3 / 1 | AS NOVAS PROPOSTAS CREATIVAS DE DINAMIZACIóN ENFRóNTANSE A UNHA CRISE DE EFECTOS DEVASTADORES NA NOSA CULTURA
Acción e crise son palabras fundamentais para definir o panorama cultural do último ano. A sociedade semella tomar o protagonismo con iniciativas anovadoras ante o devalo económico que afecta á cultura. No entanto, non debemos esquecer a retirada de apoios públicos pode comprometer moi seriamente o noso futuro.
Repasa o que deron de si na cultura os últimos 12 meses no noso anuario 2012.
sociedade
2 / 1 | DO MICROTEATRO AO DOCUMENTAL PASANDO POR NOVAS GALERíAS, A CREACIóN AFRONTA A ESCASEZA ECONóMICA
Non paran de dicilo críticos, expertos e os libros de historia: os períodos de crise son tamén momentos de gran creatividade. O ano 2012 foi, sen dúbida, un ano crítico no que a financiamento se refire. Houbo un claro retroceso de apoio público que se evidenciou nunha baixada de orzamentos en case todos os grandes festivais, actividades, liñas de axuda. Traduciuse na desaparición de compañías, festivais e un panorama desolador para o sector cultural. Pero tamén houbo, en paralelo, un rexurdir de xéneros novos formatos e propostas, unipersoais, de orzamento cero, con grande imaxinación que sinalaron cara un novo camiño. Repasamos as tendencias do 2012 en canto a arte, artes escénicas e audiovisual.
audiovisual, teatro, arte
19 / 12 | REPASAMOS O QUE DEU DE SI O ANO NAS INDUSTRIAS CULTURAIS NUNHA SERIE DE DúAS REPORTAXES
É certo. Esta ano houbo crise por todas partes e, como non, nas industrias culturais. No entanto, non a todo o mundo lle afecta do mesmo xeito, e se no caso das letras estamos a vivir fondas mudanzas como, por exemplo, a práctica desaparición de espazos para a crítica literaria, semella que a música está no seu esplendor creativo, e que a banda deseñada continúa unha marcha firme e continua. Falamos destes ámbitos cos nosos especialistas.
literatura, banda deseñada, música