Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
15 contos breves e extraordinarios. Arte e Discapacidade

Atalaia

Pablo Candal. Sen título. 2012. Acrílico/lenzo, 180x110 cm. // Fruela Alonso. Ciudad III. Pripiat. 2007. Acrílico/lenzo. 180x110 cm.
> 15 contos breves e extraordinarios. Arte e Discapacidade
Datas: 02/10/2012 - 28/10/2012

Descrición

PARTICIPANTES e ARTISTAS: Pablo Candal Barbeito + Fruela Alonso / Bruno Capobianco + Itziar Ezquieta / Adrián Caridad + Vicente Blanco / Marta Costa Amigo + Berta Cáccamo / Manuel Dorado Bello + Manuel Quintana Martelo / Javier Feijoo Fuentes + Xavier Correa Corredoira / Belén Fernández Folgueira + Francisco Leiro / Gabriel López No + Darío Basso / Miguel Martínez Novo + José Freixanes / Laura Martínez Orizales + Din Matamoro / Eloy Nogueira Alvarez + Manolo Paz / José Manuel Sanchez Rey  + Antón Lamazares / Miguel Taíbo Pena + Jorge Barbi / Jaime Vazquez Caneiro + Pablo Gallo / David Vázquez Lamazares + Anxel Huete.

A sede da Fundación María José Jove acolle durante outubro a exposición 15 contos breves e extraordinarios, coa que culmina o seu proxeto sobre arte contemporánea e discapacidade. A mostra xira ao redor da relación que persoas con diferentes niveis de discapacidade intelectual establecen con obras de arte contemporánea que forman parte dos fondos da Colección de Arte Fundación María José Jove e con os seus respectivos autores. Para isto, a fundación contou coa colaboración desinteresada de 15 artistas galegos de primeira fila que traballaron directamente con estes 15 participantes.

A exposición é o resultado de moitas sesións de traballo nas que os protagonistas descubriron, exploraron, reflexionaron e experimentaron en torno á arte contemporánea, e que remataron nos encontros co propio artista. Cun deseño dinámico e coidado, amósase unha selección do material e documentación recollidos ao longo do proceso de traballo. Xunto a isto, ademais pódense contemplar as 15 obras orixinais procedentes da Colección de Arte da Fundación María José Jove xunto ás súas xemelgas, realizadas polos participantes no programa.

LINK: Catálogo da exposición

Itinerancias da mostra:

Casa das Artes de Vigo : 8 novembro-9 decembro 2012.

Centro Cultural Marcos Valcárcel, Deputación de Ourense : 7 marzo-28 abril 2013.

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela : maio-agosto 2013.

Fonte: Fundación María José Jove