en decembro de 1919 foi elixida vicepresidenta segunda da sociedade Hijas de Galicia, sendo a primeira muller que ocupou este cargo. De Andrea López partiu tamén a proposta de denominar Concepción Arenal o sanatorio da sociedade Hijas de Galicia, que co tempo convertería nun centro médico de referencia na atención á muller en Cuba.
Un terceiro ámbito de actuación de Andrea López foi o eido feminista. En efecto, en 1923 participou, representando á sociedade Hijas de Galicia, no I Congreso Nacional de Mujeres. Para entender este evento temos que remontarnos ata 1918, nese ano fundouse o Club Femenino de Cuba, entidade que significou un salto adiante na loita polos dereitos da muller en Cuba. En 1921, por iniciativa do Club Femenino, creouse a Federación Nacional de Asociaciones Femeninas de Cuba, entidade que organizou o I Congreso Nacional de Mujeres, xuntanza que se celebrou na Habana entre o un e o seis de abril de 1923. No marco deste congreso Andrea López pronunciou un discurso en que amosaba cal era a súa opinión sobre o papel que a muller debía desempeñar na sociedade. A argumentación de Andrea López parte da importancia que lle concede á familia na conformación da sociedade. Sendo unha parte fundamental da familia, a muller debe asumir o rol de educadora de cidadáns, debendo contar necesariamente co apoio das institucións da sociedade. Para Andrea López o protagonismo da muller estaba no seo da familia: "En una palabra, la familia, y en su seno la mujer, es la destinada a educar la generación que crece para honra, defensa y engrandecimiento de la Patria; y a la Patria toca proteger con su escudo la seguridad y libertad de la familia". Como documento anexo a esta nota biográfica ofrecemos o discurso íntegro de Andrea López.
A docencia, o labor societario e a preocupación pola situación da muller foron os tres ámbitos de actuación desta muller galega en Cuba, paradigma do traballo e do sacrificio das mulleres na emigración.
Autor/a da biobibliografía: Prudencio Viveiro Mogo (2007)