Indice alfabético
- Ramón María Aller Ulloa
- José Alonso López y Nobal
- Juan Alonso López y Nobal
- Salustio Alvarado Fernández
- Marceliano Álvarez Muñiz
- Ángeles Alvariño González
- Emilio Anadón Frutos
- Eloy Luis André
- Jesús Andreu Lázaro
- Buenaventura Andreu Morera
- José María Andrey y Sierra
- Andrés Antelo Lamas
- Rafael Areses Vidal
- Anselmo Arias Teixeiro
- Antonio Arias Teixeiro
- Pedro Alejandro Auber e Fondniare
- José María Baleato
- Ángel Baltar Cortés
- Ramón Baltar Domínguez
- Antonio Baltar Domínguez
- Manuel Baraja Fernández
- Juan Barcia Caballero
- Juan José Barcia Goyanes
- Charles Eugène Barrois
- José Luis Barros Malvar
- Tomás Batuecas Marugán
- Francisco Bellot Rodríguez
- Ricardo Bernárdez
- Fermín Bescansa Casares
- Luis Blanco Rivero
- Ramón Blanco y Pérez del Camino
- José Boado y Castro
- Baltasar Manuel Boldo Tuced
- Ignacio Bolívar y Urrutia
- Patricio Borobio Díaz
- Celia Brañas Fernández
- Gonzalo Brañas Fernández
- Antonio Brunet y Talleda
- Odón de Buen y del Cos
- Eusebio Bueno Martínez
- Manuel Cabaleiro Goás
- Ernesto Caballero y Bellido
- Rafael Cadórniga Carro
- Laureano Calderón Arana
- Fernando Calvet Prats
- Juan Bautista Camiña
- Domingo Antonio Camiña Fortes
- Jesús Carballo Taboada
- Santiago Carro García
- Roque Carús Falcón
- Antonio Casares Gil
- José Casares Gil
- Antonio Casares Rodríguez
- Fermín Casares y Bescansa
- Pedro de Castro
- Santiago Castroviejo Bolibar
- Pedro Antonio Cerviño Núñez
- Eduardo Chao Fernández
- José María Chao Rodríguez
- Aniceto Charro Arias
- Ángel Cobián Areal
- José Carlos Colmeiro Laforet
- Miguel Colmeiro y Penido
- Andrés Avelino Comerma y Batalla
- Francisco Cónsul Jove y Tineo
- José Andrés Cornide Saavedra y Folgueira
- Antonio Correa Fernández
- Pedro Couceiro Corral
- Luis Crespí Jaume
- Mariano Cubí y Soler
- José Deulofeu y Poch
- Modesto Domínguez Hervella
- Juan Donapetry Iribarnegaray
- Juan Jacobo Durán Loriga
- Armando Durán Miranda
- Mauricio Echandi Montalvo
- Antonio Eleizegui López
- Ricardo Escauriaza del Valle
- Rafael Estrada Arnaiz
- Félix Domingo Estrada Catoira
- Joaquín Ezquerra del Bayo
- Benito Jerónimo Feijoo Montenegro
- Valeriano Fernández Bacorell
- Manuel Rufo Fernández Carballido
- Elisa Fernanda Mª del Carmen Fernández de la Vega y Lombán
- Jimena Mª Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán
- José Ramón Fernández de Luanco y del Riego
- Ignacio Fernández Flórez Reguera
- Cesáreo Fernández Losada
- Manuel Jacobo Fernández Mariño
- José Fernández Martínez
- Bibiano Fernández Osorio-Tafall
- Gustavo Fernández Rodríguez Bastos y Harizmendi
- Gabriel Fernández Taboada
- Domingo Fontán Rodríguez
- Ramón Fontenla Maristany
- Emilio Fraga Lago
- Francisco Freire Barreiro
- Gonzalo Gallas Novas
- Cruz Gallástegui Unamuno
- Heliodoro Gallego Armesto
- Abelardo Gallego Canel
- Fausto Garagarza y Dugiols
- Fernando Garcia Arenal
- Víctor García Ferreiro
- Antonio García Maceira
- Pío García Novoa
- Antonio García Varela
- José María García-Blanco Oyarzábal
- Eustaquio (Antonio Félix) Giannini Bentallol
- Miguel Gil Casares
- José María Gil Rey
- Francisco Giral González
- Pedro Gómez de Bedoya y Paredes
- Manuel Gómez Larrañeta
- Mariano Gómez Ulla
- Manuel Gómez-Durán Martínez
- Vicente González Canales
- Jaime González Carreró
- José González López
- José González Olivares
