Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Persoas » Santomé, Diego

Atalaia

Diego Santomé
 Diego Santomé
Vigo -Pontevedra- (1966)
Vive e traballa en: Nigrán -Pontevedra-

A obra de Diego Santomé non é casual, senón que está fondamente ligada ao seu contexto persoal. Diego é un artista multidisciplinar que fundamenta o seu traballo en engadir a súa experiencia vital á linguaxe artística, na procura constante dun enlace entre a obra e a sociedade, ou o desprazamento do desfrute estético ao ámbito da interacción social. Todos son elementos que ao longo da súa traxectoria foron conformando un fío conductor para a lectura das súas obras.

Diego traballa a través de historias mínimas, obxetos sinxelos, pequenas accións e actos case insignificantes, cunha estética asociada á arte minimal e conceptual. A idea xeral susténtase en base ao contexto sociopolítico actual dunha maneira subtil e silandeira, a través de formas básicas e ideas simples, pero cun gran trasfondo social que tutela o plantexamento de toda a obra e determina a súa estética.

Para Diego a técnica é fundamental porque expresa a idea en sí mesma (o medio é a mensaxe). Coa utilización de materiais cotiáns da nosa sociedade e con formas mínimas e austeras, Diego transmite de maneira directa, cunha linguaxe poética e simbólica, ideas que fan un chisco de ollos á Historia da Arte clásica. O cinema, o baixorrelevo, o deuxo ou a escultura en formigón ou porcelana, son algúns dos seus soportes e propostas.

Galería Parra & Romero. Madrid, 2010