culturagalega.org

Qué é o Álbum?

8 de marzo


8 de marzo
Unha data universal que, sobre todo, é unha reivindicación social. No Álbum de Mulleres achegamos documentos de traballo para coñecer a traxectoria do movemento feminista organizado no mundo e en Galicia e para situarnos nun debate que sigue a ser actual: a presenza e as condicións da incorporación das mulleres ao ámbito laboral.

ORIXES E CELEBRACIÓNS

“Para no borrar nuestra historia”.
Artigo sobre a celebración do 8 de marzo escrito por Miriam Libertad Djeordjian en 2009 para Círculo autónomo feminista.
Radio internacional feminista:
Artigo de Ana Isabel Álvarez González no que se expoñen fontes e aclaracións que dan orixe ao 8 de marzo.
Pan y paz. 8 de marzo día internacional de la mujer :
audiovisual realizado por radialistas.net no que se fai unha breve cronoloxía histórica do 8 de marzo.
Fonte: http://www.youtube.com/
Marzos revolucionarios.
Artigo de Ana María Portugal sobre as diferentes versións e polémicas relacionadas coa colaboración do 8 de marzo.
8 de marzo, los hitos.
Cronoloxía 1907-1964 elaborada por Ana María Portugal, tomando como marco de referencia a Revolución Rusa, o crecemento do sindicalismo feminino, as pugnas entre socialistas e sufraxistas e as dúas primeiras guerras mundiais.
8 de marzo: “Somos más”
Cronoloxia de actividades e celebracións en torno a data 8 de marzo en diferentes partes do mundo 1971-2003 redactada por Ana María Portugal para Mujeres Hoy.

PUBLICACIÓNS CO GALLO 8 DE MARZO

Primeiro número de A Saia
No mes de marzo de 1982 o Colectivo Feminista Independente Galego publica o nº 0 do seu boletín A Saia, trátase da primeira revista do movemento feminista organizado en Galicia.
Primeiro número de Abrente
No mes de marzo de 1986 a Secretaría da Muller da INTG, creada en 1982, publica o primeiro número do seu voceiro Abrente. Descargao aquí
Fonte: Arquivo CIG-Vigo
O nº 17 da primeira época da revista Andaina publicado en marzo de 1989
Fai un percorrido polas actividades do Movemento Feminista Organizado Galego en torno a data 8 de marzo desde 1977 ata 1989.
TRABALLADORAS
Para conmemorar a data 8 de marzo, en 1990 a Secretaría da muller da CXTG-IN edita Traballadoras. O libro fai un percorrido fotográfico de mulleres desempeñando diferentes tarefas desde 1905 ata 1989.
Fonte: Arquivo CIG-Vigo
Debater. 8 marzo 100 anos combatendo o patriarcado, Isca, 2010: Percorrido histórico relacionado coa celebración da data
Fonte: http://en.calameo.com/read/0000022716d0f60243069
8 de marzo. Ferramentas para a docencia,, CIG-Ensino, 2010
Fonte: http://www.cig-ensino.com/descargas/02798.pdf
Data de descarga 28-2-2012

MOVEMENTO FEMINISTA ORGANIZADO EN GALICIA

GALERÍA FOTOGRÁFICA

As fotografías que seguen son reproducións das pancartas orixinais depositadas nos fondos do arquivo da Comisión de Igualdade do CCG.

Anos setenta de século XX

Anos oitenta de século XX

APUNTAMENTOS HISTÓRICOS

“1975-1995 Feminismo: vinte anos é moito e non é nada”
Nanina Santos Castroviejo fai un percorrido contextualizado do desenvolvimento do Movimento feminista organizado en Galicia ata 1995. O artigo está publicado en Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 13, decembro 1995, p 28-31
8 DE MARZO. DÍA DAS MULLERES
Artigo de opinión de Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº20, maio 1998, p 14-15
“O feminismo galego”
Número da revista das letras dedicado á exposición organizada pola Fundación Galiza Sempre “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres” (28-1-2010)

