Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Manuel Manzanares
Empresario galego en Uruguai
Natural de Gondomar (Pontevedra). Cando chegou a Uruguai, entre os anos 1880-1885, fíxose cargo dun negocio situado na Cidade Vella ("Cerrito" e "Pérez Castellano"), chamado "La Garibaldina" que funcionaba como fonda e restaurante, propiedade dunha tía súa. No ano 1899 chegou de Galicia o seu irmán, Máximo Manzanares co que se estableceu en sociedade cara o ano 1905 ao fronte do mesmo negocio.
Durante a I Guerra Mundial aricáronse á importación de produtos de almacén. En 1918 ao prohibirse as exportacións desde Europa, os Manzanares estabelecen como negocio a venda de aceites, empregando para elo o stock importado anteriormente. No ano 1927 o negocio ampliouse con catro sucursais, dependentes da casa central situada en Cerrito nº 376. Como consecuencia deste crecemento reclaman ao seu sobriño Manuel Manzanares quen con 15 anos chega a Montevideo.
No transcurso do período 1930-1935 Manzanares constitúese como "Sociedade Limitada Importadora de Vinos y Aceites" e no ano 1940 pasou a ser Sociedade Anónima e comezou a fabricar aceites.
A partir de 1941 a fabricación principal foi a de aceites propios e aínda que continua realizando importacións, cando estas se ven novamente impedidas polos efectos da 2ª Guerra Mundial a fabricación propia permítelle manter estable o volume de vendas. Ademais tamén incorporaban outros produtos como a fariña, fideos, herba mate e café importados do Brasil pero moídos por Manzanares.
En 1948 a rede de sucursais constaba de 32 comercios, número que actualmente foi superado. Dentro dos cadros de persoal da empresa, os galegos ocupaban un moi elevado porcentaxe do total.
Nos anos 70 Manzanares S.A. era dona dunha fábrica de aceites, outra de xabón e velas, un muíño herbatero e unha fidelería en Montevideo, ademais dun muíño de fariñas no Departamento de Florida.
Hoxe en día conta con 89 sucursais distribuídas na capital e o interior.
É, sen dúbida, a cadea de almacéns de maior relevancia no país dando traballo a galegos a non galegos, contribuíndo ao progreso do Uruguai.
Autor/a da biobibliografía: