Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
“A min a luz dame soño”.
Apunto uns datos, non do que me gustaría dicir coa miña obra (o cal me parecería pretencioso) senón das cuestións que me roldan pola cabeza e que dalgunha forma penso que, quizais en parte, reflíctense nas miñas pezas.
Inquietante, Rilke dinos: “E os sagaces animais xa notan que non estamos moi confiadamente en casa no mundo interpretado”.
É nos obxectos onde se deposita o pracer, é neles onde se busca seguridade e refuxio (aí facemos “a casa”). Pero cando o desexo (que só se sostén na carencia) se esgota nas súas sucesivas e ininterrompidas demandas, debido a operar sen ningún tipo de limitación, queda sen realidade. Éncheo todo, ocúpao todo, pero nunha simulación xeneralizada. Pérdense referencias, límites e determinacións. Aparece unha realidade fragmentada onde a natureza se subtra. Escenario, fluctuación, diversión, elección, ansiedade. Nada novo. Os nosos desexos non son nosos.
Antropomorfízanse os animais e animalízanse os homes. O exceso é a propia lei da festa. Quizais unha perda de referentes. “Malinconia”.
Nocións de paraíso, nocións de natureza e nocións sobre o hábitat. Consumir (da súa raíz exterminar) experiencias. Crear a base de fragmentos e aínda encima celebralo.
Creo que son máis importantes os momentos de parada (creación) que os de transito (visión). Na resistencia ao movemento está a beleza tráxica da rebeldía inútil (e infantil). Como certo escritor, ao que por respecto non quero citar, son moito máis feliz lendo que pintando.
Jorge Perianes