Atalaia

Acisclo Manzano. Tríptico en rojo, I, II e III, 2010. Terracota, 50 x 50 x 3 cm
> Acisclo Manzano. Os 71 de Acisclo
Datas: 06/05/2011 - 10/06/2011

Descrición

"E ao entrar nunha nova década da súa vida, Acisclo Manzano (Ourense, 1940), convídanos e emprender con el un percorrido polas súas xeografías. Paisaxe e cartografía humana fúndense na obra deste excepcional escultor para construír un todo. A arxila, sustancia alquímica nas mans de Manzano, pon en comunión valles e paisaxes mariñas con torsos femininos, creando unha ligazón indisoluble entre natureza e humanidade. Os corpos, que emerxen das súas paisaxes como soños cristalizados, destilan esa sutil sensualidade que os converte en atemporais. As súas esculturas posúen aquela aura imprescindible da que falaba Walter Benjamin, porque a obra de Acisclo Manzano irradia, desde o seu interior, vida e espiritualidade."

Fonte: Nuria Blanco / Galería Moret Art