Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / As letras das mulleres /

As letras das mulleres
Inicio
Ligazóns de interese
Ambitos de ocupacion
Docente
Literario / Letras
Artístico
Acción político - social
Empresarial / Prof. Liberais
Médico / Sanitario
Medios de Comunicación
Doméstico
Xurídico
Político - Institucional
Investigación / Científico
Relixioso
Marítimo / Agrícola / Gandeiro
Deportivo
Agrícolas
Farmacia
Musical
Indice alfabético
abadesas de Sobrado de Trives
Syra Alonso
Amparo Alvajar
Francisca Álvarez
Amalia Álvarez Gallego
Ángeles Alvariño
Carme Alvariño Alejandro
Nicolasa Añón Paz
Antigas Galaicas
María Araújo
Concepción Arenal
Xela Arias
Carmen Arias ''Mimina''
As espontáneas de San Xoán de Río
As Marías: irmás Fandiño Ricart
Felicia Auber
María Balteira
María Barbeito
Dorotea Bárcena
Rosa Bassave Roibal
Beatriz Benavides
Josefina Blanco Tejerina
Maruxa Boga
María Brey Mariño
Begoña Caamaño Rascado
María Cagiao
Emilia Calé
Pascuala Campos de Michelena
Juana Capdevielle
Sofía Casanova
María Casares
María Castaña
Placeres Castellanos
Pilar Castillo Sánchez
Beatriz de Castro
Inés de Castro
Rosalía de Castro
Constanza de Castro
Rosa María de Castro y Centurión
Concha Castroviejo
Micaela Chao Maciñeira
Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
Elena Colmeiro
Carmen Cornes
Clara Corral Aller
María Corredoyra
Maruxa das Cortellas
Luisa Cuesta Gutiérrez
María Antonia Dans
As mulleres das Encrobas
Filomena Dato
María Dios
Emilia Docet
Joaquina Dorado Pita
Ilduara Eriz
Exeria
Nieves Fariza Alonso
Belén Feliú
Rita Fernández Queimadelos
Nieves Fernández Vidueira
Antonia Ferrín Moreiras
Olga Gallego Domínguez
Olga Gallego Domínguez
María de las Mercedes Goicoa Fernández
Irene González Basanta
Corona González Estévez
Daría González García
Grupo Saudade
Ángeles Gulín
Francisca Herrera
María Antonia Iglesias González
Xosefa Iglesias Vilarelle
María Francisca de Isla y Losada
Ana Kiro
María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
Hortensia Landeira Pontijas
Aurora e Manuela Liste Forján
Andrea López Chao
Rosa López Comunión
Rita Amparo López Jeán
Pura Lorenzana
Maruja Mallo
Marcela e Elisa
Kathleen March
María Mariño
María Mazás
Meigas
Urania Mella
Xulia Minguillón
María Miramontes
Anisia Miranda
Monxas de Ramirás
María Luz Morales
María Victoria Moreno
Francisca Morlán
Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
Mulleres na olería de Buño
María Muñoz de Quevedo
Carmen Muñoz Manzano
TEREIXA NAVAZA GONZÁLEZ
Ofelia Nieto
Pepa Noia
Mercedes Núñez
Antonia Ortiz
Enriqueta Otero
La Bella Otero
Ernestina Elena Otero Sestelo
María del Portal Panisse
Emilia Pardo Bazán
Pepa a Loba
María Antonia Pereira de Andrade
Narcisa Pérez Reoyo
Elena Piñeiro Castro
María Pita
Rosa Pons i Fábregas
Carmela Porteiro Lago
Jesusa Prado
Mary Quintero
Concepción Ramón Amat
María Reguera
Manuela Rey
M.ª Dolores del Río
Isabel Ríos
Mabel Rivera
Dolores Rodeiro Boado
María Aurea Rodríguez
Hildegart Rodríguez Carballeira
Aurora Rodríguez Carballeira
Carme Rodríguez de Legísima
Mercedes Ruibal
Ángela Ruíz Robles
Concepción Sáiz Otero
María Antonina Sanjurjo Aranaz
Elvira Santiso García
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
María Soliña
Marisa Soto
María Tobío
Xohana Torres
Urraca l de León e Castela
Teresa Vaamonde Valencia
Olimpia Valencia
Avelina Valladares
Maria Valverde
Concha Vázquez
Pura Vázquez Iglesias
María Vázquez Suárez
Juana María de Vega Martínez
Engracia Vérez Puentes
Mercedes Vieito
Luísa Villalta
Maruxa Villanueva
Marisa Villardefrancos
María Vinyals
María Josefa Wonenburger Planells
Isabel de Zendal Gómez
Liña do tempo en PDF
8 de marzo
As letras das mulleres

