Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Artistas seleccionados na 12 Mostra: Abigail Lazkoz / Aggtelek / Ángel Masip / Anne Heyvaert / Belén Rodríguez González / Belén Uriel / Carlos Maciá / Christian Bagnat / Clara Carvajal / Concha Pérez / Cuco / Daniel Silvo / Emilio González Sáinz / Eduardo Nave / Eduardo P. Salguero / Eduardo Sourrouille / Fermín Moreno Martín / Fernando García / Fernando Martín Godoy / Fernando Renes / Flávia Metzler / Florentino Díaz / Guillermo Martín Bermejo / Guillermo Mora / Helena Segura-Torrella / Ignacio Llamas / Iñaki Gracenea / Javier Núñez Gasco (3er Premio) / Jorge Perianes / Jose Carlos Casado / José Luis Serzo / Julia Spínola / Karin Dolk / Kepa Garraza / Laura F. Gibellini / Lois Patiño / Mar Vicente / Marcelo Moscheta / María Zambrana / Miguel Ángel Tornero / Miquel Mont / Mirimari Väyrynen / Nicolás Combarro / Noé Senda / Olaia Sendón / Olmo Cuña (2º Premio) / Pablo Bellot / Pedro Osakar / Raúl Díaz Reyes / Rita Rodríguez / Rosendo Cid / Santiago Giralda / Santiago Talavera (1er Premio) / Tamara Feijoo (Premio Julián Trincado) / Teo Soriano / Yoseba M.P.
12 Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa. Desde o 31 de xullo e ata o 28 de outubro, os resultados da duodécima edición da Mostra de Arte Fenosa (redenominada Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa), preséntanse ao público nos espazos expositivos do MACUF coruñés.
Nesta ocasión, o xurado voltou contar coa participación de Xosé Antón Castro como presidente, o trío composto por Susana Cendán, Fernando Castro Flórez e Virginia Torrente como vogais, e, finalmente, o artista alemán Stephan Weitzel como secretario. As súas deliberacións derivaron nos seguintes galardóns:
1º Premio. 18.000 euros. Santiago Talavera (Albacete, 1979), pola súa obra Desde el vomitorio (2011). Técnica mixta sobre papel, tríptico de 185x345 cm.
2º Premio. 12.000 euros. Olmo Cuña (Vigo, 1983), pola súa obra S/T [Libros] (2012). Óleo sobre libros de dimensións variables (4 libros).
3º Premio. 8.000 euros. Javier Núñez Gasco (Salamanca, 1971), pola obra Retrato escénico (2012). Fotografía a cor, 140x140 cm.
Premio Julián Trincado -concedido polo Concello da Coruña, e dotado con 6.750 euros-, foi parar a Tamara Feijoó (Ourense, 1982), pola obra Fields, Shorelines and Hunters (2012). Témperas sobre papel impreso en braille, 3 pezas de 34,5x26 cm cada unha.
Fonte: MACUF