O Museo Fundación Eugenio Granell presenta a exposición A volta a un prato de Ana Gesto, performer e artista visual, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, ex alumna de Bartolomé Ferrado na Facultade de Belas Artes de Valencia e formou parte do grupo de investigación “Resistencia e materialización” da Universida
A artista centra as súas inquedanzas no potencial escénico e documental do medio performático, tendo ao propio corpo como soporte, explora a relación sensorial doutros tempos e espazos. A obra de Ana Gesto móstrase a través de accións nas que se emprega a fina ironía ou se implica ao público a través de diferentes estímulos. Cada peza é única en si mesma creando un discurso aberto nunha produción continua.
Na súa traxectoria artística máis recente conta con obras e performances seleccionadas en diferentes festivais como Kounellis-Fundación Caixa-Galicia. Participou en Epipiderme – Encontros a volta da performance, Lisboa; Line Up Acción, Coimbra; Interakcje 2012- International Art Festival, Polonia; Acción!MAD11 VIII Encuentro Internacional de Arte de Acción, Madrid 2011; Künstlerforum. Bonn, Alemania; MARCO, Vigo e no Museo de las Mujeres, Costa Rica, entre outros. Ao mesmo tempo, realizou accións non institucionais no espazo público de diferentes cidades españolas.
Fonte: Museo Fundación Eugenio Granell
Entrevista a Ana Gesto. Espacio de arte. Correo TV (3/07/14)