- Juan de Dios González Pizarro
- Joseph González Salgado
- Claudio González Zúñiga
- José Goyanes Álvarez
- José Goyanes Capdevila
- Vicente Goyanes Cedrón
- Mariano de la Paz Graells Agüera
- Albert (Albert I, Príncipe de Mónaco) Grimaldi
- Vicente Guarnerio Gómez
- Francisco Guitián Ojea
- Leopoldo Hernández Robredo
- Primitivo Hernández Sampelayo
- José María Hernansáez y Moscoso
- Enrique Hervada García-Sampedro
- Ragnar Hult
- Alexander von Humboldt
- Carlos Ibañez y Varela
- Santiago de la Iglesia Santos
- Francisco Iglesias Brage
- Luis Iglesias Iglesias
- Luis Iglesias Pardo
- Emigdio Iglesias Somoza
- Gerardo Jeremías Devesa
- Ángel Jorge Echeverri
- Jorge Juan y Santacilia
- Ángel Laborde Navarro
- Johan Martin Christian Lange
- Bernardo Lecocq Honesy
- Carlos Lemaur
- Juan Lembeye y Lartaud
- Octavio Lois Amado
- Juan Lojo Batalla
- Antonio López de Guadalupe
- Jacobo López Elizagaray
- Manuel López Enríquez
- Víctor López Seoane
- Juan López Soler
- Juan López Suárez
- Dionisio Macarte y Díaz
- Gerónimo Macho Velado
- Ramón Margalef López
- Tomás Mariño Pardo
- Juan Martín Sauras
- Antonio Martínez de la Riva
- Ángel Martínez de la Riva Vilar
- Domingo Martínez de Presa
- Manuel Martínez-Risco
- Baltasar Merino Román
- Manuel Eugenio Merino Simón
- Faustino Miranda González
- Ricardo Montequi y Díaz de la Plaza
- Saturnino Montojo y Díaz
- Olga Moreiras Tuni
- Evaristo Antonio Mosquera Quiroga
- Francisco Antonio Mourelle de la Rúa
- Manuel Muñoz Taboadela
- José María Navaz y Sanz
- Francisco de Neira
- João da Nova
- Antonio Novo Campelo
- Domingo Antonio de Nóvoa Gándara y Feijoo
- Roberto Nóvoa Santos
- Miguel Odriozola Pietas
- Ramón Otero Acuña
- Enrique Otero Aenlle
- Xosé Otero Espasandín
- Fernando Oxea
- Timoteo O´Scanlan
- Emilia Pardo Bazán
- Isidro Parga Pondal
- Jacobo María de Parga y Puga
- Ubaldo Pasarón y Lastra
- Patricio María Paz y Membiela
- Ángel Pedreira Labadía
- Pedro Pena y Pérez
- Ramón Pérez Costales
- José Pérez López-Villamil
- Severino Pérez y Vázquez
- Gerónimo Piñeiro de las Casas
- Manuel Piñeiro Herba
- Eugenio Piñerúa Álvarez
- José Planellas Giralt
- Francisco Ponte y Blanco
- Antonio Posse Roybanes
- Pedro Andrés Pourret
- Casiano de Prado y Vallo
- Esteban Quet y Puigvert
- José Quiroga Méndez
- Marcelino Ramírez García
- Benito Regueiro Varela
- Ignacio Ribas Marqués
- Tomás Rico Jimeno
- Eduardo del Río y Lara
- Francisco de los Ríos Naceiro
- Cándido Ríos Rial
- Arturo Rivas Castro
- Antonio Rodríguez Darriba
- Carlos Rodríguez Baltar
- Juan Antonio Rodríguez Bustillo
- Alejandro Rodríguez Cadarso
- José Rodríguez Carracido
- José Rodríguez González
- José Rodríguez Martínez
- José Rodriguez Mourelo
- Juan Rodríguez Sardiña
- Luis Rodríguez Seoane
- Juan Rof Carballo
- Juan Rof Codina
- Francisco Romero Blanco
- José María Romero Fernández de Landa
- Francisco Romero Molezún
- Ramón Rúa Figueroa
- Ángela Ruiz Robles
- Ramón Dionisio de la Sagra y Peris
- Francisco Sánchez
- Julián Sánchez Bort
- Timoteo Sánchez Freire
- Gumersindo Sánchez Guisande
- Fernando Sande y Lago
- Frei Martín Sarmiento
- Pedro Sarmiento de Gamboa
- Camille François Sauvageau
- Guillermo Schulz
- Francisco de Seijas y Lobera
- Josep Joan Vicente del Seixo
- Antonio Sierra Forniés
- César Sobrado Maestro
- Juan Sobreira y Salgado
- Ramón Sobrino Buhigas
- Benito Ángel Dionisio Sotelo y Rivas