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega
Comisión de Igualdade

¿Comentarios?
xenero@consellodacultura.org


Álbum de mulleres | Inicio
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008
lapa
As Letras Galegas
–non só- na viradeira violeta

Helena González Fernández, profesora da Universitat de Barcelona, reflexiona sobre a presenza das mulleres entre as homenaxeadas no Día das Letras Galegas
lapa    

Letras Galegas… ¿feminino plural? É evidente que non. O reconto de autoras homenaxeadas en data tan sinalada para o noso tecido cultural non supera unha análise coa gramática do xénero na man (léase aquí xénero referido a feminista e non como marca branca que enmascare as alforxas políticas dun movemento fundamental dos nosos tempos).

Retrucarase: Rosalía sempre está…
Estivo, si, no comezo, cadrando co centenario en 1963 de Cantares Gallegos. E segue, como fío vertebrador de todos os 17 de maio, mesmo facendo o papel de feliz acomodo cando o autor homenaxeado ten un interese menor e cómpre acolchar ou engadirlles recheo ás liturxias anuais. Rosalía, unha singularidade, unha rareza, unha excepción que acada o rango de diferencial. Remedando a copla d’O Tío Marcos d’a Portela: “teñen os ingleses a Shakespeare, a Goethe os alemáns, en portugués a Camões… e en Galicia, Rosalía”.

Retrucarase: Tamén Francisca Herrera Garrido malia…
Só en tempos de poderosa emerxencia feminista o galeguismo botou man da estratexia do paraugas totalizador e aceptou unha segunda escritora, a primeira das narradoras, rebozada iso si na polémica, unha polémica inevitable que amosaba a incomodidade de ter cedido terreo diante das pretensións das mulleres. Que se o seu estilo literario reseso. Que se a súa ideoloxía conservadora pasada polos vernices do franquismo. Que se o seu antifeminismo. Que se as viúvas de vivos como representación da literatura de compromiso fronte a retrógrada Néveda, aquela labrega adolescente imposible modelada por un naturalismo reseso. Que se Santa Rosalía fronte Dona Francisquita, Ave e Eva en palíndromo galeguista usado como vara de medir as literatas galegas, implicitamente tamén as vivas, as que publicaban aquel ano de 1987. Todas esas chatas eran certas. Deixáronas por escrito aquelas que apoiaron a candidatura sen perderen por iso nin chisco de criterio estético, coherencia ideolóxica ou rigor, porque nela non procuraban a homenaxe a un modelo literario nin moito menos un molde ético sen fenda. Se cadra, tampouco se propuña ben para os altares do canon literario. A escritora Francisca Herrera servía para estudar coas ferramentas da xinocrítica (recuperar, revisar, visibilizar –cfr. Elaine Showalter) a interrompida xenealoxía de literatas galegas, os condicionamentos sociais que interfiren na práctica literaria delas polo feito de seren mulleres, nas actividades posibles como escritoras, no seu recoñecemento, na elección dunha poética e unha linguaxe. Mais, por riba de todo, estaba a necesidade de empezar a dar respostas a tanto silencio, a tanta ausencia das mulleres nas historias escritas e por escribir. E reivindicar o dereito á libre elección de influencias literarias non pautadas polo discurso hexemónico.

