Atalaia

Alfonso Rivero de Aguilar. Grupo escultórico.
> Alfonso Rivero de Aguilar. Eclecticismo en estado puro
Datas: 16/11/2012 - 14/12/2012

Descrición

O espazo da Igrexa da Universidade acolle a exposición Eclecticismo en estado puro do escultor Alfonso Rivero de Aguilar, unha mostra comisariada por Cristina Carballedo. A colección que presenta Rivero de Aguilar é unha selección na que se pode comprobar cómo traballa coa ductilidade dos distintos materiais -granito, ónix, mármore e outros- extraendo formas nas que a natureza é a súa máis importante inspiración.

As obras que se poden contemplar son o resultado do traballo dos últimos dez anos nos que o artista, como os escultores africanos, pasa directamente do concepto á execución cunha rápida velocidade de transmisión, aproveitándose das luces e as sombras para crear volumes naturalistas baixo unha forma academicista. Para este escultor, a sensibilidade do rematado da pedra é un dos máis importantes factores da súa obra, que nos seus comezos era claramente figurativa e que está a evolucionar cara a unha escultura na que os espazos empezan a cobrar protagonismo, debido ao interese e estudo do artista pola obra de escultores máis conceptuais.

Fonte: Igrexa da Universidade / Cristina Carballedo (Sumarte)