- Juan Suárez Casas
- Enrique Suárez Couto
- Julián Francisco Suárez Freire
- Paulino Suárez Suárez
- Francisco Sueiras
- Nicolás Taboada y Leal
- Maximino Teijeiro Fernández
- Joan Texidor i Cos
- Pedro Urquijo Landaluce
- Joaquín Vaamonde Rodríguez
- Lope Valcárcel Vargas
- Antonio Valenzuela Ozores
- Ramón Varela de la Iglesia
- Teodoro Varela de la Iglesia
- José Varela de Montes
- Juan Varela Gil
- Gregorio Varela Mosquera
- Manuel Varela Radío
- Ángel Varela Santos
- José Varela y Ulloa
- Ricardo Varela y Varela
- Vicente Vázquez Queipo
- José Francisco Vendrell de Pedralbes i Estaper del Mas
- Ramón Verea García
- Enrique Vidal Abascal
- Ernesto Viéitez Cortizo
- Xosé Luis Vila Jato
- Antonio Vila Nadal
- Cipriano Vimercati Benítez
- Leoncio Virgós Guillén
- Heinrich Moritz Willkomm
- María Josefa Wonenburger Planells
- Isabel Zendal Gómez
Disciplinas científicas
- ./ Mariña
- ./ Matemáticas
- ./ Enxeñería
- ./ Botánica
- ./ Cartografía
- ./ Agronomía
- ./ Bioloxía
- ./ Química
- ./ Astronomía
- ./ Xeoloxía
- ./ Minas
- ./ Medicina
- ./ Xenética
- ./ Coleccións
- ./ Psiquiatría
- ./ Anatomía
- ./ Nautica
- ./ Cosmografía
- ./ Microbioloxía
- ./ Histoloxía
- ./ Ensino
- ./ Divulgación científica
- ./ Ciencias Experimentais
- ./ Filosofía
- ./ Hidroloxía
- ./ Medicina
- ./ Xinecoloxía
- ./ Veterinaria
- ./ Zootecnia
- ./ Bromatoloxía
- ./ Hixiene
- ./ Mecánica
- ./ Espeleoloxía
- ./ Paleontoloxía
- ./ Zooloxía
- ./ Radioloxía
- ./ Xeografía
- ./ Agricultura
- ./ Ciencias Naturais
- ./ Farmacia
- ./ Viticultura
- ./ Navegación
- ./ Física
- ./ Aeronaútica
- ./ Técnica
- ./ Armas
- ./ Oftalmoloxía
- ./ Parasitoloxía
- ./ Mineraloxía
- ./ Farmacaloxía
- ./ Ornitoloxía
- ./ Entomoloxía
- ./ Expedicións
- ./ Bioquímica
- ./ Dermatoloxía
- ./ Ecoloxía
- ./ Avicultura
- ./ Pediatría
- ./ Micrografía
- ./ Anestesia
- ./ Oceanografía
- ./ Fisioloxía
- ./ Moluscos
- ./ Cálculo
- ./ Nutrición
- ./ Meteoroloxía
- ./ Psicoloxía experimental
- ./ Edafoloxía
- ./ Enxeñería de montes
- ./ Fisioloxía vexetal
- ./ Bioloxía mariña
- ./ Ficoloxía
- ./ Limnoloxía
- ./ Tecnoloxía
- ./ Cirurxía
- ./ Antropoloxía
Benito Regueiro Varela
A consolidación da microbioloxía clínica e científica en Galicia
comparte esta páxina:Ámbitos de ocupación:
Autor/a da biografía:
- Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
- Data de alta: 28/12/2013
Galeria
Como citar esta páxina:
- Díaz-Fierros Viqueira, Francisco ([2013], “Benito Regueiro Varela”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 10/09/2024] [URL: http://www.culturagalega.org/
albumdaciencia/detalle.php?id=495
Polo pasamento do seu pai en idade moi temperán pasou ao coidado da súa avoa e, sobre todo, do seu tío Gregorio Varela, farmacéutico que tiña botica aberta en Madrid e fora axudante da cátedra de Microbioloxía (1924-26). Alí cursou os estudos do ensino secundario e a carreira de Farmacia, que rematou con premio extraordinario despois da Guerra Civil. A educación recibida nun ambiente aberto ás diferentes correntes políticas do momento, así como a súa estreita relación familiar e de amizade co seu curmán Gregorio Varela, fomentou nel un espírito liberal e inquedo que influiría, con seguridade, na súa traxectoria profesional. En canto á súa relación con Galicia, nunca a perdeu, pois tódolos veráns viña coa familia a veranear á Coruña.
