A Pantalla Híbrida é unha proposta audiovisual que reflexiona sobre a maneira na que a imaxe en movemento amósase no espazo museístico. Os días 12, 13 e 14 de setembro, ás 20:00 h., proxectaránse no patio aberto da Fundación Luis Seoane traballos realizados nos últimos anos por artistas internacionais que se moven entre o cine e o vídeoarte, nun formato de exhibición concibido como sesión e non como exposición ou mostra de cine. A pantalla colócase sobre un pedestal, suxerindo a condición de “peza de museo” dos traballos proxectados –pezas concibidas inicialmente para a súa exhibición en institucións culturais de maneira errática e interrumpida. Hai obras de Melissa Dullius, Masha Godovannaya, Camille Henrot, Gustavo Jahn, Nicolás Provost, Ben Rusell, Denis Venturelli, Apichatpong Weerasethakul e Nat Wilms.
Tras rematar as sesións do mes de setembro, a Pantalla Híbrida continuará a partir de xaneiro de 2014 cunha sesión mensual.
Fonte: Fundación Luis Seoane