1941
Comeza o bacharelato no Colegio de Enseñanza General de Ferrol.
No primeiro curso ten como profesor de Historia e de Literatura a Ricardo Carvalho Calero, que viña de saír do cárcere tras a súa participación no bando republicano.
1931
O 22 de novembro de 1931 nace en Compostela Xohana Torres Fernández.
A familia axiña se traslada a Ferrol pola profesión do pai, mariño. Alí pasa a súa infancia e mocidade. A familia paterna era orixinaria do Grove e a familia materna do Ribeiro de Avia, lugar asociado á memoria da avoa Dolores, que tanto protagonismo ten na súa obra literaria.
1956
Comeza a súa andaina radiofónica no programa Teresa, de Ferrol, e desde alí fai unha defensa da incorporación das mulleres á vida pública.
1957
O 29 de marzo Xohana Torres intervén na sesión de clausura do ciclo Homenaxe á lírica galega que ten lugar no Círculo Mercantil de Santiago de Compostela. Nel participaban os novos escritores galegos alentados polo grupo Galaxia. Abriu o seu recital cunhas palabras sobre a poesía galega e unha defensa das escritoras. Durante a súa estadía en Compostela entra en relación co círculo galeguista. Ese mesmo ano matricúlase en Filosofía e Letras, estudos que non remata.
1957
Nestes anos colabora co Teatro Estudio de Ferrol, dirixido por Alfredo Osset, que programa textos contemporáneos (Miller e Albee, entre outros).
1958
Salvador Lorenzana [Francisco Fernández del Riego] faille unha entrevista á autora, “Conversa con Xohana Torres”, para o n.º 36 de
Galicia Emigrante, publicación que dirixía Luís Seoane en Bos Aires.
[Descargar en PDF]
1980
Xohana Torres, xunto con Laura Pérez Landeira, Luz Pozo, Camino Noia e María Xosé Queizán conforman o xurado do concurso de poesía feminista convocado pola Coordinadora Feminista de Vigo
1965
Comezan as emisións do programa radiofónico Raíz e tempo, en La Voz de Vigo, por iniciativa da Asociación Cultural de Vigo. A súa primeira directora e presentadora foi Xohana Torres e entre os colaboradores estaban Xosé Manuel Beiras, María Xosé Quinteiro ou Xoán Bernárdez Vilar. A partir de 1966 substitúea Xosé Luís Franco Grande.
1967
Xohana Torres é unha das persoas que responde á enquisa do
Faro de Vigo (11/03/1967) sobre a necesidade do ensino en galego. Nas súas respostas defendeu:
E que maior tesouro que o dun país que, malia a presión exercida, mantén viva e rica a lingua e dignamente representada a súa literatura?
1968
No mes de abril asina a Carta dos artistas e escritores galegos ao rector da Universidade de Galicia pedindo o cese da represión contra os e as estudantes que participaron nas revoltas universitarias dese ano.
2003
O 30 de abril Xohana Torres e mais Luz Pozo, María Xesús Nogueira, Luciano Rodríguez e Luís González Tosar compoñen o xurado do I Premio de Poesía Caixanova, que acadou Xavier Seoane con Dársenas do ocaso.
2004
O 8 de marzo Xohana Torres asiste ao fallo e entrega do Premio de Investigación que leva o seu nome. Na súa intervención fixo referencia ás mulleres sometidas á intransixencia. No libro de honra do Concello escribiu:
A luz da carballeira entre arcadas e pórticos e voa Rosalía dos altos pedestais
2006
Intervén nun recital poético con Antonio Gamoneda, António Salvado e Xosé Luís Méndez Ferrín organizado polo PEN Clube e celebrado no CCG.
[Acceda aos audios]