Iniciada a Guerra Civil e a pesar do talante liberal da familia, aconselláronlle que fuxira xunto co seu curmán á zona franquista, acción que puido levar a remate a través da Embaixada de Francia e despois de ser internado nun campo de concentración francés. De volta á Coruña, foi alistado como infante de mariña no “Castillo de Olite” e logo de afundirse o navío en Escombreras, feito prisioneiro e internado nun campo de concentración do que, ao final, conseguiu fuxir.
Ao remate da guerra o primeiro que fixo foi concluír, en 1943, a carreira de Farmacia e realizar, posteriormente, os estudos de doutoramento nos que tamén conseguiu o premio extraordinario. Entrou no laboratorio de Agricultura e Microbioloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Madrid que dirixía Lorenzo Vilas López, onde foi axudante e profesor adxunto. Así mesmo realizou estudos de fermentación no laboratorio de Química Orgánica de Obdulio Fernández, da mesma facultade e, sobre levaduras, co agrónomo Marcilla. As boas relacións do seu mestre Lorenzo Vilas con Albareda (foi subdirector do Instituto de Edafoloxía e director do Jaime Ferrán, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), ademais de director xeral de Ensino Medio), puxérono en contacto cos laboratorios do CSIC madrileño, onde foi bolseiro e colaborador. Seguindo a política de formación no estranxeiro dos futuros investigadores españois que promoveu Albareda, realizou unha estadía dun ano no Central Public Heath Center, de Londres (1947-8), onde fixo estudos sobre inmunoloxía; e outra de ano e medio no Departamento de Bioquímica da Universidade de Wisconsin (1948-1950), cos profesores Johnson e Petterson, no que estudou a produción sintética da penicilina. Esta formación en microbioloxía farmacéutica industrial valeulle para entrar como asesor das empresas “Antibióticos, S.A.”, de León, e “Penibética, S.A., de Pamplona, coas que colaborou no desenvolvemento de plantas de fermentación para antibiótico. No ano 1949 obtivo por oposición a cátedra de Microbioloxía da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela.
Catedrático en Santiago
Os catedráticos de microbioloxía que obtiveron a súa praza na década dos corenta (catro na de Farmacia e un na de Ciencias) representan a primeira xeración de profesores desta especialidade que chega ás universidades españolas. Ademais, no caso de Regueiro, na Universidade compostelá, trátase dun dos primeiros profesores chegados a esta institución que fora formado baixo os criterios daqueles dirixentes da universidade española que tiñan boas relacións co CSIC (despois chegarían á Facultade de Farmacia de Santiago, Larralde e Taboadela, en 1952, e Viéitez, en 1959). Nestes casos, a necesidade dunha sólida formación no estranxeiro era a condición previa para a presentación a unha cátedra, característica que claramente distinguía ao profesor Regueiro na Facultade de Farmacia, xa que era o primeiro que, por exemplo, se formara nunha universidade dos EE.UU.
Realizou os seus primeiros traballos sobre a produción e caracterización da penicilina, dos que publicou diferentes estudos en revistas españolas. Tamén entrou no seu laboratorio, como axudante, a que sería a súa colaboradora máis eficaz na docencia, Ramona Vaamonde, profesora axudante desde 1952 ata 1956 e adxunta a partir dese ano. En 1967, co pasamento do docente encargado da Microbioloxía da Facultade de Medicina, profesor Villanueva, creouse, como experiencia piloto na Universidade compostelá e baixo a dirección de Benito Regueira, o Departamento Interfacultativo de Microbioloxía das Facultades de Medicina e Farmacia. Este feito serviu para abrir o campo da investigación cara a microbioloxía clínica, sobre todo no relativo a caracterización de microorganismos patóxenos humanos así como a acción dos antibióticos sobre os mesmos. En 1972, coa creación da Sección de Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago e os comezos da docencia sobre microbioloxía desta sección da Facultade de Ciencias, adscritos ao departamento interfacultativo que dirixía Benito Regueiro, iniciáronse novos estudos cara a microbioloxía mariña e a ecoloxía terrestre. As súas relacións internacionais intensificáronse ben directamente ou a traveso dos seus discípulos, converténdose en pouco tempo, pola calidade dos seus traballos e do seu persoal, nun dos departamentos de referencia da Universidade compostelá. Benito Regueiro Varela xubilouse en 1987 e foi profesor emérito ata 1992.
