Atalaia

Vicente Blanco
 Vicente Blanco
Cee -A Coruña- (1974)
Vive e traballa en: Lugo

Identidades e narracións

Nos proxectos desnvolvidos nos últimos anos, trato de explorar o aspecto narrativo e cómo intervén no proceso de construción da identidade. Fragmento a narración en diferentes elementos (vídeos, debuxos, murais, colaxes) para que o espectador poida reconstruilos a través da súa propia experiencia.

Establezo cruzamentos entre os distintos medios. É difícil falar de vídeo ou debuxo, interésanme os espazos intermedios onde é posible crear situacións de diálogo entre eles.

Exploro a animación tradicional como un produto adolescente, e achégome como unha especie de tamiz onde podo filtrar imaxes que proceden do mundo adulto. Traballo as animacións como se foran colaxes, integrando elementos que proceden do mundo da arte, da arquitectura ou do meu entorno próximo, cunha gran carga simbólica; esculturas construtivistas, edificios comunistas ou prototipos de coches dos anos 60, etc.

Os meus personaxes son adolescentes. A adolescencia sitúase a medio camiño entre o imaxinario infantil e o mundo adulto, como momento de transición que leva a unha asimilación, moitas veces exaxerada, das convencións. Preocúpame a extrema fraxilidade que conleva. De aí o meu interese na arte e na educación a través da arte como un medio para xerar experiencia e polo tanto para construírmonos como suxeitos activos, máis aló das convencións e estereotipos socialmente adquiridos.

Vicente Blanco

Links de referencia:

Curators' Network:

http://www.curators-network.eu/database/db_item/id/vicente_blanco