1923
O 1 de decembro nace Olga Gallego Domínguez en Ourense. Será inscrita no Rexistro Civil sete días máis tarde. Olga é a terceira filla de Pilar Domínguez Castro, nacida en Allariz, e Manuel Gallego Lamas, nacido en Taboadela. A primeira ocúpase do coidado doméstico, atende a casa, o marido e mais os críos; en cambio, o segundo traballa nun comercio de tecidos da súa propiedade na rúa da Barreira.Fonte da imaxe: http://ourensenotempo.blogspot.com/2008/04/ourense-1925.html
1926
O grupo de irmáns e irmás Gallego Domínguez aumenta co nacemento de Pilar. Os irmáns máis vellos, Luís e Manolo, naceran en 1920 e 1922, respectivamente. Olga Gallego comeza a ir á escola nun colexio situado na rúa 2 de Maio; pouco despois acudirá, xunto cos seus irmáns, ao Colexio de Don Ruperto, nos xardíns do Bispo Cesáreo, onde fan o primeiro ensino.Coñeza algo máis dos e das irmás Gallego Domínguez
1931
Na cidade de Ourense, Olga Gallego segue o proceso de educación regrada no Colexio Sueiro. Practicamente desde o comezo desenvolve un interese específico polo estudo e coñecemento da historia.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1931
Falece a nai de Olga Gallego. Ao pouco, o matrimonio formado por Corona Domínguez Castro, tía materna, e o seu marido, Antonio Cid Gallego, curmán carnal paterno, van vivir coa familia de Olga. Corona chega a ser como unha segunda nai para as criaturas.1937
A escaseza de ensinantes e de licenciados e licenciadas durante a guerra obriga a que os colexios se refundan. Neste contexto, Olga Gallego atópase en 3º de bacharelato, mais tense que trasladar ao Instituto Otero Pedrayo, situado nos xardíns do Posío.\r\nFonte da imaxe: http://www.kabute.org/blog/\r\n1939
Olga Gallego inicia o curso académico 1939-1940 no colexio Cardenal Cisneros de Ourense. Remata o curso coa cualificación de sobresaliente con premio e recibirá, por este motivo, un diploma de honor.\r\nXosé González Martínez\r\n1942
Olga Gallego Domínguez trasládase á cidade de Santiago de Compostela para iniciar os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras. Un tifo imposibilitouna para que puidese dar ese paso no curso anterior.\r\nFonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez\r\n1946
Olga Gallego Domínguez licénciase na Sección de Historia da Facultade de Filosofía e letras da Universidade de Santiago de Compostela e, coa mediación de Ángel Canellas, comeza a preparar as oposicións de auxiliar de arquivos con Xesús Ferro Couselo. Tamén será Ferro quen lle proporcione os seus primeiros contactos coa intelectualidade galeguista de século xx: Fernández del Riego, Xocas, os irmáns Isla Couto, Otero Pedrayo...\r\nFonte da imaxe: CCG. Fotografía de Teresa Navarro Quinteiro \r\n1949
Olga Gallego Domínguez publica o seu primeiro artigo no Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense co título «Plata labrada que en 1601 había en Orense».1951
A partir deste ano e ata 1954, Olga Gallego Domínguez dedícase ao ordenamento e clasificación dos fondos do Arquivo Diocesano de Ourense.1955
Despois de aprobar as oposicións de auxiliar de arquivo do Estado, Olga Gallego Domínguez é destinada á Biblioteca Provincial de Ourense. Ata este ano e desde o remate da carreira, amais de dedicarse á preparación de oposicións, imparte aulas nas Carmelitas de Ourense.1958
O domicilio familiar de Olga Gallego na rúa Padre Feijoo en Ourense sofre un incendio que, ademais de provocar a desaparición de mobles e documentos familiares, destrúe a consulta médica recentemente instalada do seu irmán Luís.1958
Tras o seu ingreso por oposición no corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, Olga Gallego Domínguez é destinada á Biblioteca Pública e ao Arquivo da Subdelegación de Facenda de Vigo e ocupará o cargo de directora. A súa estancia nesta cidade terá un período de 10 anos, neles ordena e cataloga os fondos das bibliotecas do Instituto de Ensino Secundario Santa Irene, da Caixa de Aforros de Vigo e da Escola de Peritos e Industriais.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1963
