culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Teodoro Varela de la Iglesia

Profesor de secundaria autor de tres demostracións do teorema de Herón

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Ricardo Moreno Castillo
  • Data de alta: 06/07/2012

Extras sobre Teodoro Varela de la Iglesia:

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Ricardo Moreno Castillo ([2012], “Teodoro Varela de la Iglesia”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 13/10/2024] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=310
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Soto de Cameros (Logroño) 1853
  • Falecemento: Noia (A Coruña) 1893
Irmán do médico Ramón Varela de la Iglesia, o seu nacemento fora de Galicia foi accidental, pois era de familia galega (dunha tradición liberal moi achegada ós sucesos producidos pola intransixencia do conservadorismo político que có tempo daría lugar ao nacemento do institucionismo) e aquí exerceu a súa profesión. Bacharel pola Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, entre 1868 e 1869 exerceu como profesor de Xeometría e Trigonometría e de Matemáticas no Instituto de Santiago, cesando en 1870 ao conseguir por oposición a cátedra de matemáticas no Instituto de Pontevedra. Posteriormente volvería a trasladarse ao Instituto de Santiago, figurando no cadro de profesores do centro entre os cursos 1886-7 e 1892-3. Durante a estancia no Instituto compostelán fixo un cambio na metodoloxía da súa materia, facendo máis fincapé na resolución de problemas que na bagaxe teórica, por causa do cal estivo involucrado en certas polémicas pedagóxicas.

A súa contribución matemática consistiu en tres demostracións distintas do teorema de Herón. As tres demostracións apareceron na terceira edición da obra Elementos de Matemáticas, de Lasala, quen fai unha historia do teorema de Herón e as súas distintas demostracións, para deixar clara deste modo a orixinalidade das de Varela, de quen fala con moita admiración.



Bibliografía:



Fontes impresas:

VARELA DE LA IGLESIA, Teodoro (1883): Programa de las lecciones de Aritmética y Álgebra explicadas en el Instituto de 2ª Enseñanza de Pontevedra por el Catedrático de dicha disciplina, Pontevedra: Imp. de J. Millán.

VARELA DE LA IGLESIA, Teodoro (1889): Programa de las lecciones de Geometría y Trigonometría explicadas en el Instituto de Santiago durante el curso de 1888 a 1889, Santiago: Imprenta de José M. Paredes.

VARELA DE LA IGLESIA, Teodoro (1889): Programa de Aritmética y Álgebra por el que dirige sus explicaciones en la Cátedra y sus pruebas en los exámenes al tenor de lo dispuesto en la Real Orden de 22 de noviembre de 1883 por D. Teodoro Varela de la Iglesia, Santiago: Imprenta de José M. Paredes.

LASALA Y MARTÍNEZ, A. (1890): Elementos de Matemáticas, 3ª edición, Bilbao: Tipo-Litografía de la Viuda de Delmas.


Bibliografía secundaria:


BENSO CALVO, C. (2003): Profesores y textos en el bachillerato. Uso y producción de obras de texto en los institutos gallegos del siglo XIX, Santiago: Ediciones Tórculo.

BENSO CALVO, C. (2008): La enseñanza de las matemáticas en el siglo XIX. Polémica en torno a los programas elaborados por el catedrático Teodoro Varela de la Iglesia en el Instituto de Santiago, Anuario galego de historia da educación, 12: 173-185.

MORENO CASTILLO, R. (1992): Pensamento Matemático en Galicia, Sada-A Coruña: Edicións do Castro.

MORENO CASTILLO, R. (2004): 13 matemáticos galegos, Madrid: Editorial Anaya.