MEDIEVO
IV:As familias con posibilidades económicas fundan mosteiros femininos, creando así lugares axeitados para as súas fillas solteiras.
XIII: María Balteira. Soldadeira que exerce o seu traballo nos reinos de Castela, Galiza e Al-Andalus.
XIV: A peste negra invade Galiza, alto índice de mortalidade. Destaca María Castaña, muller traballadora dun gremio en Lugo.
XV: Primeira sublevación irmandiña (1431). Guerra irmandiña (1465-1469). Enfrontamento de Pardo de Cela contra os Reis Católicos. Fúndase a USC.
XVI
1º auto de fe da Inquisición.
Imposición do castelán como idioma escrito nos mosteiros, conventos, na vida legal, etc.
Defensa das costas galegas fronte aos ataques da pirataría inglesa, destaca María Pita.
XVII
Galiza compra o dereito a voto en Cortes.
De novo as costas galegas están ameazadas por corsarios e piratas, as mulleres volven ser protagonistas da súa defensa, como é o caso de María Soliña.
XVIII
Tres ilustrados galegos abordan a defensa das mulleres nalgunha das súas obras: Vicente do Seixo e os frades Feijoo e Martín Sarmiento.
1784 Sociedades de Amigos del País, onde aparecen mulleres como membros activas.

XIX
1837: Nace Rosalía de Castro.
1891: Asociación Regionalista Gallega.
1860-1870: período de grande actividade literaria de mulleres.
Aparición de publicacións como Iris del Bello Sexo, que contan con achegas de mulleres.
1887: Proxecto para o estado galaico elaborado pola Asamblea Federal de Lugo; recolle o dereito ao voto das mulleres “como electoras”.
1896: Primeira alumna na USC.
1900-1920
- Matriculadas tres estudantes en bacharelato.
1901: Primeira muller licenciada na USC. Obtén a licenciatura de Farmacia.
1907: Nace en Noia María Mariño.
1918: A Asamblea Nacionalista de Lugo recoñece no seu articulado a “igualdade de dereitos para as mulleres”.
1922: Nace na Coruña María Casares.
Desde a Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela desenvólvese unha incipiente promoción artística, con presenza de produción de mulleres.

1920-1940
1923: Créase o Seminario de Estudos Galegos.
1931: Os deputados galeguistas votan maioritariamente a favor do dereito ao voto das mulleres. Creación do Partido Galeguista, conta no seu seo con grupos de mulleres organizados en Ourense e nas Mocedades, cunha sección propia no voceiro desta formación política A Nosa Terra.
1936: Apróbase o Estatuto de Autonomía.
A sublevación militar fascista. Creación das Milicias Galegas no bando republicano.
1939: Inicio da guerrilla galega antifranquista.
1940: Irmandade Galega en Bos Aires.
1940-1950
1941: Aparición da revista Galeuzca en Bos Aires. Reaparición de A Nosa Terra no exilio.
1942: Revista Saudade (México).
1944: Consello de Galicia en Montevideo. Bloque Nacional Republicano Galego en Francia.
1945: Revista Posío. Emisión de Radio Pirenaica de Ribadeo a Tui.
1947: Primeiras emisións en galego da BBC.


1950-1970
1955: Nace en Silleda Marisa Soto.
1956: 1º Congreso da Emigración Galega en Bos Aires.
1961: Nace na Coruña Belén Feliú.
1963: 17 de maio. Primeira celebración do Día das Letras Galegas. Dedícase a Rosalía de Castro.
1964: Unión do Povo Galego.
1965: Partido Socialista Galego.
1968: Implantación do Movimento Democrático da Muller Galega. (MDMG).
1970-1980
1976: Creación da Asociación Galega da Muller (AGM).
1977: Creación da Asociación Democrática da Muller Galega (ADMG). Mobilizacións agrarias. A muller en Galicia, libro teórico-feminista de M.ª Xosé Queizán.
1978: Creación de Feministas Independentes Galegas (FIGA). Creación da Asamblea Feminista de Lugo. Creación da Coordinadora Feminista de Vigo. Secretaría da Muller de CCOO.

1981
Primeiras eleccións ao Parlamento Autonómico. A primeira lexislatura conta cun total de tres deputadas.
1982
Sae á rúa a revista feminista A Saia. Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego.
Secretaría da Muller do STEG.
1983
N.º 0 de Andaina. Revista do Movemento Feminista-Galicia-.
Grupos de Mulleres da Universidade (GMU).
N.º 0 de Festa da Palabra Silenciada.
1985
Segunda lexislatura do Parlamento Autonómico. Conta cunha deputada .
1987
Día das Letras Galegas dedicado a Francisca Herrera Garrido.
1989
Mulleres ensinantes do rosa ao violeta.
Iniciativa parlamentaria de Esquerda Galega para a creación do Instituto Galego da Muller. Non foi aprobado.
Terceira lexislatura no Parlamento, conta con nove deputadas.
Cambios no nome da revista Area. Revista das Mulheres Nacionalistas Galegas.


1990
Centro da muller Vagalume.
Federación Galega de Mulleres Rurais.
1991
Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGPIHOM).
1992
Grupo María Castaña.
Comisión de Mulleres do BNG.
1995
Donas de nós (Lugo).
Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.
1996
Xullo: n.º 0 Deliberadamente. Folha informativa de activismo. feminista. Editada por MNG.
A quinta lexislatura parlamentaria conta con 17 deputadas.
2000
Constitúese a comezos de abril a Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres.
Sexta lexislatura parlamentaria, conta con vinte deputadas.
2005
Séptima lexislatura parlamentaria, conta con vintecinco deputadas.
Secretaria Xeral da Igualdade.


2006
María Bouzas é nomeada presidenta da Academia Galega do Audiovisual
Cristina Domínguez é nomeada directora do Centro Dramático Galego.
Morre a poeta Pura Vázquez

2007
Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres en Galicia. II Plan Galego de Inclusión Social
Obras de artistas feministas dan corpo a A batalla dos xéneros
O Día das Letras Galegas é dedicado a María Mariño.