- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Ángela Ruíz Robles
Mestra exemplar, escritora e inventora no eido da didáctica
Ámbitos de ocupación...
Empresarial / Prof. Liberais
Docente
Investigación / Científico
Pouco se sabe dos primeiros anos de vida de Ángela Ruiz Robles. Naceu no concello de Villamarín, provincia de León, no ano 1895, froito do matrimonio de Elena Robles, ama de casa, e Feliciano Ruiz, militar. Probablemente cursou os seus estudos superiores na Escola Normal de Mestras e Mestres de León. Neste mesmo centro impartirá as súas primeiras leccións a partir do curso 1915-16.
Entre as materias das que con seguridade foi docente na Escola Normal atópanse as de Taquigrafía, Mecanografía e Contabilidade Mercantil; as dúas primeiras foron ao longo da vida de Ángela Ruiz Robles obxecto de estudo e reflexión continua. Deste xeito, mellorar as prácticas e a metodoloxía de ensinanza nos ámbitos da taquigrafía e da mecanografía resultou ser o xermolo de boa parte da súa produción bibliográfica posterior.
Antes de chegar a Galicia aínda tivo unha estadía intermedia en Gordón (León). Aquí foi nomeada mestra directora da Escola por acordo unánime da Xunta Municipal do Concello do 16 de abril de 1917. O antedito centro escolar era sostido daquela grazas ás axudas da cunca mineira de Santa Lucía.
Só foron uns meses o tempo que Ángela Ruiz Robles permaneceu na vila leonesa xa que na convocatoria de 1918 obtivo praza de mestra co número dous das oposicións para o Maxisterio Nacional. Neste mesmo ano incorpórase ao seu destino na escola da parroquia de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol).
Houbo de quedar bo recordo da súa estadía en Mandiá xa que, segundo noticia recollida en El Ideal Gallego (18 de decembro de 1925), Ángela Ruiz, logo de levar dez anos [sic] á fronte da escola "realizando unha magnífica labor", obtivo o recoñecemento público dos veciños. Estes elevaron unha instancia colectiva, ao abeiro da Xunta Local e das autoridades, para solicitar "unha distinción oficial polos seus indiscutibles méritos". No mesmo artigo afírmase que a súa dedicación docente chegaba ao punto de, logo de pechar a escola, visitar moitos fogares da parroquia "para poñer leccións desinteresadamente".
O día 12 de outubro de 1929 pronunciou unha conferencia en Ferrol que se titulaba "Historia Patria de la Raza", recollida en distintas novas de El Correo Gallego, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego do 16 e 17 de outubro. En setembro de 1934 noméana rexente da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol.
Así transcorren os anos, nun quefacer monótono, tenaz e magnífico a prol da educación. Ata aquí a vida e obra de Ángela Ruiz Robles transcorreu polos vieiros da normalidade, a non ser polo seu indubidable interese polos asuntos sociais e a súa concepción ampla de miras da profesión que sempre exerceu: o maxisterio. Pero en breve tempo chegaría un momento clave, o primeiro annus admirabilis, 1938. Este ano publica os seus tres primeiros libros, os titulados: Compendio de ortografía castellana, Ortografía castellana e Taquigrafía martiniana abreviada moderna. Entre 1938 e 1946 edita e reedita a meirande parte da súa produción escrita, en total dezaseis obras. Debe incluírse na nómina, por alusións a el correspondencia persoal, o libro Prácticas telegráficas marítimas, a pesar de non ter constancia fidedigna da súa edición.
Durante estes mesmos anos Ángela Ruiz impartía clases particulares a opositores de Aduanas, Correos e Telégrafos; así mesmo preparaba o exame de ingreso ás Escolas de Altos Estudos Mercantís.
A súa vida docente complétase co seu labor futuro (entre 1945 e 1975) como profesora e directora da Escola Obreira Gratuíta, do Instituto Ibáñez Martín e da Academia para adultos Elmaca de Ferrol. Neste sentido, a carreira profesional de Ángela Ruiz Robles foi recoñecida co ingreso na Orde civil de Afonso X, o Sabio, con categoría de Cruz (22 de setembro de 1947); a imposición celebrouse con todo o boato no salón de actos do Concello de Ferrol (19 de xullo de 1950).
Por outra banda, cómpre comentar que a súa constante inquedanza didáctica e pedagóxica levouna a camiñar pola senda da inventiva. Neste eido, practicamente ermo en canto á presenza de mulleres españolas ata a década de 1970, dona Ánxela deseñou a máquina taquimecanográfica, un mapa e atlas lingüístico gramatical e unha enciclopedia mecánica, cos que obtivo abondosos recoñecementos e premios nos certames celebrados nas cidades de Zaragoza, Xixón, Barcelona, Madrid, París e Xenebra.