Retrucarase: ¿Quen son esas escritoras que…?
Se se repasa a lista de autores elixidos, xa con pés no século XXI, ese que Victoria Camps celebrou gozosa, pero antes de tempo, como “o século das mulleres”, compróbase que o tempo acabou por lles dar a razón a elas. Non fora escándalo tan desmedido ter estudado a Francisca Herrera, que despois viñeron escritores da súa mesma división, algúns máis curtos en produción textual, algúns con posicionamentos ideolóxicos e lingüísticos máis que cuestionables. Eses saíron na procesión o día do seu santo e desde entón papan po, silencio e trilla. Porén coñecer, ordenar, estudar estes escritores era necesario, porque as historias non se escriben só con protagónicos artistas canónicos, senón que precisan desoutros actores, secundarios e figurantes, que son os que tecen as redes da historia e os que, escribindo no ronsel das poderosas innovacións, confirman o éxito dunha moda literaria, dun posicionamento estético, dun stil nuovo. Eses escritores menos canónicos, pero xustamente recuperados, serven para profundar no seu contorno cultural, para abordar tematicamente un período da historia (represión, exilio, emigración, creación de institucións, un movemento literario, unha posición ideolóxica…). Daquela, poño por caso, ¿non serviría Filomena Dato Muruais, académica correspondente da RAG desde 1906, como punto de partida para pescudar nos debates sobre o feminismo en Galicia, tan poderosamente incógnito aínda agora? ¿Non serviría ela mesma, ou Avelina Valladares, para incentivar un mellor coñecemento das Precursoras do XIX? Continúese a listiña salvando as dificultades.

Retrucarase: Non se irá pedir agora a paridade…
O groso das nosas escritoras vai tardar moito en entrar nas quinielas das Letras Galegas. Queremos que as nosas escritoras vivas cumpran moitos máis, e xa se sabe que a homenaxe das Letras vai sempre un paso por detrás na historia da literatura por imperativos do requisito, prudente, que esixe que os moitos escritores ou as algunhas escritoras en cuestión leven dez aniños mortos, por aquilo de fixar e dar esplendor sen a incomodidade dun autor que se revire. Pero mesmo para un país que mantén unha viva cultura da morte, tanta pompa fúnebre en posición de homenaxe é de máis. En todo caso nomes para a lista de vindeiras anadas: Belén Feliú, Xela Arias, Luísa Villalta, María Victoria Moreno…

Interrogámonos, sen resolver, cun pé no ano do centenario…
¿E María Mariño Carou, asombrada aínda polo da incerteza e a dúbida malia as investigacións biográficas? ¿Non é hora xa de apeala do mito e arre ou xo, ou autora dos seus textos ou heterónimo en corpo real? ¿Non habería que aproveitar agora que aínda viven algunhas das persoas que a coñeceron? E retrucarase: “Érache o que nos faltaba, meter un acto tan institucional coma as Letras en sarillos e polémicas”. E pénsase, sen dicilo, que por aquilo de ter as Letras en paz, a RAG abondo ten con mirar como resolver a débeda con ensaístas que a institución considera fundamentais na histora da cultura do século XX e non deixan indiferentes a ninguén, como Ramón Piñeiro e Carballo Calero (mutis polo foro).

Letras Galegas… ¿“autobuses nos lugares de costume” aínda nestes tempos?
A cuestión non radica só en poñer as Letras Galegas na viradeira do xénero e darlle a volta de tal xeito que onde pintaba azul e masculino pinte violeta e feminino. Manter boa parte das liturxias como estímulo para o coñecermos e o recoñecérmonos non ten mal ningún a condición de que as pompas fúnebres non afoguen a cultura viva. Cómpre artellar fórmulas distintas, que non anulen as liturxias actuais, pero que despracen “o autor das letras” desa centralidade esaxerada que agora ocupa e que, de seguir así, diluirá por completo o que as Letras teñen de celebración autoafirmativa.

