Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Afluentes 68. A figuración na arte galega desde os anos setenta

Atalaia

Aberto Datas. Pobre gente pobre gente. 1978
> Afluentes 68. A figuración na arte galega desde os anos setenta
Datas: 18/01/2013 - 29/03/2013

Descrición

Afluentes 68. A figuración na arte galega desde os anos setenta é parte dun proxecto expositivo e editorial froito da colaboración e coprodución do Concello de Ferrol e Novacaixagalicia. O proxecto Afluentes consta de tres exposicións e tres publicacións paralelas (Afluentes 68, Afluentes 80, Afluentes 94).

Afluentes é un proxecto que nace para revisar o concepto de figuración a partires dalgunas das propostas máis interesantes realizadas por artistas galegos nos últimos 45 anos. Non se trata de teorizar arredor do caduco debate entre o figurativo e o abstracto. Trátase de enlazar camiños e traxectorias para entender como ese debate se dilúe e expande a partires de diferentes xeitos de enfrentarse á realidade. Así, moitos dos artistas seleccionados, poderían situarse e posicionarse máis concretamente no eido da abstracción pero a súa inclusión en Afluentes prodúcese convencidos de que a súa aportación aos progresos da figuración, aínda colateralmente, resulta clave para entender o presente de cada momento e a condición fluída diso que chamamos figuración. 

Afluentes 68 revisa o legado da figuración en Galicia a partires do camiño aberto por artistas como: Carlos Alcolea, Rafael Baixeras, Jorge Castillo, Xavier Correa Corredoira, Alberto Datas, Elena Gago, Antón Goyanes, Tino Grandío, Ánxel Huete, Antón Lamazares, Xosé Lodeiro, Francisco Mantecón, Acisclo Manzano, Manuel Moldes, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño, Xaime Quessada, Manuel Quintana Martelo, Bea Rey ou Manuel Ruibal.

 

Fonte: Centro Torrente Ballester 

+ información