Atalaia

Daniel Caxigueiro
 Daniel Caxigueiro
Mondoñedo -Lugo- (1955)
Vive e traballa en: Lugo

A súa obra reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo. Dende 1990 interésase pola instalación, aínda que a miúdo tamén se expresa a través doutras disciplinas (escultura, fotografía, poesía, etc.). A mestura de diferentes linguaxes, o interese por narrar, a importante presenza da cerámica, xunto a unha actitude crítica e claramente periférica, serven de ponto de partida para achegarse a un persoal xeito de entender a Arte.