Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Política da arte
O museo non encerra obras de arte, "encerra un modo específico de visibilidade" (Jacques Rancière). A política da arte non ten que consistir tanto na denuncia da inxustiza política como no cuestionamento do réxime de sensorialidade da súa época: trastornar o reparto (social) do sensible.
A práctica artística abre un espazo no que se mostra a posibilidade dunha nova configuración do perceptible, o pensable, o dicible, …e o factible. A práctica política da arte será aquela que denuncia como construción política o réxime visual do seu tempo. A eficacia estética dunha obra dependerá, en gran medida, da súa capacidade para conmocionar o reparto de competencias sensibles que o poder sanciona en cada momento histórico; dependerá da súa capacidade para denunciar o carácter ficcional da ficción dominante, desbaratando así a súa estratexia de ocultación: dificultando a súa pretensión de facerse pasar por o real en si.
A arte pon en escena -demostra performativamente- a posibilidade dunha reorganización do sensible: novas formas de mirar as obras e o mundo; e faino cuestionando o reparto político do sensible, o relato do poder que define quen pode ver que cousas.
Ángel Cerviño (marzo 2012)
# # #
Paralelamente a súa actividade como artista plástico, Ángel Cerviño ten desenvolvido tarefas de comisariado, sendo responsable das exposicións TELEPROMPTER. Novas camuflaxes do pictórico, no Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2009, e CASUS BELLI. Refutación do contexto -en colaboración con Alberto González-Alegre-, no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2011.
Asimesmo, publicou os libros: ¿Por qué hay poemas y no más bien nada? (Ediciones Amargord, Madrid, 2012), El Ave Fénix sólo caga canela, ganador del XV Premio de Poesía Ciudad de Mérida, (DVD Ediciones, Barcelona, 2009), Kamasutra para Hansel y Gretel (Ediciones Eventuales, Madrid, 2007), e numerosos textos críticos ao redor das novas prácticas artísticas e a crecente tendencia á espectacularización da industria cultural, en revistas, catálogos e publicacións de arte contemporánea.
LINKS
Turbulencias (Blog de Ángel Cerviño)
CASUS BELLI + Refutación do contexto (WEB específica da exposición, Auditorio de Galicia, Santiago, 2011)
CASUS BELLI + Refutación do contexto (BLOG da exposición, Auditorio de Galicia, Santiago, 2011)
Ángel Cerviño en Espacio de Arte (Correo TV. 19/05/2011)
TELEPROMPTER (Catálogo da exposición, Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2009)
El Ave Fénix sólo caga canela (Libro de poesía, DVD Ediciones, Barcelona, 2009)