Finalmente, Ánxela Ruiz Robles foi, desde xuño de 1959, xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia e, desde setembro de 1973 xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional. A base fundamental do seu traballo profesional radicou sempre na necesidade vital de innovar nos ámbitos da pedagoxía e da didáctica.
Obra
de Ángela Ruíz Robles RUÍZ ROBLES, A.; Ortografía castellana práctica , A Coruña, Moret, 1940. RUÍZ ROBLES, A.: Ortografía castellana rápida , A Coruña, Moret, 1940. RUÍZ ROBLES, A.: Breve mecanografía al tacto , A Coruña, Moret, 1941. RUÍZ ROBLES, A.: Extracto taquigráfico rápido , A Coruña, Moret, 1941. RUÍZ ROBLES, A.: Gramática y narraciones históricas , A Coruña, Moret, 1941. RUÍZ ROBLES, A.: Taquigrafía martiniana abreviada moderna: sistema nacional, basado en la gramática del idioma , A Coruña, Moret, 1941. RUÍZ ROBLES, A.: Breves aclaraciones taquigráficas , A Coruña, Moret, 1944. RUÍZ ROBLES, A.: Esquema taquigráfico y mecanográfico , A Coruña, Moret, 1944. RUÍZ ROBLES, A.: Mapa científico gramatical , A Coruña, Moret, 1944. RUÍZ ROBLES, A.: El mejor regalo: ortografía , Madrid, Castro, 1946. RUÍZ ROBLES, A.: Ortografía , Madrid, Castro, 1946. RUÍZ ROBLES, A.: Ortografía amena e instructiva , Madrid, Castro, 1946. RUÍZ ROBLES, A.: El primer atlas gramatical del idioma español , Ferrol, Elmaca, 1958. RUÍZ ROBLES, A.: El primer mapa y atlas lingüístico gramatical , Madrid, Burotel, 1970. RUÍZ ROBLES, A.: Libros mecánicos , A Coruña, Burotel, 1970. RUÍZ ROBLES, A.: Taquigrafía aplicada a la máquina taquimecanográfica , Madrid, Burotel, 1970. |
Autor/a da biobibliografía: Luis Valle Regueiro (2007)
Extras de Ángela
- Nomeamento de Xestora Delegada
- Carta de Romualdo de Toledo
- Inscrición no Primeiro Torneo Nacional de Inventiva e Investigación
- Carta do Ministro de Comercio
Extras sobre Ángela
- Artigo escrito por Luis Matías López co título "Libros mecánicos audiovisuales" publicado na revista Dolar (sen lugar, sen data)
- Artigo escrito por Mayte Mancebo co título "Historia de la inventiva española" publicado na revista Diario femenino (16 de setembro de 1970)
- Artigo escrito por C. Marín Borrás co título Ángela Ruiz Robles publicado en Pueblo (2 de outubro de 1958)
- Nota escrita por F. Gómez co título "Al margen del congreso"
- Artigo de María Teresa Pérez de la Fuente titulado Tecnología aplicada a la enseñanza publicado no diario Ya (7 de outubro de 1970)
- Nota publicada na revista Técnica e invención (1975)
Ligazóns...
- “Ángela Ruíz Robles. La precusora del e-book”. Artigo de M. José Rodríguez Fórtiz e Rocío Raya Prida [última consulta: 11-2-2013]
- Homenaxe celebrada en maio de 1998 a Ánxela Ruiz Robles coa colocación dunha placa conmemorando a súa labor docente no C.P. Ibáñez Martín.
Bibliografía...
- GÓMEZ, F., "Al margen del Congreso", El mundo taquigráfico. Órgano de la Federación Taquigráfica Española adscrita al Servicio Español del Profesorado de Enseñanzas Técnicas, Madrid, n. 481 (1953), p. 1
- EMECE2, “Doña Ángela Ruiz Robles, una inventora ferrolana”, El Correo Gallego, Santiago de Compostela, (3-8-1962)
- PAYÁ, C., "Ángela Ruiz Robles", en Una mujer triunfa, Madrid, [s.n.], 1963, p. 270-274
- PÉREZ DE LA FUENTE, M.ªT., "Tecnología aplicada a la enseñanza". Ya, Madrid, (7-10-1970)
- ÁNGELA RUIZ ROBLES, IN MEMORIAM. Técnica e invención, Madrid, n. 255 (1975), p. 16