Coa instalación dos fondos bibliográficos de Fermín Fernández Penzol-Labandeira en Vigo, da man da Editorial Galaxia, toma corpo a Fundación Penzol en Vigo. Xesús Ferro Couselo solicítalle a Olga Gallego Domínguez que se ocupe, con criterios científicos, da organización dos fondos. Nesta tarefa vai contar coa colaboración de Pedro López Gómez.Fonte da imaxe: http://www.galiciadigital.com
1968
O vinte de decembro falece Antonio Cid Gallego, tío de Olga Gallego, que desde 1931 residía na casa familiar de Ourense.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1969
O labor de Olga Gallego Domínguez a prol da cultura galega é recoñecido coa concesión do Lazo da Orde de Alfonso X o Sabio.Fonte da imaxe: http://www.coleccionesmilitares.com
1970
Olga Gallego Domínguez visita as escavacións arqueolóxicas realizadas na Rúa (Ourense) en compañía de Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lourenzo “Xocas”, entre outros.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1971
Olga Gallego é nomeada secretaria do Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Arquivo Histórico Provincial e do Museo Arqueolóxico e mais do equipo de redacción do Boletín Avriense, publicación periódica na que os traballos desta autora teñen unha cita habitual ao longo de toda a súa vida. Noutra orde de cousas, no mes de marzo Olga afronta a morte do seu pai.Acceda ao sitio web do Boletín Avriense
1971
Publica Olga Gallego Domínguez o artigo titulado «La obra del entallador Aymon Pourchelet en Orense (1560-1603)» no Boletín Avriense.1972
Olga Gallego publica dous artigos: un no Boletín Avriense co título «Torres, puertas y cercas de la ciudad de Orense»; e o outro, «Unha xoia bibliográfica da Biblioteca Penzol», fai parte da obra Homenaxe a Fermín Penzol e, en 1981, será reeditado no n.º 73 da revista Grial.- “Unha xoia bibliográfica da Biblioteca Penzol”, en Homenaxe a Fermín Penzol, Vigo, Galaxia, 1972, p. 108-115.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
- “Torres, puertas y cercas de la ciudad de Orense”, Boletín Auriense, T. II (1972), p. 241-278
Fonte: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Fonte da imaxe: exemplar da biblioteca do CCG
1973
Son dous os artigos que publica Olga Gallego Domínguez no Boletín Avriense neste ano: «La peste en Orense desde el siglo XIV al XIX» e «El Archivo Histórico Provincial de Orense». Elabora un terceiro en coautoría con Aniceto Charro Arias, que se publica no Boletín de la Sociedad Española de Historia de la Farmacia co título «Contribución a la historia de la Farmacia en Galicia».-“La peste en Orense desde el siglo XIV al XIX”, Boletín Auriense, T. III (1973), p. 15-55
Fonte: Museo Arqueolóxico de Ourense
1974
Entre Olga Gallego Domínguez e Pedro López Gómez comeza a desenvolverse unha estreita colaboración que, amais de conformar un importante vínculo de amizade, vai ter como resultado a publicación de numerosas obras de autoría conxunta ao longo dos anos.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1974
«Cuatro siglos de demografía orensana» é o título do artigo que publica Olga Gallego Domínguez no Boletín Avriense. O título que aparece no índice é «Demografía orensana desde el siglo XIV al XIX», que aborda a evolución da demografía ao longo do Antigo Réxime a través da documentación dos papeis do concello de Ourense.1974
A Gran Enciclopledia Galega, con texto de Xoán Martínez Tamuxe, dedica unha das súas entradas a Olga Gallego Domínguez.MARTÍNEZ TAMUXE, X.: “Gallego Domínguez, Olga”, en Gran Enciclopledia Galega, Silverio Cañada Editor, 1974, XV, p. 100
Fonte: Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca CCG
1975
Olga Gallego deixa o cargo de secretaria do Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Arquivo Histórico Provincial e do Museo Arqueolóxico.1976
Asiste Olga Gallego ao V Encontro dos Bibliotecarios, Arquivistas e Documentalistas Portugueses, que ten lugar entre os días 6 e 9 de outubro en Braga. Nel presenta a comunicación, elaborada xunto con Pedro López Gómez, «El Catastro del Marqués de la Ensenada en Orense y Pontevedra y su mecanización».Fonte da imaxe: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:BRG.png
1977
O catorce de marzo falece Corona Domínguez, tía materna de Olga Gallego. Corona encargouse desde 1931 do coidado da casa e da familia Gallego Domínguez. Chegara a ser como unha segunda nai para Olga Gallego.1979
