culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / María Victoria Díaz Riva

María Victoria Díaz Riva
Lugo 1904 - Málaga 1972
Unha das primeiras especialistas en problemas da linguaxe infantil
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


57_ret.jpg Documento sin título
57_01.jpg
57_02.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

MARÍN ECED,T., Innovadores de la Educación en España (Becarios de la JAE), Servicio de Publicaciones de la Univ.de castilla-La Mancha, 1991, pp. 104-105.

CAZORLA GRANADOS, F. J., GARCIA BAENA, R. Mª., Masonería y educación durante el franquismo. La ilustre inspectora de Málaga María Victoria Díaz Riva, Servicio de Publicaciones de la Univ.de Málaga, 2006.



Ámbitos de ocupación:
Docente 


Esta Inspectora de Educación naceu na cidade de Lugo en 1904, lugar onde o seu pai exercía como catedrático de latín no Instituto de Bacharelato, se ben debido ao seu traslado a Santiago en 1906, María Victoria Díaz Riva viviu a súa infancia e xuventude en Compostela; aquí realizou os estudos de bacharelato e tamén os de maxisterio, que finalizou en 1923; foi en 1924 cando comezou os estudos universitarios de Filosofía e Letras en Madrid. Estudos que rematou co grao de licenciatura en 1929, e que compatibilizou coa docencia da materia de francés como profesora sustituta no Instituto de Santiago, cando xa, ademais, era mestra de escolas públicas por oposición desde 1925.

Procedendo dun ambiente familiar que valoraba a educación como un ben patrimonial, hai que sinalar que María Victoria Díaz pronto destacou en canto a súa preocupación pola formación pedagóxica. Así, nos seus períodos de estancia madrileña non só frecuentou as aulas universitarias: durante varios meses dos anos 1927 e 1928 seguiu un curso de especialización (de disárticos) para o tratamento educativo dos trastornos da linguaxe por problemas de fonación, baixo a experta guia do profesor Jacobo Orellana, imbuído este da preocupación por construír intervencións pedagóxicas coa máxima fundamentación pedagóxica, tal como aprendera de Alfred Binet e de T. Simon, os dous grandes da pedagoxía parisina de aquela hora; realizou Díaz Riva unha viaxe de estudos de dous meses, en tempo de verán, a Franza, Bélxica e Suiza, en relación con esta formación en trastornos da linguaxe infantil, e fixo en 1929 un curso na Escola Nacional de Puericultura de Madrid, como manifestación deste seu interese polas cuestións da educación sanitaria infantil.

A fins de 1929 Díaz Riva aprobaba co número dous as oposicións de ingreso no corpo de inspectores de educación primaria, sendo destinada a Oviedo, sendo, pois, en Asturias onde exerceu como inspectora ata 1936, o que non impediu que desde 1931 fose considerada tamén como profesora vinculada ao “Instituto-Escuela” de Madrid. Entrou en 1930 en contacto coa Junta de Ampliación de Estudios ao solicitar unha bolsa para poder mellorar a súa especialización no tratamento educativo das cuestións xa aludidas en Franza, nos Países Baixos e en Suiza; mostraba a súa intención de acudir ao Instituto de Xordomudos de Burdeos, ao Laboratorio da Palabra dirixido en París por Marichelli, ao Instituto de Asnières, aos Colexios de Xordomudos e Cegos de Bruxelas e de Amberes e ao de Anormais de Uccle, e aompañaba a solicitude co traballo académico “Perturbaciones de la Palabra”, aínda que, finalmente, e séndolle concedida a bolsa para todo o curso de 1932-1933, serían Burdeos, e sobre todo París e Xenebra, neste caso, cabo do Instituto de Pedagoxía Jean Jacob Rousseau, os espazos da súa formación especializada. Espazos nos que, moi probablemente, tamén acudiría aos museos, ás bibliotecas, ao cinema, ou a diversas conferencias. Periodicamente María Victoria Díaz mandaba á JAE frecuentes notas, tal como actualmente consta no Arquivo dela sito na (nova) Residencia de Estudantes, relativas aos traballos de laboratorio e ás visitas a aulas e colexios que viña realizando; notas que permiten seguir hoxe o panorama “europeo” dos anos trinta do século XX en canto ás cuestións de educación especial e os problemas da fala e a xordomudez.

Estaba en Madrid cando estalou o golpe militar franquista en 1936 e alí permaneceu, procurando pasar desapercibida, o que non impediu que contra ela se seguira un proceso de depuración política a fin da guerra, separándoa do maxisterio e da inspección en 1940 por un período de dous anos, quizais debido ao coñecemento da relación afectiva que Díaz Riva tivera co xurista e deputado pontevedrés de Acción Republicana Joaquín Poza Juncal, tamén destacado masón, sufragista universal, defensor do laicismo, azañista, exgobernador civil de Ourense e director de La Libertad; unha relación truncada pola súa morte en 1934. Ao caso, é oportuno sinalar que unha irmá da biografíada, Elisa, licenciada en Química pola Universidade de Santiago, casaría pola súa parte cun irmán da anterior, Laureano Poza Juncal, profesor de ciencias no Instituto de bacharelato de Vigo, tamén destacado republicano e masón, véndose obrigados a coller o camiño do exilio mexicano, onde exerceron como docentes na UNAM.

María Victoria, que en 1942 se puido reintegrar á Inspección educativa, foi destinada á provincia de Málaga, onde permaneceu ata a fin da súa carreira profesional en 1971 e da súa vida en 1972, agás as súas estancias de descanso en Galicia cabo da súa nai, ou en México, cabo da súa irmá. Durante este tempo desempeñou unha acción inspectora, alonxada do plano fiscalizador político, concentrada, en troques, nas cuestións profesionais: as campañas de alfabetización feminina da Sección Femenina, o impulso aos comedores e colonias escolares e a formación en servicio do profesorado, foron asuntos nos que deitou moita atención, gozando por iso dun recoñecido prestixio entro o maxisterio malagueño. Nos momentos previos á aprobación da “aperturista” Lei Xeral de Educación (1970), Díaz Riva mesmo chegou a desempeñar, desde 1968, a xefatura da inspección provincial de educación de Málaga.

Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico


Obra de María Victoria Díaz Riva
 
Planes, programas y distribución del trabajo (en la escuela), Inspección de Educación, Oviedo, 1932.

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org