XVI
Os autos de fe da Inquisición foron máis intensos no caso dos diferentes reinos da Península Ibérica que no resto dos territorios onde actuou.
Reforma nos conventos de monxas coa aparición da clausura rigorosa.
XVII
Algunhas mulleres conseguen postos de relevancia e unha certa independencia nos territorios da coroa de Castela nas Indias.
XVIII
Aparición dos salóns literarios vinculados ás ideas da Ilustración e presenza de mulleres nas Sociedades Económicas de Amigos del País.
1749: Nace Josefa Amar y Borbón, unha das figuras máis destacadas da Ilustración española, que escribe un gran número de obras dedicadas a valorar o papel da muller na sociedade e a defender a súa igualdade de talentos co home.

XIX
Arredor da intelectualidade republicana e federal de inspiración fourierista fórmanse pequenos núcleos que loitan pola emancipación das mulleres.
Anos 60-70: Primeiras tentativas sufraxistas.
Inícianse os debates sobre o dereito universal á educación das mulleres, destaca a participación de E. Pardo Bazán e de Concepción Arenal.
A partir de 1892 e até 1910 aparecen diferentes normativas que van regulamentando o marco en que se vai producir a presenza de mulleres nos institutos secundarios e mais na universidade. Así, en 1883, unha Real Orde permite que as mulleres poidan efectuar a súa matrícula nos estudos de bacharelato sen ter que pedir autorización.
1890: Sufraxio universal para os homes.
1900-1920
Comeza a ter efecto a presenza das mulleres nas aulas dos institutos.
1910. Revógase a necesidade de solicitar un permiso especial para que unha muller se puidese matricular libremente na ensinanza universitaria oficial.

1920-1940
1924: Concesión do voto ás mulleres xudicialmente libres por parte do goberno de Primo de Rivera.
1927: Creación de diferentes organizacións de mulleres.
1931: Segunda República. Sufraxio universal para as mulleres. recoñécese o matrimonio civil e a igualdade de dereitos para fillos lexítimos e ilexítimos.
1932: Apróbase a Lei do divorcio.
1933: Primeiras eleccións en que participan mulleres. Vinculadas ao PC, créanse agrupacións de mulleres antifascistas.
1934: Falanxe feminina.
1936: Legaliciación do aborto na Generalitat de Catalunya. A dirixente anarquista Federica Montseny é nomeada ministra de Sanidade e Asistencia Social; até ese momento ningunha muller ocupara ese cargo.
1937: Incorporación de mulleres na industria de guerra. Traslado do goberno a Barcelona. Primera Conferencia Nacional de Mujeres Libres.
1938: Anulación de todas as reformas do código civil republicano.
1939: Fin da guerra, con derrota republicana e vitoria franquista. O estado asina o pacto antikomintern.
1940-1950
1941: Obrigatoriedade de materias domésticas para as mulleres. Organízase a División Azul.
1942: Créanse as Cortes españolas.
1945: Publicación dun decreto-indulto sobre responsabilidades políticas durante a guerra.
1950: A ONU acepta o restablecemento de relacións diplomáticas con España.


1950-1970
1952: Ingreso de España na UNESCO.
1960: Seminario de Estudios Sociológicos sobre la Mujer.
1965: Creación do Movimiento Democrático de la Mujer (MDM).
1970-1980
1975: Federación de Organizaciones Feministas (FOF). Morre Franco. Juan Carlos é proclamado rei. En decembro: Primeiras Jornadas Estatales por la Liberación de la Mujer.
1976: Disolución das Cortes franquistas e aprobación da Lei de reforma política. Fúndase a revista Vindicación Feminista. Máis de 4000 mulleres nas I Jornadas Feministas de la Dona (Barcelona). .
1978: Promúlgase a Constitución española, que proclama a non discriminación por razón de sexo. Inicio do proceso autonómico. Subdirección General de la Condición Femenina.
1979: Eleccións lexislativas e provinciais. A OFR desemboca na formación do Partido Feminista (PF). Creación da Librería de Mujeres de Madrid.
1980: Nova Lei do divorcio. O PF crea a revista teórica Poder y Libertad.


1980-1990
Coleccións dedicadas a temas relacionados co feminismo e coas mulleres nalgunhas editoriais.
Editoriais feministas.
1981: Dimisión de Adolfo Suárez e investidura de Leopoldo Calvo Sotelo. O 23 de febreiro, intento de golpe de estado a cargo do tenente coronel Tejero. O 21 xuño, Lei do divorcio.
1982: Eleccións xerais: Goberno PSOE. O Movemento Feminista coordinado a nivel estatal leva a cabo accións contra o despregamento de armas nucleares xunto con mulleres inglesas.
1983: Proxecto de lei para fomentar a igualdade da muller.Creación do Instituto de la Mujer adscrito ao Ministerio de Cultura. Regúlase a Lei do aborto, limitado a determinados supostos; desde entón, colectivos feministas reclaman a súa ampliación.
1990-1995
- 1993: Instituto Universitario de Estudios sobre la Mujer en Madrid. Jornadas
Feministas estatais en Madrid.
- En 1994 créase o partido Mujeres para el Futuro de Europa co fin de defender a
existencia de democracia paritaria no Parlamento europeo.


1996
Eleccións xerais. Goberno PP.
1998
Sete mulleres de todos os continentes reciben o Premio Príncipe de Asturias: Fátima Boudiaf, Olainka Koso-Thomas, Graçia Mahel, Fatana Ishaq, Somaly Mam, Rigoberta Menchú, Enma Bonnino.
O Consello de Ministros aproba o Plan de Acción Contra a Violencia Doméstica (1998-2000).
2000
Jornadas Feministas estatais en Córdoba.
2004
Eleccións xerais. Goberno PSOE.
2005
Reforma da Lei do divorcio.
Lei de matrimonio civil sen discriminación por razón de opción sexual.
2006
Declárase o  Ano da Memoria.
A filósofa Celia Amorós é galardoada co Premio Nacional de Ensaio.
María Teresa Miras Portugal é elixida presidenta de Real Academia de Farmacia
2007
o Congreso dos Deputados aproba a Lei de identidade de xénero; as e os transexuais poderán cambiar o seu nome e sexo no Rexistro Civil e no DNI sen necesidade de operacións de cambio de sexo.