Créase a Fundación Otero Pedrayo, na que Olga Gallego Domínguez é membro do Padroado. Nesta fundación vai desenvolver importantes labores de orientación e organización dos fondos bibliográficos e documentais do escritor.Ligazóns: Acceda ao sitio web da Fundación Otero Pedrayo
1980
Os méritos no campo da investigación histórica levan a que Olga Gallego Domínguez sexa nomeada Académica Correspondente da Real Academia da Historia.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1981
Olga Gallego Domínguez ten unha importante actividade relatora en encontros de diferente envergadura. «Os mosteiros ourensáns» é o título da súa contribución ao Primer Coloquio sobre Historia del Monacato Gallego, realizado en Ourense entre os días 10 e 12 de marzo. No Primeiro Coloquio Galaico Minhoto>, que tivo lugar entre os días 1 e 5 de setembro en Ponte de Lima, presenta, en colaboración con Pedro López Gómez, «Documentos sobre Portugal existentes en la Fundación Penzol (Vigo)». Entre os días 14 e 19 setembro, no Coloquio sobre la Ciudad Hispánica durante los Siglos XIII al XVI, en La Rábida (Sevilla), presenta «El Archivo del Concejo de la ciudad de Orense y sus fondos documentales hasta el año 1600». Ten presenza tamén no Primeiro Congreso Nacional de Archiveros, Bibliotecarios y Documentalistas, levado a cabo entre os días 26 e 31 de outubro en Sevilla. Neste caso elabora, en coautoría con Pedro López Gómez e por encargo da Rama de Arquivos da ANABAD, o relatorio «La formación profesional de los archiveros».Ligazóns: Acceda ao sitio web da ANABAD
1982
No Primeiro Congreso Nacional de Archiveros y Bibliotecarios de Administración Local, que tivo lugar en Elx (Alacant), Olga Gallego Domínguez presenta o relatorio titulado «El Ayuntamiento de Ribadavia: un caso de destrucción de Archivos Municipales».Fonte da imaxe: http://enciclopedia.us.es/index.php/Dama_de_Elche
1983
Ten lugar en Palma de Mallorca o Segundo Congreso da ANABAD. Vai contar coa presenza de Olga Gallego, Francisco Fernández del Riego e Pedro López, entre outras personalidades destacadas.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1984
Participa Olga Gallego Domínguez, xunto con Pedro López Gómez, no Segundo Coloquio Galaico Minhoto, que tivo lugar os días 14-16 de abril en Santiago de Compostela. Ambos presentan o relatorio titulado «La Escuela de Cristo de Santiago. Un foco de religiosidad conservadora en Santiago».1985
Olga Gallego Domínguez asiste ao Congresso Nacional BAD realizado no Porto e presenta o relatorio titulado «La organización de un fondo monacal: el Monasterio de Santa María de Oseira (Orense)».Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1986
Olga Gallego Domínguez asiste ao Segundo Congreso sobre Arquivos Económicos de Entidades Privadas, os días 26 e 27 de xuño en Madrid. Neste contexto presenta, en colaboración con Xan Carmona e Pedro López Gómez, unha comunicación realizada por encargo e que se titula «Fuentes para el estudio de la banca en Galicia durante el siglo XIX y primer tercio del XX».1986
Olga Gallego Domínguez é proposta por Manuel Chamoso Lamas, Francisco Ogando Vázquez e Francisco Xavier Río Barja como Académica Numeraria para a Real Academia Galega. Toma posesión do cargo o día 15 de novembro.Ligazón: Acceda á información de Olga Gallego Domínguez na web da RAG
Fonte da imaxe: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=7613
1987
Recae en Olga Gallego Domínguez o encargo de elaborar e ler o pregón das Festas Maiores de Ourense deste ano.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1987
Olga Gallego Domínguez participa como relatora en diferentes encontros dentro e fóra do Estado español. «Archivos familiares: organización» é o título do seu relatorio no Congresso Nacional de Bibliotecarios, Arquivistas e Documentalistas. La Integração Europeia: um Desafio à Informação, realizado en Coimbra. «Sellos municipales orensanos» titula a súa intervención no Primer Coloquio de Sigilografía, que ten lugar en Madrid. Presenta tamén «Los archivos históricos del Estado en Galicia: estado actual y perspectivas» nas Primeiras Xornadas de Arquivos, Bibliotecas, Centros de Documentación e Museos de Galicia: Situación Actual e Perspectivas, realizadas na Coruña, entre os días 16 e 18 de outubro. Pronuncia, ademais, a conferencia «Los Archivos Históricos Provinciales» en Ávila, durante a realización, entre os meses de outubro e novembro, de Los Archivos y la Investigación: Ciclo de Conferencias en Homenaje a Carmen Pedrosa.1988
Participa Olga Gallego Domínguez nun Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela no que imparte a conferencia titulada «Reorganización de Archivos Históricos». Pronuncia a conferencia «La Hacienda y la Fiscalidad en la Galicia del siglo XVIII» no ciclo de conferencias organizadas polo Arquivo do Reino de Galicia na Coruña entre os días 7 e 11 de marzo baixo o rótulo Fuentes para el Estudio del Siglo XVIII en Galicia: Historia Económica y Social.1989
Olga Gallego Domínguez chega á xubilación no Arquivo Histórico de Ourense sen que iso implique o cesamento da súa actividade docente; de feito, neste ano é requirida pola ANABAD para impartir docencia en Madrid.1990
Olga Gallego Domínguez accede ao cargo de presidenta do Grupo Marcelo Macías de Colaboradores do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Permanecerá no cargo ata o día da súa morte.Fonte da imaxe: http://vieja.turismogalicia.info
1990
Olga Gallego foi unha gran viaxeira e con frecuencia organizou excursións coas súas amizades. Neste ano visitará as cidades de Budapest e Praga en compañía de María Teresa Delgado Piñar e Susana (a súa neta), Amalia Fernández de Ana e Rita (a súa sobriña) e Pedro López e Rosa (a súa sobriña)Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1990
Participa Olga Gallego Domínguez en dous cursos de verán como conferenciante. A conferencia impartida na Universidad de Salamanca titúlase «Descripción de documentos» e a impartida na Universidad de Alcalá de Henares, «Principios Archivísticos». Ademais, ela e Pedro López Gómez reciben dous encargos para a elaboración de relatorios: a ANABAD encárgalles o relatorio «Archivos y Documentación» para as III Jornadas Españolas de Documentación Automatizada. Documat-90, realizadas en Palma de Mallorca entre os días 24 e 26 de maio; o relatorio titulado «La descripción en fondos de archivo y series cerradas» realízano para o Primeiro Encontro Internacional de Archivística, que tivo lugar en Donosti entre os días 19 e 21 de xuño. Finalmente imparte un novo relatorio na Casa Gallega de Madrid.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1990
A obra de Francisco Fernández del Riego Diccionario de escritores en lingua galega dedica unha das súas entradas a Olga Gallego Domínguez.FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F.: “Gallego Domínguez, Olga”, en Diccionario de escritores en lingua galega, Sada, Ediciós do Castro, 1990, p. 141
Fonte: Diccionario de escritores en lingua galega, Biblioteca CCG
1991
Participa Olga Gallego Domínguez nun curso de verán da Universidad de Oviedo coa conferencia titulada «Archivos de Empresa». Co seminario «Historia de Ourense» colabora nas Sextas Xornadas de Historia de Galicia, realizadas en Ourense. Ten presenza, tamén, en Oseira-Ourense, entre o 17 e o 20 de outubro, no Congreso Internacional sobre San Bernardo e o Císter en Galicia e Portugal, no que presenta o relatorio «Barcas y barcajes de los monasterios cistercienses de la provincia de Orense».1991
O relatorio «Sellos municipales orensanos», que Olga Gallego Domínguez presentara en 1987 no Primer Coloquio de Sigilografía, toma forma de artigo coa publicación das actas. Ocorre o mesmo co relatorio «La Hacienda y la Fiscalidad en la Galicia del siglo XVIII» lido en 1988 no Ciclo de conferencias que tiveron lugar na Coruña baixo o rótulo Fuentes para el Estudio del siglo XVIII en Galicia. Historia Económica y Social.“Los sellos del concejo de Orense”, Boletín Auriense, T. X-XI (1990-1991), p. 63-74
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
“La Hacienda y la Fiscalidad en la Galicia del siglo XVIII”, en Fuentes para el estudio del siglo XVIII en Galicia. Historia Económica y Social: Ciclo de conferencias organizadas por el Archivo del Reino de Galicia. 7 11 marzo de 1988, Sada, Ediciós do Castro, 1991, p. 47-144