MULLERES E ÁMBITO LABORAL

Documentos

Coñece a exposición ¿Invisibles?. Mujeres, trabajo y sindicalismo en España 1939-2000
promovida pola Confederación Sindical de Comisiones Obreras e inaugurada no marco do 8ª Congreso Confederal celebrado en Madrid nos días 21 a 24 de abril de 2004
Fonte: http://cdd.emakumeak.org/ficheros/ 0000/0193/catalogoinvisibles.pdf [data de descarga 20-3-2012]
Carta dos dereitos da muller traballadora
Elaborada en 1983 por: a Asamblea de Mulleres de Coruña, a Asamblea de Mulleres de Pontevedra, a Asociación Galega da Muller -Santiago, a Asociación Galega da Muller-Ourense, a Coordinadora Feminista de Vigo e a Secretaría da Muller de CCOO da Coruña.
Fonte: Consello da Cultura Galega (Comisión de Igualdade)
AS MULLERES INDUSTRIOSAS NAS TENERÍAS DE SANTIAGO
Artigo no que Encarna Otero achega datos de mulleres implicadas na xestión de fábricas de coiro na Compostela dos tres últimos séculos.
“AS OPERARIAS DE LA ARTÍSTICA. UN ESTUDIO SOBRE O TRABALLO FEMININO NA INDUSTRIALIZACIÓN DE GALICIA”.
Traballo de investigación realizado por Luisa María Muñoz Abeledo galardoado co “1º Premio de Investigación Festa da Palabra” e publicado na revista Festa da palabra silenciada. nº18, 2003, p 7-40.
A DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO NO EMPREGO
Descarga o artigo “A discriminación de xénero no emprego: unha asignatura pendente para a negociación colectiva” de Celia Pereira Porto. Recolle as liñas xerais do seu libro “Igualdade e discriminación de xénero na negociación colectiva sectorial en Galicia: vellas inercias e novos retos para a igualdade”

Ligazóns de interese

Orballo da igualdade
Investigación histórica sobre as agrupacións de mulleres coruñesas de finais de século XIX ata 1936.

Mujeres y trabajo: cambios impostergables
Libro no que se recollen as ponencias do Seminario Mujeres y trabajo realidades y propuestas para el cambio expostas os días 2 e 3 de xaneiro de 2002, no marco do Foro Social Mundial celebrado en Porto Alegre. O seminario contou coa asistencia de participantes provintes de paises de América Latina, América do Norte e Europa

Os novos retos da muller na sociedade e no mercado laboral
Libro no que se recollen as ponencias das Xornadas “Os novos retos da muller na sociedade e no mercado laboral”, celebradas en Santiago de Compostela en xullo de 2005 e organizadas polo Consello Galego de Relacións Laborais. A publicación estrutúrase en catro temas principais: socioloxía e educación; aplicación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero; novas propostas de conciliación da vida laboral e familiar; e discriminación de xénero na negociación colectiva.

Lei 2/2007 do 28 de marzo de traballo en igualdade das mulleres en Galicia

Estudio sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia
Análise en profundidade da realidade das mulleres no mercado de traballo elaborado por Jaime Cabeza Pereiro, Marta González Vázquez, Cristina Justo Suárez e Fernando Lousada Arochena e, editado polo Consello Galego de Relacións Laborais

Guía metodolóxica de formación e inserción das mulleres no sector da construción

Análise de xénero na negociación colectiva do metal e da construción en empresas da mancomunidade da área intermunicipalde vigo

Guía de Sensibilización para a Igualdade de Oportunidades

Análise da igualdade entre mulleres e homes no mundo laboral

Construindo espazos de igualdade. Materiais formativos para axentes sindicais

Guía de negociación colectiva
Publicación para aplicar o Desenvolvemento da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de Marzo, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes

Guia de igualdade de oportunidades
Para aplicar a transversalidade en igualdad de oportunidades no mercado laboral e no ámbito institucional

Formación en Igualdad de oportunidades para representantes sindicales

Competencias para o emprego desde a perspectiva de xénero
Soporte didáctico para o desenvolvemento de accións de orientación/formación para favorecer a inserción laboral das mulleres en profesións masculinizadas e avanzar na diversificación do mercado laboral.

A realidade das mulleres en galicia: o emprego, o salario e a pensión
Documento do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia, N.º 146 / Marzo de 2012
Fonte: http://www.galicia.ccoo.es/comunes/temp/recursos/11/1200120.pdf
Data de consulta 5-3-2012