O azar é máis emocionante que a certeza
Con quince anos o meu pai agasalloume cunha cámara Voigtlander totalmente manual, para que lle fotografase os seus cadros e as súas pezas de ferro forxado. Máis tarde utilizei a fotografía como chuleta para os exercicios de debuxo nos estudos de Arquitectura Técnica (que xamais terminei). Nunca pretendín vivir da fotografía, pero agora non podo vivir sen ela. Interésame especialmente conseguir que algo cotián e ordinario resulte extraordinario. Busco suxerir, evocar e facer soñar ao espectador: a realidade, tal cal, resúltame recalcitrante. Amante do intemporal e do indefinido. Aprendo a conseguir efectos dos efectos. Non me interesan as modas nin as tendencias. Actualmente utilizo o branco e negro e a cor indistintamente. Penso que no mundo de hoxe falla poesía e que a realidade é máis a procura da beleza cá da pasta. Son máis intuitivo que intelectual e creo que o azar é máis emocionante que a certeza.
Vari Caramés (xuño 2010)