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
1992
Olga Gallego Domínguez visita as terras de Galilea.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1992
Participa Olga Gallego Domínguez como docente de materias de organización e descrición de arquivos no Máster en Arquivística organizado pola Universidad del País Vasco en Donosti nos cursos 1992-1993, 1993-1994 e 1994-1995.Fonte da imaxe: http://www.jorgetutor.com/spain/euskadi/donosti2/donosti.htm
1993
Olga Gallego Domínguez ten presenza nos cursos de verán da Universidad de León coa conferencia titulada «Cuadros de Clasificación». En Ourense participa nas Xornadas Xacobeas sobre Hospitais da Provincia de Ourense co relatorio «La hospitalidad en la provincia de Ourense en el Antiguo Régimen» e nas Novenas Xornadas de Historia de Galicia co relatorio titulado «A Muller na Historia de Galicia». Tamén intervén na mesa redonda sobre o Camiño de Santiago realizada en Santiago de Compostela.1993
Nunha das súas excursións por Galicia achégase ao castelo de Monterrei. No que toca a Europa fai unha viaxe a Italia en compañía de Xesús Fernández del Riego, Evelina Hervella Nieto e María Teresa Ferro.Fonte da imaxe: Arquivo de Pilar Gallego Domínguez
1994
Olga Gallego Domínguez é elixida presidenta da Confederación de Asociacións de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia). Permanecerá no cargo ata 1995.1994
Olga Gallego Domínguez é elixida presidenta da Confederación de Asociacións de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia). Permanecerá no cargo ata 1995.1994
Co título «Ourense na súa Historia», Olga Gallego imparte un relatorio na Aula de Cultura Caixa Galicia de Ourense.1995
Ten lugar en Ourense un Ciclo de Historia Local e unhas Xornadas de Historia de Galicia. Ambos os encontros contan coa presenza de Olga Gallego Domínguez. No primeiro deles presenta o relatorio titulado «Grupos sociales e formas de vida no Ourense da Idade Moderna»; no segundo, «Las cárceles de Orense del Antiguo Régimen».2000
Outórgaselle a Olga Gallego Domínguez a Medalla de Prata de Galicia. Trátase dunha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica de Galicia.Fonte da imaxe: http://cartaxeometrica.blogspot.com
2001
Olga Gallego Domínguez e Pedro López Gómez presentan a comunicación «La Cofradía de Santiago de los Caballeros de Ourense y sus banquetes festivos» nas V Jornadas de Castilla-La Mancha sobre Investigación en Arquivos, que este ano teñen lugar en Guadalajara baixo o lema Iglesia y Religiosidad en España. Historia y Archivos. Tamén ela vai facer parte do xurado do Premio Nacional de Narrativa, que recae na obra de Juan Marsé Rabos de Lagartija.2001
Olga Gallego Domínguez realiza unha nova viaxe por Europa. Esta vez visita Berlín en compañía de M.ª Rosa Uría, Vicenta Cortés, Amalia Fernández de Ana e Pedro López.Fonte da imaxe: Arquivo de Pedro López Gómez
2002
Olga Gallego visita Moscova cun grupo de amigas e amigos; M.ª Rosa Uría e Amalia Fernández de Ana, entre outras.Fonte da imaxe: Arquivo de Pedro López Gómez
2003
Olga Gallego realiza unha nova viaxe por Europa, desta volta ten como destino a cidade de Viena.Fonte da imaxe. Arquivo de Pedro López Gómez
2005
O 3 de marzo Olga Gallego Domínguez asiste á inauguración do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé en Ourense. Trátase dun proxecto iniciado en 2002 e que foi escavado, consolidado e musealizado pola Asociación Marcelo Macías co apoio económico e institucional da Fundación Pedro Barrié de la Maza.Ligazón: Acceda á máis información sobre o acto
Fonte da imaxe: http://www.osil.info/index.php?ID=1267
2005
O Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia coordina a publicación Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe. A obra está dedicada integramente a esta autora e, na elaboración de artigos, colaboran persoas que desenvolven a súa tarefa profesional en diferentes arquivos do Estado español e en centros de formación en biblioteconomía e arquivística: Felipe Arias Vilas, Vicenta Cortés Alonso, Antonia Heredia Herrera, Luís Martínez García, María del Mar García Miraz, Blanca Picabea Eléxpuru, Mariano García Ruipérez, Daniel de Ocaña Lacal, Miguel Ángel Jaramillo Guerreira, Olimpia López Rodríguez, María Dolores Pereira Oliveira, Gabriel Quiroga Barro, María de la O Suárez Rodríguez e Pedro López Gómez. O artigo deste último, «Olga Gallego Domínguez: una bio-bibliografía provisional», foi empregado como base para a elaboración desta cartografía.LÓPEZ GÓMEZ, P.: “Olga Gallego Domínguez: una bio-bibliografía provisional”, en Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia (coord.), Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2005, p. 9-47
Fonte: Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe, Biblioteca CCG
2005
O artigo de Olga gallego Domínguez publicado en 1976, «Hospitales de la provincia de Orense», foi a referencia que levou a David Simón a realizar unha análise da asistencia ao doente mental no período premanicomial en Ourense (1875 a 1975). A súa investigación deu lugar a unha tese de doutoramento e, neste ano, ao libro Locura, medicina, sociedad: Ourense (1875-1975).Máis información sobre a investigación de David Simón (dispoñible online)
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2010/09/olga-gallego-dominguez-historias-e.html
2005
O día 24 de marzo o Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia tributa unha homenaxe a Olga Gallego Domínguez no Liceo de Ourense en recoñecemento do seu labor no eido cultural e histórico a nivel local, galego e estatal.Fonte da imaxe: http://www.fundacioncarloscasares.org/?p=1260
2006
Estocolmo é o destino elixido po Olga Gallego e as súas amizades na viaxe que realizan neste ano.Fonte da imaxe. Arquivo de Pedro López Gómez
2006
Olga Gallego Domínguez é galardoada, xunto con Ángel Carracedo e Avelino Pousa Antelo, coa Medalla Castelao en recoñecemento polo seu labor en favor da cultura galega e, máis concretamente, pola súa contribución no eido documental e arquivístico.Fonte da imaxe: http://www.galiciadigital.com/nota.3613.php
Ligazón: Acceda á máis información sobre o acto: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=8231
2006
A Federación de Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia) tributa unha homenaxe a Olga Gallego Domínguez.2007
O 6 de maio falece Luís Gallego, un dos irmáns máis vellos de Olga Gallego Domínguez. Luís dedicouse á medicina e a súa influencia na obra de Olga Gallego, xunto coa da súa irmá farmacéutica, Pilar, poden explicar o interese da autora pola historia da enfermidade, das medidas curativas, hidrotermais e farmacolóxicas e dos sistemas hospitalarios.Coñeza algo máis sobre Luís e Olga Gallego Domínguez
2007
Aurora Marco no seu Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975 inclúe unha entrada dedicada a Olga Gallego Domínguez.MARCO, A.: “Gallego Domínguez, Olga”, en Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975, Vigo, Promocións Culturais Galegas, 2007, p. 180
Fonte : Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975, Biblioteca CCG
2008
O día 18 de maio Faro de Vigo publica unha entrevista realizada a Olga Gallego Domínguez por X. M. del Caño.X.M del Caño entrevista a Olga Gallego Domínguez, farodevigo.es (18-5-2008)
Fonte: http://www.farodevigo.es/(descarga: 26/03/2011)
2008
A Fundación Otero Pedrayo publica a obra Olga Gallego Domínguez. O tecido da historia. Trátase dunha publicación realizada con motivo do nomeamento da Sra. Gallego Domínguez co Premio Trasalba deste ano. A obra conta con achegas da propia autora, Pablo Sánchez Ferro, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Isabel Blanco, Francisco Fariña Busto, Francisco Fernández del Riego, Jesús de Juana, Pedro López Gómez, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Dolores Pereira Oliveira, Gabriel Quiroga Barro, Xulio Rodríguez González, Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, Alfonso Zulueta de Haz e Yolanda Barriocanal López.Fonte da imaxe: Arquivo de Afonso Vázquez Monxardín
2008
Olga Gallego Domínguez é elixida por unanimidade Premio Trasalba na súa XXVI edición. É a segunda muller que recibe este galardón. A primeira, Pura Vázquez, fora elixida doce anos antes.Fonte da imaxe: http://www.tierrasdesantiago.com
Ligazón: Máis información sobre o premio.
2009
O día 3 de marzo, co relatorio titulado «A muller ourensá no Antigo Réxime», Olga Gallego participa na mesa redonda Heroínas na Historia e no Mundo, organizada con motivo do día 8 de marzo (Día da Muller Traballadora ou das Mulleres) por diferentes organizacións do Concello da Coruña.Fonte da imaxe: http://osmallos.iespana.es/programamuller09.pdf
2010
O venres 4 de setembro, de madrugada, falece Olga Gallego Domínguez na súa cidade natal.2010
A prensa galega faise eco do falecemento de Olga Gallego Domínguez. Amais dos textos de axencias de noticias, publícanse artigos coa firma de Rubén Nóvoa, Xabier Limia de Gardón, María Xesús Nogueira ou Pedro López Gómez.NÓVOA, Rubén: “Adiós a la archivera de Ourense”, La Voz de Galicia (5-9-2010)
Fonte: Arquivo de Pedro López
LIMIA DE GARDÓN, Xabier: “Hablar de Olga Gallego”, La Región (05-09- 2010), p. 7
Fonte: Arquivo de Pedro López
HERNÁNDEZ, Imanol: “La cultura gallega despide en Santa Eufemia a Olga Gallego“, La Región. Edición digital (6-09-2010)
Fonte: http://www.laregion.es/noticia/131419/historiadora/gallego/muere/ourense/ (descarga 15-08-2011)
NOGUEIRA, M. Xesús: “O silencio da arquiveira”, El Progreso (11-9-2010), p.9
Fonte: http://elprogreso.galiciae.com/nova/62175.html?lang=gl (descarga 26/03/2011)
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Olga Gallego, una inolvidable referencia ética y profesional”, La Voz de Galicia (23/10/2010)
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/10/23/0003_8801682.htm (descarga 04/08/2011)
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: “Olga Gallego. Referencia ética”, farodevigo.es (28-11-2010)
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/11/28/olga-gallego-referencia-etica/495404.html (descarga 29-7-2011)
2010
O número 5 do Boletín da ANABAD-Galicia homenaxea a figura da recentemente falecida Olga Gallego Domínguez. Pedro López Gómez no artigo «Sobre perfís e modelos profisionais: tributo a Olga Gallego Domínguez» presenta o perfil desta destacada arquiveira e bibliotecaria como un bo exemplo para imitar.LÓPEZ GÓMEZ, P.: “Sobre perfís e modelos profesionais: tributo a Olga Gallego Domínguez”, Boletín Anabad-Galicia, n.º 5 (2010), p. 2-3
Fonte:http://anabadgalicia.files.wordpress.com/
(data descarga 16/08/2011)
2011
Pedro López Gómez elabora un novo artigo dedicado a Olga Gallego Domínguez. Titúlase «Perfiles, modelos y género en Olga Gallego» e publícase no Boletín ANABAD. Tamén Pablo Sánchez Ferro lle dedica un artigo á historiadora e arquiveira, publicado en Ourense Siglo XXI. La Atenas de Galicia. Personajes Ilustres. Ourense.LÓPEZ GÓMEZ, P.: “Perfiles, modelos y género en Olga Gallego”. Boletín ANABAD, n.º 2 (abril-junio 2011), p. 13-17
Fonte: Arquivo de Pedro López Gómez
SÁNCHEZ FERRO, P.: “Olga Gallego Domínguez”, Ourense Siglo XXI. La Atenas de Galicia. Personajes Ilustres, Deputación Provincial, n.º 22, (2011), p. 78-79
Fonte: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ (data descarga 28-09-2011)
2011
ANABAD-Galicia promove a proposta de que o Arquivo Historico Provincial de Ourense reciba o nome de Olga Gallego Domínguez. A proposta recibe o apoio da Real Academia Galega e da Real Academia de Historia, sen que de momento se tomase ningunha decisión ao respecto.2011
O 27 de outubro ten lugar en Compostela a xornada Mulleres e Historia. Olga Gallego Domínguez, organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.Acceda ao programa da xornada