Atalaia

> Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia
Datas: 27/01/2017 - 11/06/2017

Descrición

Alen dos xéneros revisa, baixo o comisariado de Anxela Caramés, as prácticas artísticas feministas en Galicia a través dunha selección de obras de medio centenar de creadoras e creadores que teñen vinculación con Galicia e que —con excepción das obras realizadas a finais dos setenta por Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1948), pioneiro á hora de dar visibilidade ao colectivo homosexual no Estado Español— foron producidas dende os anos noventa ata a actualidade. A proposta reúne pezas de diferentes artistas, nalgúns casos pouco coñecidas e/ou inéditas,  agrupadas por cuestións temáticas e conceptuais, á marxe de criterios cronolóxicos, xa que persegue trazar un discurso que de forma fluída mostre as diferentes tendencias e achegas das múltiples correntes feministas á arte contemporánea. Alén dos xéneros inclúe obras realizadas tanto por mulleres como por homes, desbotando o tópico dunha arte feminista producida só por mulleres, e incorporando autores masculinos que traballan dende unha perspectiva de xénero e/ou queer.

Artistas: Julio Manuel Álvarez Bautista (Vigo, 1992), Xoán Anleo (Marín, 1960), Lara Bacelo (Mos, 1981), Katrina Biurrun (Barcelona, 1966), Vicente Blanco (Cee, 1974), Claudia Brenlla (Brasil, 1964), Mónica Cabo (Oviedo, 1978), Mar Caldas (Vigo, 1964), David Catá (Viveiro, 1988), Salvador Cidrás (Vigo, 1968), Contenedor de Feminismos, Andrea Costas (Vigo, 1978), Carolina Cruz Guimarey (A Coruña, 1981), Luz Darriba (Montevideo, Uruguai, 1954), Sabela Dopazo Vieites (Santiago de Compostela, 1975), EDU [Eduardo Fernández] (A Coruña, 1987), El Ama de Casa Pervertida (Vigo, 1922) [Cristian Gradín & Pablo Huertas] (Soutomaior, 1980 / Pontevedra, 1984), Félix Fernández (Viveiro, 1977), Basilisa Fiestras (Forcarei, 1986), Xisela Franco (Vigo, 1978), Celeste Garrido (Marín, 1972), Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978), Ana Gil (Ourense, 1973), Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1947), Cristian Gradín (Soutomaior, 1980), Yolanda Herranz (Baracaldo, 1957), Colectivo LAG [Lara Buyo & Ana Corujo] (A Coruña, 1993 / Viveiro, 1993), Rebeca Lar (Vigo, 1993), Carmen Llonín (Lugo, 1964), Gema López (Lugo, 1987), LSD, María Marticorena (A Coruña, 1977), Chelo Matesanz (Reinosa, 1964), Álex Mene (Vigo, 1968), Moona (Vigo, 1975), Carme Nogueira (Vigo, 1970), O.R.G.I.A, Mery Pais (Santiago de Compostela, 1990), Marta Paz (A Coruña, 1976), Uqui Permui (Barallobre, 1964), Laura Piñeiro (Pontedeume, 1984), POST-OP [Majo Pulido & Elena Urko] (Ourense, 1974 / Irún, 1975), Mar Ramón (Valencia, 1993), Reme Remedios (Romiña, 1972), Rita Rodríguez (A Coruña, 1981), María Ruido (Pidre-Xinzo de Limia, 1967), Sara Sapetti (Valladolid, 1976), Neves Seara (Ourense, 1983), Sonia Tourón (Pontevedra, 1979), Peque Varela (Ferrol, 1977).

Fonte: MARCO

Entrevista a Anxela Caramés, comisaria da exposición. Diario Cultural [Radio Galega]

Documentación. Alén dos xéneros