Cos seus corenta e tres aniños e os moitos cambios que levamos tanto no aspecto político como no sociocultural, parece que xa vai tendo moita présa afacerse ás novas necesidades dunha cultura que se constrúe transversal e en rede. As Letras naceron nos 60 como un exercicio de cohesión e reafirmación nacional cando os lectores do libro galego collían todiños na tertulia de tres ou catro cafés e lían enteiriña a produción anual do libro galego nunhas semanas. A fórmula procuraba incidir na contemporaneidade e contribuír á construción do imaxinario nacional mirándose –e aquelándose- no espello dos escritores clásicos. Haille que recoñecer a Francisco Fernández del Riego o mérito engadido, e diferencial, de arrequentar o calendario anual con esta data laica, o 17 de maio, sen máis santiños cós que ían saíndo da procesión de escritores homenaxeados. Laica e por riba abelicista e abiográfica: nada de batallas gañadas ou perdidas, nada de nacementos ou mortes, só a festa de aniversario dun libro senlleiro. A mediados dos 80 as Letras axeitáronse aos novos retos da realidade cultural, entraron no mercado do libro e convertéronse nun dos eixes centrais das vendas para a escola. Ademais houbo anos nos que o groso do ensaio e a investigación se centraba exclusivamente en publicacións arredor do homenaxeado correspondente; en tempos de normalización cultural este exceso protagónico do institucional era un indicador de comportamento anormal e resistente. Ben entrados os 90 algúns dos autores homenaxeados foron máis ben unha escusa para revisar unha coxuntura determinada (a lírica medieval, a represión franquista, o exilio, o papel da emigración no edificio cultural...). E púxose en evidencia que nas Letras minguaba a enxulla canónica, fóra dunhas poucas excepcións.

Agora coidamos que as Letras poden ser asemade cabodano e festa no adro; oportunidade para profundar no pasado mais tamén para lle tomar o pulso ao presente. Porque as Letras non poden limitarse ao inciensario, do que, por certo, as escritoras estarán ausentes por pura deriva histórica. Nin tampouco só unha carreira a ver quen se fai co mercado escolar e da divulgación. Debería ser, ademais, o día gozoso de quen le, de quen escribe, de quen compón con palabras en calquera soporte (audio e visual na receita que sexa). Na nova rodeira as liturxias das letras deberían acompañarse por actividades máis dinámicas, e precisan o apoio de institucións culturais do país menos centradas na custodia do legado patrimonial e máis encamiñadas a incidir no presente. Institucións como a Consellería de Cultura, ou como o Consello da Cultura Galega, mais tamén os libreiros, os grupos de lectura, poño por caso, poden darlle vida a un 17 de maio no que as Letras sexan algo máis có cabodano con autobuses nos lugares de costume, e entre eses lugares están as portadas-esquela en galego dos xornais, unha mascarada comercial que serve para aumentar ingresos a custo de suplementos e libros-agasallo case inútiles pero profusamente subvencionados. As Letras teñen que tomar a rúa, implicar tamén a profesionais que non traballan o libro, entrar na cotidianeidade dun día que non debía ser festivo. Algunhas experiencias xa feitas poderían servir: os libros na rúa en día laborable; as escritoras e escritores enchendo os espazos e non só de liturxias; concertos expansivos coas letras galegas en calquera formato e en escenarios diferentes (é posible, lémbrese o 1 de febreiro de 2003); libros recomendados polo farmacéutico ou o panadeiro…

As Letras na viradeira violeta piden menos cabodanos e máis festa. Coas Letras na viradeira as escritoras gañan protagonismo, e non só elas. Letras Galegas cun pé no pasado e outro no presente. Letras para a homenaxe, si, pero sobre todo, Letras para o pracer de lectoras e lectores, de escoitadoras e escoitadores. Así as Letras Galegas serían tamén máis femininas, máis plurais… máis divertidas, e, se cadra, máis efectivas.

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org