Unha achega documental á relación mulleres e sistema penitenciario no pasado, no presente e na reflexión sobre o futuro. As olladas expertas de Celia Pereira Porto, Yolanda Ferreiro Novo e Libertad Francés Lecumberri, aproximan diferentes aspectos da realidade das presas desde perspectivas feministas. Reprodúcense ademais artigos, estudos, guías ou informes de xuristas, avogadas, sociólogas, traballadoras sociais, educadoras ou presas. Os vídeos e ligazóns
amplían información e permiten facer memoria sobre procesadas, e reclusas en cárceres, campos de concentración, mazmorras ou galeras, no cumprimento de penas que teñen que ver con delitos como bruxería, roubos, tráfico de drogas, máis tamén con ideoloxías relixiosas ou políticas que non encaixan coas morais dominantes nas diferentes épocas da historia. Teñen tamén o seu lugar as visitadoras entre as que destaca Concepción Arenal Visita o especial
|