Logo duns comezos nos que os seus temas de investigación estiveron centrados na acción e propiedades de antibióticos como a penicilina, estreptomicina ou beta-lactámicos, foise pasando á caracterización bioquímica de moitas funcións microbianas, como as proteolíticas ou celulósicas. Estudou dun xeito especial determinados microorganismos, como os Arthrobacter, así como outros implicados en procesos clínicos relevantes. O cultivo de células responsables de procesos tumorais foi outro importante campo de traballo no eido da microbioloxía médica. Foron postas a punto as novas técnicas de identificación e caracterización de virus, traballo que proseguiu e completou a súa colaboradora Maribel Bernárdez, así como o estudo do xénero Neisseria menigitidis e as bases para o desenvolvemento de novas vacinas, realizado por Criado e Ferreirós. Finalmente, Regueiro Garcia puxo en marcha e dirixe na actualidade a liña de investigación sobre inmunoloxía.
No relativo a bioloxía mariña, onde destacaron colaboradores como Estévez Toranzo, Barxa ou Fábregas, as doenzas microbiolóxicas de peixes e o seu control abriron un campo de especialización con unha importante repercusión económica en sectores como o da acuicultura. Así mesmo, en relación co medio mariño, os estudos ecolóxicos e de caracterización de micro algas supuxeron outro novo campo de investigación así como determinados aspectos sobre a repercusión na microbioloxía mariña dos procesos de contaminación. Finalmente, o control microbiolóxico de alimentos e, sobre todo de augas, no que destacou o seu discípulo Garrido, así como algúns estudos sobre microbioloxía de hábitats terrestres e, sobre todo, as implicacións das técnicas biotecnolóxicas en diferentes aplicación industriais, completan o variadísimo repertorio das súas investigacións.
Foi decano da Facultade de Farmacia (1978-79) e Vicerreitor de Investigación da Universidade de Santiago (1979-1984), membro numerario das academias galegas de Medicina e Cirurxía (1972), Ciencias (1979) e Farmacia (1999). Ademais de numerosos traballos de investigación en revistas españolas e, sobre todo, estranxeiras, ten publicado tres libros: La ciencia y el origen de la vida (Santiago, 1966), Las biotecnologías en las IAA: su repercusión en el hombre y en la sociedad (Santiago, 1992) e Los medicamentos transgénicos y su futuro (Santiago, 1998).
A relevancia do seu traballo científico reside , sobre todo, no seu carácter de iniciador dos estudos microbiolóxicos en Galicia, con uns estándares de calidade comparables aos dos mellores laboratorios internacionais. Unicamente, a falla dun axeitado equipamento experimental nos primeiros tempos (que pouco a pouco foise solucionado) non deixou que este bo facer se traducirá en mellores investigacións. Aínda así, soubo diversificar con bo criterio as diferentes liñas de traballo que estaban a demandar as aplicacións desta especialidade na sociedade galega, desde perspectivas como a farmacéutica, médica ou biolóxica. No relativo ao carácter pioneiro de moitos dos seus traballos son de sinalar os estudos sobre a penicilina moi poucos anos despois de terse solucionado os principais problemas da súa síntese industrial. Abonda con lembrar o carácter estratéxico que tiña este medicamento naqueles tempos da posguerra, para demostrar a transcendencia destes estudos e traballos.
Bibliografía:
Fontes impresas:
REGUEIRO VARELA, B. (1950): Biosíntesis de Penicilina, Medicamenta, IV, 147.
REGUEIRO VARELA, B. (1966): La ciencia y el origen de la vida, Santiago: Universidade.
REGUEIRO VARELA, B. (1992): Las biotecnologías en las IAA: su repercusión en el hombre y en la sociedad, Santiago: Imp. Velograf.
REGUEIRO VARELA, B. (1998): Los medicamentos transgénicos y su futuro, Santiago: Real Academia de Farmacia. Sección Galicia.