culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Emigdio Iglesias Somoza

Responsable técnico militar de amplo espectro e vocación didáctica

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 10/07/2012

Galeria


Dique de carena da factoría de Matagorda (Cádiz), na que Iglesias Somoza exerceu como enxeñeiro xefe dos talleres de maquinaria.

Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “Emigdio Iglesias Somoza”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 10/09/2024] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=317
Untitled Document

Dique de carena da factoría de Matagorda (Cádiz), na que Iglesias Somoza exerceu como enxeñeiro xefe dos talleres de maquinaria.

Datos biográficos:

  • Nacemento: Ferrol (A Coruña) 1875
  • Falecemento: Cádiz 1925
Pertencía ao Cuerpo General de la Armada cando no ano 1892 ingresou na Escuela Naval para cursar a carreira de Enxeñería Naval. Posteriormente ampliou estudos na Escola de Aplicación de Enxeñería Marítima de París, acadando o título de enxeñeiro civil de Construcións Navais. Sempre ao servizo da Armada e da Sociedad Española de la Construcción Naval, no ano 1917 foi nomeado enxeñeiro xefe dos talleres de maquinaria da factoría de Matagorda, na cal realizou importantes obras e modificacións técnicas, como foron a electrificación dos talleres e o dragado da dársena. Durante a súa etapa de dirección rematouse de construír o buque de 12.000 Tm. “Manuel Arnús", e tamén foron reparados mais de 1.500 buques, entre eles dous da Mariña de Guerra. Así mesmo construíronse uns 300 vagóns de ferrocarril, restaurándose un número maior. Iglesias foi condecorado coas cruces de primeira e segunda clase do Mérito Naval, e acadou a gradación de tenente coronel de Enxeñeiros da Armada.

Publicou unha importante obra en dous volumes integrada nos Manuales “Calpe” de Ingeniería Civil, industrial y militar, que pode consultarse na Biblioteca Central da Escola Naval Militar de Marín. Trátase de Arquitectura Naval. Teoría del navío (Iglesias, 1922). No primeiro volume, despois de fixar os contidos da teoría do navío como rama da arquitectura naval, e de definir os principais termos relacionados coa estrutura dos buques e coas súas condicións de navegación, afonda detidamente na interpretación dos planos de formas, nos cálculos de desprazamento e nos relativos aos distintos tipos de carena. Unha parte importante da obra esta dedicada ao estudo do equilibrio estático, estable e dinámico do navío, e ás aplicacións prácticas destas teorías, salientando a que se refire á modificación da estabilidade do buque ao suplementar a súa carena con embonos.

No segundo volume da obra, que comeza por un estudo teórico das ondas, céntrase no desenvolvemento das ecuacións do movemento de balance do navío en augas tranquilas, con e sen resistencia primeiro, e entre as ondas despois. Tamén analiza a resistencia ao movemento directo da carena, o concepto de deriva e a evolución xeral do navío.

Recoñecido profesionalmente, colaborou na Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana, Espasa-Calpe, sobre asuntos da súa especialidade. No campo das aplicacións técnicas inventou un aparato para medir as velocidades de lanzamento dos torpedos automáticos.



Bibliografía:



Fontes impresas:

IGLESIAS, Emigdio (1922): Arquitectura naval. Teoría del navío, Manuales de Ingeniería civil, industrial y militar, II, III (2 vol.), Barcelona: Ed. Calpe.


Bibliografía secundaria:

ANÓNIMO (1925): “Iglesias, Emigdio”, Revista General de Marina, II: 137.