Descrición
Co propósito de conmemorar o seu vixésimo aniversario, o CGAC presenta unha exposición titulada 93 coa que nos transporta ao ano no que o centro abriu as súas portas ao público no inicio da década dos noventa.
Ao longo destes vinte anos de existencia, o centro proxectado polo arquitecto Álvaro Siza Vieira desenvolveu un importante labor no eido da difusión, a preservación e o estudo da arte contemporánea.
A exposición 93 deixa que o ámbito cronolóxico defina a súa matriz esencial: a modo dun corte na historia, nesta mostra presentaranse obras de máis de cen artistas nacionais e estranxeiros que traballan en diversos medios e soportes. Alén da cronoloxía, a exposición dará visibilidade case en exclusiva a obras procedentes de coleccións particulares e institucionais de España, Portugal e Francia, como reflexo do panorama artístico que, particularmente na Península Ibérica, comezaba a súa traxectoria logo da normalización política e da chegada das respectivas democracias a España e Portugal.
Nestes comezos dos noventa advírtese un cambio moi fondo nos modos de produción cultural, precisamente porque o sistema das artes asiste a un importante e continuado proceso de profesionalización. Ademais, é unha época na que os artistas viven no ronsel da euforia dos oitenta, cunha maior conciencia crítica fronte a problemas económicos, políticos e sociais marcados non só pola fonda crise dos mercados acontecida a finais da década anterior, senon tamén pola emerxencia de preocupacións e consolidarían como prácticas museísticas regulares.
93 combina presenzas emerxentes en diferentes contextos nacionais con artistas que, naquela altura, cronolóxica que lle permitirá ao espectador facer unha viaxe a un momento preciso no tempo.
Fonte: CGAC