Despedimos 2021 coa sensación dunha "nova normalidade" na cultura, inestable e aínda moi cambiante. En 2021 a cultura foi aprendendo a convivir cunha nova situación: os espazos escénicos abriron gradualmente, os públicos volveron coller confianza e a produción cultural nutriuse en gran medida das reclusións de 2022, aínda que o seu impacto nas temáticas tratadas foi disimilar. 2021 é un ano de importantes novas no ámbito da recuperación do patrimonio cultural, dun Xacobeo que se tivo que redefinir nun contexto pandémico e dun sector que, pouco a pouco, vai recuperando todos os seus indicadores.