- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
M.ª Dolores del Río
Escritora, mestra e defensora dos dereitos das mulleres desde os postulados da acción social católica feminina do primeiro terzo do s. XX.
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Medios de Comunicación
Docente
Acción político - social
Finais do século XIX na Coruña. Dolores del Río Sánchez-Granados edúcase nun ambiente burgués, conservador e católico, no que o modelo hexemónico sobre a feminidade é o do «anxo do fogar». Porén o seu posicionamento ideolóxico, coma o doutras mulleres do momento, vaise ver influído por figuras como Concepción Arenal ou a escritora catalá e católica Dolors Monserdá, que fan unha relectura do feminismo desde os postulados do catolicismo e a maternidade social, para intervir no espazo público e a favor da cidadanía feminina.
Os escasos datos persoais cos que contamos non nos permiten saber con exactitude nin a data de nacemento nin na que finou esta escritora e mestra coruñesa. É a terceira das catro fillas do tenente coronel de Infantaría Ángel del Río Uría. Estuda, xunto coa súa irmá pequena, Julia, os cursos de extensión universitaria da Normal de Mestras en 1912 e 1913. En 1914, a prensa recolle a nova dunha conferencia que pronuncia nesta mesma Escola sobre a formación moral das mulleres e os espazos en que estas tiveron unha singular e decisiva intervención. Do seu labor como docente sabemos que exerceu como mestra particular e que, cando menos en 1916, tamén daba clases nas Escolas Nocturnas para Obreiros da Coruña.
Así mesmo, dada a pouca información que posuímos da súa vida persoal, é difícil saber se mantén relación con outras escritoras do seu tempo, máis alá de ser a madriña da tamén poeta coruñesa Marynés Casal, ou se entra en contacto coa vida literaria da Coruña deses anos. Si sabemos que, coma outras literatas galegas conservadoras Francisca Herrera Garrido, Herminia Fariña Cobián ou Carmen Prieto, vai manifestar o seu apoio ao levantamento militar de Franco nos primeiros anos da Guerra Civil.
Cultiva varios xéneros literarios, aínda que cunha maior dedicación á poesía, coa que se inicia e coa que participa, desde moi cedo, en premios e certames. En 1903, presenta unha memoria poética na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Valencia e, en 1907, é premiada por esta mesma sociedade. Cinco anos despois, en 1908, cando publica o libro de poemas Ráfagas, a Real Academia de Buenas Letras de Málaga noméaa académica correspondente. En 1913, é premiada no certame literario da Academia Bibliográfica-Mariana de Lleida e no poético organizado pola revista La Ilustración Gallega.
No que toca ao teatro, Dolores del Río, a carón de Carmen Prieto Rouco e Herminia Fariña Cobián, é unha das dramaturgas do primeiro terzo do s. XX. En 1910, a Asociación de Maestros de San Casiano de Sevilla, na que figura como membro numerario, imprime El Forastero. Juguete cómico en un acto, pero vai ser a escaseza de pezas teatrais en galego a que a leva a escribir algunhas para os grupos cos que ten relación. A primeira da que temos constancia é Lonxe da aldea, estreada na Coruña en 1914. En 1916, escribe Costumes novas e Parla e Parrafeo, para ser representadas polo cadro da Asociación das Doutrinas Sociais e Escolas Nocturnas de Obreiros, no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña.
Podemos atopar os seus escritos en diversas publicacións periódicas, case sempre de tendencia católica. Entre 1915 e 1921, colabora na revista granadina La Alhambra pero neses anos é tamén habitual atopar a súa sinatura en El Eco Franciscano, no que mantén a súa colaboración até a posguerra. Escribe, ademais, en Galicia pintoresca: revista pintoresca ilustrada, na que en 1917 aparece «Conto», unha pequena narración en galego na que deixa claro o seu antisocialismo. Asidua de La Ilustración Gallega, escribe para esta revista o poema «Non chores meu neno» e, en 1927, aparece en El Compostelano «A pantasma», relato en verso en catro partes.
Tamén publica en xornais como El defensor de Córdoba ou El Día de Palencia e é colaboradora do coruñés El Ideal Gallego. É aquí onde atopamos as columnas «Un paso más en el feminismo», publicada en 1922, e «Más sobre el feminismo», en 1923. Esta última é a réplica a outro escrito, posiblemente da autoría dalgún seguidor dos postulados que, sobre as capacidades mulleres, promovía o médico galego Nóvoa Santos. É o seu un feminismo diferente do feminismo progresista, cun discurso construído desde o compromiso ideolóxico coas ensinanzas da Igrexa Católica pero cunha notable dedicación á mellora da condición feminina. Nas escasas palabras escritas sobre o tema que nos deixou, Dolores defende con fervor o dereito das mulleres á educación superior e a exercer unha profesión, e evidencia a súa preocupación polo feito de seren máis valoradas polo aspecto que polos logros intelectuais.
Dolores del Río Sánchez-Granados, incluída entre as precursoras como escritora, é parte tamén do relato da cultura política e da aprendizaxe dos feminismos históricos na Galiza do primeiro terzo do s. XX.
Obra de Dolores del Río Sánchez Granados
Libros
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: Ráfagas. Poesías premiadas e inéditas, Tipografía La Constancia, A Coruña, 1908.
Poemas
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “La plegaria del soldado”, La Independencia: diario de noticias (8-12-1914), p.1
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “El Lábaro”, Revista de la Sociedad de Estudios Almerienses, Almería C IV-X, III (1912, p.130-133
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “La Muralla”, La Ilustración Gallega, Vigo ( 20-6-1912), p.4
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “El poeta”, La Ilustración Gallega, Vigo (25-11-1912), p.7
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Non chores meu neno”, La Ilustración Gallega, Vigo (15/01/1913), p.12
Contos
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “El cuento de la semana: Poder Misterioso”, El pueblo : Semanario Católico, Toledo(1-10-1916), p.3
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “El símbolo”, El Día de Palencia (13-2-1928), p.4
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Conto”, Galicia Pintoresca, Vilalba, nº 37 (1917), p.4
Columnas
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Siluetas Callejeras. El Trovero”, El Defensor de Córdoba (9-7-1920), p.3
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Crónicas Callejeras”, El Ideal Gallego, A Coruña (23-9-1921 e 7-2/1921), portada.
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Optimismo y Pesimismo”, El defensor de Córdoba (9-9-1922), p.2
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Un paso más en el feminismo”, El Ideal Gallego ( 2-5-1922 ), p.5
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Más sobre el feminismo”, El Ideal Gallego ( 24/4/1923), p.5
RÍO SANCHEZ GRANADOS, Dolores del: “Galicia Triunfa”, El Eco Franciscano (15-7-1937), p.321
Autor/a da biobibliografía: Ana Estévez Lavandeira (2014)
Extras de M.ª Dolores del
- Páxina de La Ilustración Gallega co poema de Dolores del Río Sánchez Granados "La muralla" (1912)
- Páxina de La Ilustración Gallega con Fotografía de Dolores del Río Sánchez Granados e o poema da súa autoría "Non chores meu neno" (1913)
Extras sobre M.ª Dolores del
Ligazóns...
- NASH, Mary: “De cultura política , cultura de género y aprendizaje del feminismo hsitórico en el Estado español”, Desacuerdos, nº 7. Barcelona, MACBA,2012. p.18-21. [última consulta: 15-4-2014]
- MERA, Diana: As primeiras mulleres no teatro galego, CENI,2007. [última consulta: 15-4-2014]
- LLONA GONZÁLEZ, Miren: “El feminismo católico en los años veinte y sus antecedentes ideologicos”, Vasconia, nº 25 (1998), p.283-299. [última consulta: 15-4-2014]
- BLASCO HERRANZ, I.: “Ciudadanía femenina y militancia católica en la España de los años veinte: el feminismo católico”. En P. BOYD, Carolyn Religión y política en la España contemporánea, 2007, p.187-208. [última consulta: 15-4-2014]
- “Dolores del Río Sánchez Granados”, é unha das autoras recollidas no diccionario RAMÍREZ GÓMEZ, CARMEN: Mujeres escritoras en la prensa andaluza del siglo XX (1900-1950) Universidad de Sevilla, 2000, p. 293-294. [última consulta: 15-4-2014]
- “Dolores del Río Sánchez Granados”, é unha das autoras recollidas no diccionario CEJADOR Y FRAUCA, J.: Historia de la lengua y literatura castellana, Madrid, 1920 T. XIII, p.63 [última consulta: 15-4-2014]
- “Notas Militares”. Nota sobre a concesión dunha pensión ás orfas do Teniente Coronel Del Río Uría publicada no xornal El orzán da (1918) [última consulta: 15-4-2014]
- Información sobre o pasamento do pai de Dolores del Río publicada na revista Galicia Pintoresca. (1918)[última consulta: 15-4-2014]
- “Las Escuelas Nocturnas” nota de prensa publicada en El noroeste na que se cita a Dolores del Río como directora do plan de materias e autora do plan de estudos de ditas escolas.(1916)[última consulta: 15-4-2014]
- “Las Escuelas Nocturnas” nota de prensa publicada en El noroeste na que se cita a Dolores del Río como directora do plan de materias e autora do plan de estudos de ditas escolas.(1916)[última consulta: 15-4-2014]
- “Real Asociación Académica de Escritores Gallegos Laureados”. Lista de académicas e académicos da da que fai parte Dolores del Río Sanchez Granados publicada en La ilustración gallega.(1914) [última consulta: 15-4-2014]
- “La conferencia de ayer” crónica da conferencia impartida por Dolores del Río na Normal da Coruña publicada en El Noroeste [última consulta: 15-4-2014]
- Nova sobre os premios do certame literario de La Ilustración Gallega co anuncio dun Accésit para Dolores del Río (1913). Inclúe fotografía da autora. [última consulta: 15-4-2014]
- “Noticias de nuestra tierra”, sección da revista Aires da miña terra editada pola emigración galega en Buenos Aires, onde dan a nova do nomeamento das coruñesas Teresa Juega e Dolores del Río como académicas da Real Academia de Buenas Letras de Málaga (1908). [última consulta: 15-4-2014]
- “En la Económica de Amigos del País”. Crónica do acto de entrega de premios a alumnado e docentes das escolas patrocinadas pola Sociedade e de apertura das plicas dos premios literarios con concesión a Dolores del Río publicada en La correspondencia de Valencia (1907). [última consulta: 15-4-2014]
Bibliografía...
- COUCEIRO FREIJOMIL, ANTONIO: Diccionario biobibliográfico de escritores, Santiago de Compostela , Ed. Bibliófilos Gallegos, 1950.
- TATO FONTAÍÑA, LAURA: Teatro galego e coros populares. 1915-199, Tese Doutoral, Universidade da Coruña, 1996. http://dialnet.unirioja.es/servlet/tesis?codigo=20606 [última consulta 15-4-2014]
- VILAVEDRA, DOLORES (COORD.): Dicionario da literatura galega I, , Galaxia, 1999.
- GONZÁLEZ FERNÁNDEZ , ISABEL: “Escritoras galegas na prensa en Galicia (1926-1932)” En Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia e outros pobos da península. Sada, Ediciós do Castro, 2007, p. 341-351.
- MARCO, AURORA: Dicionario de mulleres galegas, Vigo, A Nosa Terra, 2007.