culturagalega.org

Qué é o Álbum?
inicio / cartografias / Elena Colmeiro

Elena Colmeiro

A extensa traxectoria artística de Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932), tras seis décadas dedicada á creación, desvela un traballo de grande intensidade, cunha nidia aposta polo procesual, un facer constante e instintivo onde a materia procura o seu espazo. O acto de crear adquire nesta artista unha forte implicación co sentido do oficio, xirando arredor dos nexos entre materia e linguaxe.

A súa traxectoria vital ten como punto de arranque o lugar de San Fiz de Margaride, en Silleda, onde conserva a casa familiar. Esténdense por Bos Aires (reúnese alí co seu pai, o pintor Manuel Colmeiro, quen se exiliara por cuestións políticas), alí comeza a súa formación artística na Escola Nacional de Cerámica e obterá os primeiros recoñecementos á súa obra e as primeiras oportunidades expositivas. Regresa a Galicia a mediados da década dos 50 e, posteriormente, afíncase en Madrid, desde onde continúa a manter unha relación constante co contexto galego, como demostran as súas distintas estadías na Fábrica de Cerámica de Sargadelos, nas que realizou o encargo de Autoestradas do Atlántico (1989), unha das súas obras instaladas no espazo público realizadas en Galicia.

Desde 1966, forma parte da Academia Internacional de Cerámica e participa en numerosas exposicións e estadías internacionais, como no Mill Collage de Oakland (San Francisco, EE UU) ou no European Ceramics Work Centre en ‘s-Hertogenbosch (Países Baixos), daquela dirixido polo escultor galego Xabier Toubes, que lle ofrecen novas posibilidades na súa incansable indagación matérica.

Desde os seus comezos artísticos, Elena Colmeiro converte a escultura no seu territorio de experimentacións, achados e exercicios de resistencia, poñendo en xogo a dualidade entre o exterior e o interior, a pel e as entrañas de obxectos, que comezaron tendo alma de cerámica revestida de sintética decoración e que, co paso do tempo, evolucionaron afastados da tradición, en pezas caracterizadas polo encontro con materiais industriais, proporcionándolle unha complexidade formal cara ao encontro fortuíto.

CCG_ig_colmeiro_proxenitora.jpg
CCG_ig_colmeiro_proxenitora.jpg
CCG_ig_colmeiro_filla.jpg
CCG_ig_colmeiro_filla.jpg
CCG_ig_colmeiro_masats.jpg
CCG_ig_colmeiro_masats.jpg
CCG_ig_colmeiro_nova.jpg
CCG_ig_colmeiro_nova.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1967.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1967.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1967_2.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1967_2.jpg
CCG_ig_colmeiro_pratos_1970.jpg
CCG_ig_colmeiro_pratos_1970.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1971.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1971.jpg
CCG_ig_colmeiro_buguinas_1972.jpg
CCG_ig_colmeiro_buguinas_1972.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1974.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1974.jpg
CCG_ig_ABC_colmeiro_1975.jpg
CCG_ig_ABC_colmeiro_1975.jpg
CCG_ig_colmeiro_ikebana_1978.jpg
CCG_ig_colmeiro_ikebana_1978.jpg
CCG_ig_colmeiro_12_1979.jpg
CCG_ig_colmeiro_12_1979.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1980.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1980.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1980_1.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1980_1.jpg
CCG_ig_colmeiro_norton_1982.jpg
CCG_ig_colmeiro_norton_1982.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1980_2.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1980_2.jpg
CCG_ig_colmeiro_expresion_plastica.jpg
CCG_ig_colmeiro_expresion_plastica.jpg
CCG_ig_colmeiro_refrac_oxi_1986.jpg
CCG_ig_colmeiro_refrac_oxi_1986.jpg
CCG_ig_colmeiro_tendencias_1987.jpg
CCG_ig_colmeiro_tendencias_1987.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1989.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1989.jpg
CCG_ig_colmeiro_taller_1990.jpg
CCG_ig_colmeiro_taller_1990.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1991.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1991.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1992.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1992.jpg
CCG_ig_colmeiro_car_ox_1995.jpg
CCG_ig_colmeiro_car_ox_1995.jpg
CCG_ig_colmeiro_composicion_1996.jpg
CCG_ig_colmeiro_composicion_1996.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1998.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1998.jpg
CCG_ig_colmeiro_paisaxe_1998.jpg
CCG_ig_colmeiro_paisaxe_1998.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1999.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_1999.jpg
CCG_ig_colmeiro_estudio_2000.jpg
CCG_ig_colmeiro_estudio_2000.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2000.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2000.jpg
CCG_ig_colmeiro_esfera_I_2000.jpg
CCG_ig_colmeiro_esfera_I_2000.jpg
CCG_ig_colmeiro_esfera_2002.jpg
CCG_ig_colmeiro_esfera_2002.jpg
CCG_ig_colmeiro_fer_ox_2002.jpg
CCG_ig_colmeiro_fer_ox_2002.jpg
CCG_ig_colmeiro_nove_novo_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_nove_novo_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_diaz_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_diaz_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_grupo_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_grupo_2003.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2004.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2004.jpg
CCG_ig_colmeiro_mediaesfera_2004.jpg
CCG_ig_colmeiro_mediaesfera_2004.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2006.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2006.jpg
CCG_ig_colmeiro_sumas_2006.jpg
CCG_ig_colmeiro_sumas_2006.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2006_1.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2006_1.jpg
CCG_ig_colmeiro_restas_2008.jpg
CCG_ig_colmeiro_restas_2008.jpg
CCG_ig_colmeiro_marco_2007.jpg
CCG_ig_colmeiro_marco_2007.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2010.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2010.jpg
CCG_ig_colmeiro_2013.jpg
CCG_ig_colmeiro_2013.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2013.jpg
CCG_ig_colmeiro_MP_2013.jpg