culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Manuel Eugenio Merino Simón

Recoñecido especialista no estudo e tratamento das enfermidades venéreas

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 14/09/2012

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “Manuel Eugenio Merino Simón”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 20/09/2024] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=344
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Leganés (Madrid) 1889
  • Falecemento: Descoñecida
Cursou o ensino secundario nos institutos de A Coruña e Santiago e obtivo o grao de Bacharel nesta última cidade en 1906. Ao ano seguinte matriculouse na Universidade compostelá para estudar a carreira de Medicina, licenciándose en 1912. Merino foi alumno do Instituto Rubio de Madrid e alumno interno do Hospital Clínico de Santiago, exercendo durante moitos anos nesta cidade como especialista de enfermidades da pel e venéreas.

O groso da súa produción científica está constituída por gran número de artigos publicados en diversas revistas médicas, fundamentalmente na Revista Médica Gallega que Merino, xunto co Dr. Pena Pérez, primeiro dirixiu e logo editou alá polos anos vinte. Moitos destes artigos foron recollidos en monografías. No ano 1917 aparece o seu primeiro traballo: “Pitiriasis rubra pilar de Devergie”, un caso clínico publicado en Galicia Médica. Máis importancia ten xa o artigo “Incubaciones primarias sifilíticas anormales” (Merino, 1921), que foi reproducido, en decembro dese mesmo ano, na prestixiosa revista berlinesa Vox Medica, e tamén na española Archivos Dermosifiliográficos. Baseándose no dato que aporta o período de incubación das enfermidades infecciosas para a diagnose diferencial, expón dous casos clínicos anómalos: un de curta e outro de longa incubación da sífilis. No ano 1922 publicou outro interesante artigo, tamén na Revista Medica Gallega, titulado “Tratamiento del prurito y de algunas dermatosis pruriginosas”, citando dentro destas: a urticaria, o estrófulo, o prurito de Hebra e a sarna, e tratadas no seu conxunto dende o punto de vista da etioloxía, a diagnose e a hixiene. Posteriormente completou o estudo coa monografía El tratamiento moderno del prurito (Merino, 1928a), na que comenta, entre outras, a bromoterapia intravenosa, o tratamento con afenil, a autosueroterapia, os raios ultravioleta, a opoterapia e as inxeccións intravenosas de glicosa.

Foi chamado para colaborar, xunto con outros importantes especialistas españois, no Tratado de enfermedades venéreas, publicado sobre 1930, facéndoo co estudo “Estado actual de la blenorragia crónica en el hombre y en la mujer”. Un resume deste traballo apareceu publicado baixo o título Blenorragia Crónica, su tratamiento (Merino, 1929), e nel fai un repaso das novas terapias da época afirmando, con respecto á cromoterapia, que se ben acurta a evolución dalgunhas complicacións, non resolve de forma definitiva a uretrite gonocócica crónica. Da medicación con sales de acridina di que non está desprovista de inconvenientes e perigos, e remata concluíndo que a quimioterapia intravenosa da blenorraxia aguda e crónica, é un notable progreso a pesar dos defectos apuntados ao longo da obra.

Na comunicación presentada ás Jornadas Médicas Gallegas celebradas en Vigo no ano 1931, titulada Algunas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (Merino, 1931a), analiza os distintos axentes terapéuticos, salienta a importancia da diagnose precoz para a profilase da enfermidade, e defende o illamento conxugal e familiar dos enfermos en hospitais, leproserías ou colonias.

Gran divulgador, tiveron sona as súas conferencias sobre medidas preventivas das enfermidades venéreas, e publicou varios folletos de carácter médico-social. Pertenceu á Academia Española de Dermatología e Sifiliografía e foi un firme partidario da educación hixiénico-sexual nas escolas.



Bibliografía:



Fontes documentais:

Merino Simón, Manuel, Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, Serie Expedentes Persoais, Cartafol 858, doc. 7.

Fontes impresas:

MERINO SIMÓN, M. (1921): Incubaciones primarias sifilíticas anormales, Revista Médica Gallega, n° de agosto: 39-40.

MERINO SIMÓN, M. (1926): Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.

MERINO SIMÓN, M. (1927): Chancros sifilíticos de incubación prolongada, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.

MERINO SIMÓN, M. (1928a): EI tratamiento moderno del prurito, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.

MERINO SIMÓN, M. (1928b): El problema social de la sífilis, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.

MERINO SIMÓN, M. (1929): Blenorragia crónica. Su tratamiento, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.

MERINO SIMÓN, M. (1931a): Algunas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia, Santiago: Tip. El Eco de Santiago. [Reproducido en El Practicante compostelano, 4 (1931): 73-74].

MERINO SIMÓN, M. (1931b): Las enfermedades de la piel en la práctica: Seborrea y alopecia seborreica, Santiago.


Bibliografía secundaria:

N. P. O. (1929): “Manuel Merino Simón”, Boletín Oficial del Colegio de Practicantes de Santiago, 11: 9- 10.